miércoles, marzo 25, 2020

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 25 DE MARZO

Hoxe é MÉRCORES 25 de MARZO

- 5,4,3,2,1, Viaxamos ata Mercurio
- Contamos, a modo, ata 25

- Como vai a faba, agromou? Coido que un día é moi pouco...
 Lembrade que precisan luz e un pouquiño de auga.
  • Hoxe o encargado é MATEO
    A NAI DE MATEO vai poñer nunha folla en MAIUSCULAS ( Lembrade que en Infantil sempre todo o escribimos con MAIUSCULAS ) BO DÍA é Mateo vaise debuxar e vai debuxar o que queira para decirnos que día vai hoxe e o manda ao guasap da profe.
  • Todos os demais van poñer nunha folla, cartón, con tapóns...
    en MAIUSCULAS: OLA MATEO e decorades arredor facendo un marco con puntos, corazóns, raias de cores....
ABEZOO:
- Hai outro animal que comeza por ssss, que ademais ten a forma da letra: facémolo con tapóns?


SIM SALABIM
Compost para oa xardín

O compost e unha terra máxica que facemos cos restos orgánicos e a axuda dunha morea de bichiños descompoñedores.

  • Que bichos eran eses bichocos que axudan a facer o compost?
    Colémbolos(  buscade este bichiño en google)  , miñocas....
- Debuxade os bichos que atopamos o último día que fomos á horta e abrimos o composteiro e peneiramos para separar a terra máxica (compost) do que ainda tivemos que levar ao outro composteiro porque precisaba que os bichocos descompoñedores seguiran traballando.


Escoitade con atención.
Niño Tom/ Gloria Fuertes

Mirade e escoitade con atención
Niño Tom / gloria Fuertes


QUEN É MAÑAN O ENCARGADO?
- Eles saben, facede un exercicio de memoria con eles e ide anotando a lista dos nenos e nenas da clase.
- Quen é o primeiro da lista? e Despois?.... É a profe...onde a poñemos?
 Mañan a revisamos, veredes que ben o fan!

No hay comentarios: