https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Cogomelos611?authkey=Gv1sRgCI6M0YnQw5O6XQ
Grazas a Jaime Blanco polo seu acompañamento amable e experto.
jueves, noviembre 08, 2012
miércoles, noviembre 07, 2012
XORNADA DE CONVIVENCIA
SABADO
17 :
Festa do Outono no Pontillón.
Avisade a quen consideredes que poida estar interesado/a
Celebraremos
unha xornada de convivencia da Comunidade Escolar á que están
convidados tamén antigos
mestres/as do colexio e ex alumnos/as e as súas familias.
Programa:
12:30
a 13:30. Xornada de Portas abertas na escola.
Os
ex alumnos/as que queirades podedes visitar á escola. Ten
cambiado moito nestes últimos anos.
Tamén
poden achegarse todas aquelas persoas que non coñezan á
escola e a queiran visitar.
13:30.
Comida na área de recreo do Pontillón do Castro.
Cada
un leva a súa comida.
Traede
unhas poucas castañas picadas para asar.
16:00.
Visita guiada polo paseo do encoro a cargo de monitores de Ventos
“Estudios Ambientais” cos que facemos habitualmente a actividade:
“Faise Camiño”.
Ao
rematarmos o paseo, comeremos castañas asadas.
EXPOSICIÓN DE COGOMELOS
Ata o venres 8 de Novembro, podedes visitar na aula de usos múltiples a exposición de cogomelos.
Esta exposición é o resultado final do traballo na escola de Jaime Blanco Dios, membro da Asociación Micolóxica Brincabois que deu unha charla ao alumnado da escola sobre os cogomelos do noso ámbito e os seus nomes.
Jaime Blanco, visitará tamén os colexios de Lérez, Xeve e Campañó nun proxecto dos ENDL dos nosos centros en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Cada obradoiro comeza cunha introducción á micoloxía adaptada a idade do alumnado, unha recollida de cogomelosno monte máis cercano á escola e, finalmente, a montaxe dunha exposición dos cogomelos recollidos co seu nome científico e o seu nome galego.

martes, octubre 30, 2012
I MOCHILA VIAXEIRA
MOCHILA
VIAXEIRA INFANTIL 1
MATERIAL
ADXUNTO:
-Pirámide
dos alimentos
-Libriño
escola de Familias.
-Folleto:
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego?
-Manual
de compostaxe.
-Receitario
de Feixóns.
LIBROS:
-”Teo
desayuna” Violeta Denou. Nestlé.
-”
Pomelo crece”. Ramona Badescu/ Benjamin Chaud. Kókinos.
-”Soy
demasiado pequeña para ir al colegio”.Lauren Child.Serres.
MATERIAL
AUDIOVISUAL:
-CD
Caillou ( Xogo das cores)
-CD
Conto: Blancanieves y Rumpeistikin.
CADERNO
DA MOCHILA VIAXEIRA:
Pregamos
que anotedes no caderno as vosas impresións sobre o contido da
mochila e o uso que fxestes dela.
Esperamos
que vos guste e que disfrutedes mergullándovos no mundo da
imaxinación dos nosos libros!
I MOCHILA VIAXEIRA
domingo, octubre 28, 2012
MOCHILA VIAXEIRA
Este ano, o contido da mochila viaxeira trata sobre Educación para á saúde: Bos hábitos alimentarios. Forma parte do proxecto :"A orixe dos alimentos: alimentos de orixe vexetal" que temos este ano no colexio dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación.
A idea é achegarvos libros e material interesante sobre o que estamos a traballar na escola para dar pé a falar e traballar sobre o tema tamén en familia.
Queremos afondar na necesaria complicidade escola- familia que só pode existir se as familias sabedes que facemos na escola.
A mochila leva un caderno para anotar as impresións de toda a familia.
Estades todos convidados a escribir ou debuxar algo relativo ao uso que lle destes á mochila.
Non esquezades devolver a mochila o Martes seguinte con todo o material.
miércoles, octubre 24, 2012
BENVIDA AO CURSO 2012-2013
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
A Biblioteca é un lugar importantísimo, dinamiza e vertebra a vida da nosa escola.
Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar, os nenos/as de Primaria, representaron para os seus compañeiros/as de Infantil :
"O coelliño branco"

-
Utilizamos a biblioteca con respecto e coidado, valorándoa como recurso informativo, de entretemento e gozo.
domingo, octubre 21, 2012
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
POGRAMA
DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
OUTUBRO
2012:
MARTES
23.Comeza
a Biblioteca os martes pola tarde, de 4 a 5 da tarde.
Comeza
o Taller para nais e pais, de 4 a 5.
MÉRCORES
24.
Celebramos o Día da Biblioteca Escolar.
VENRES
26.
O alumnado de primaria participa na proposta do Concello: “Enerxía
escolar”. Participarán nun taller na escola a partires das
12:30.
VENRES
26.
Merendamos compota de mazá caseira con mazás da casa
dun compañeiro. NON TRAEN MERENDA.
NOVEMBRO
2012:
MARTES
6: Os
Cogumelos, Coñeceremos da man de Jaime Blanco os cogumelos
máis frecuentes.
Exposición
de Cogumelos ata o venres 9 no colexio.
MARTES
13: Visitamos
O Mercado Municipal e asistimos a unha función teatral: “Magic
beans”.
SABADO
17:
Festa do Outono no Pontillón. Celebraremos unha xornada de
convivencia da Comunidade Escolar á que están
convidados tamén os/as ex alumnos/as e as súas
familias.
SEMANA
DO 26 ao 30: Merendamos
froita na escola.
Cada
día merendaremos unha froita diferente.
O
Venres coa colaboración das familias, faremos brochetas de
froitas para merendar.
MARTES
27:
Semana da Ciencia na escola. Antonio de Ron, ciéntifico do
CSIC na Misión Bióloxica vainos a contar como e o
traballo dun cientifico e a relación coa nosa vida cotiá,
neste caso na nosa alimentación.
jueves, septiembre 27, 2012
VISITA Á EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES
Actividades:
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/RRRExposicionDeManualidades?authkey=Gv1sRgCOWanNDEy5jqPA
Visitamos
a exposición de manualidades na Casa do Pobo.
Facemos
unha manualidade con material reutilizado.
Datas
: Xoves 27 de Setembro
Venres 28 de
Setembro.
Competencias:
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
- Competencia cultural e atística.
Obxectivos:
-
Saber como andar pola estrada en grupo.
-O
lixo: reutilización.
Non
sempre temos que tirar as cousas que non utilizamos. Na mostra de
manualidades podemos ver como se poden reutilizar algunhas cousas
para facer cousas ben prácticas e ben bonitas.
Falamos
sobre aproveitamento e reutilización de materiais.
-Realizar
unha bonita flor reutilizando materiais.
Paula Rey, a nai duns ex alumnos do colexio é a profesora de manualidades da casa do pobo e mostrounos os traballos das súas alumnas. Fixo fincapé nos traballos feitos con material reutilizado para concienciar ao noso alumnado. Ao día seguinte na escola, realizou unha bonita manualidade con eles reutilizando materiais que habitualmente tiramos.
Aproveitamos tamén esta primeira saída do curso para aprender a andar en grupo pola estrada.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/RRRExposicionDeManualidades?authkey=Gv1sRgCOWanNDEy5jqPA
domingo, junio 24, 2012
jueves, junio 14, 2012
Fábrica de Conservas Pescamar
Alimentos de orixe animal.
Visitamos a fábrica de conservas de peixe, pescamar dentro do noso programa para aprender sobre os alimentos de orixe animal.
Vemos así as transformacións que estes alimentos de orixe animal sofren ata seren consumidos por nós. Importancia da conservación dos aliemntos de orixe animal para o seu mellor aproveitamento.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Pescamar?authkey=Gv1sRgCJD9ut24zMCrVg
Agradecemos a Pescamar a súa amabilidade recibindo ao noso alumando, contribuíndo a súa formación integral con actividades significativas no se proceso de aprender a aprender.

viernes, mayo 18, 2012
Día das Letras Galegas
Obxectivo:
Achegar a figura de Valentín Paz Andrade
Actividades.
- O alumnado de 1º ciclo de primaria presenta aos seus compañeiros a biografía e fitos máis destacados da figura do homenaxeado nas Letras 2012.
- O alumnado realiza actividades de achegamento a súa figura na pizarra dixital.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/LetrasGalegas34?authkey=Gv1sRgCIHrkrGe8rfldA
- Os máis pequenos/as en tanto os maiores realizan a xincana literaria, fan un xogo con palabras relacionadas con animais do mar. https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/DiaDasLetrasGalegas?authkey=Gv1sRgCNSrzrP59vWZ8wE

lunes, mayo 14, 2012
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Pescando palabras.....cociñando poemas. Xincana Lingüística.
Hoxe, no adro da igrexa de Verducido, o alumando de 6º de E.I. e 1º ciclo E.P.participaron nesta actividade.
Os participantes dividironse en grupos que tiñan que percorrer o simbólico "mar"no que se desenvolverá o xogo e que tanto ten que ver con Valentín Paz Andrade, o autor homenaxeado este ano.
Cada equipo leva textos incompletos do homenaxeado, que tiveron que rematar coas pistas que atoparon espalladas entre as ondas. No remate farase unha sopa de letras cos lugares e paises aparecidos no xogo e polos que pasou Paz Andrade.
Finalizaron cun recital cos poemas creados polos grupos, comparando o resultado final co real.
Obxectivos xerais:
- Protexer, divulgar e gozar do patrimonio literario e artístico.
- Revalorizar a historia e cultura galega
- Fomentar o uso da lingua galega e o seu coñecemento.
Obxectivos específicos:
- Dar a coñecer e divulgar a vida e obra de valentín Paz Andrade.
- Poñer en valor a figura do homenaxeado nas Letras 2012.
- Difundir os pasos do escritor polo mundo.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/PescandoPalabrasCocinandoPoemas?authkey=Gv1sRgCJaVmaXlx8WIRQ
A proposta consistiu na creación e execución dun xogo de pistas no que os participantes terán que ir "pescando"letras e palabras de textos e poemas de Valentín Paz Andrade.Deste modo adquiren de xeito explícito coñecementos básicos da biografía e obra do autor de xeito dinámico e divertido.

miércoles, mayo 02, 2012
OS AMIGOS CONTAN. MICHELLE LEVINSON
En Abril....contos mil. Tamén en inglés.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/OsAmigosContanMichelleLevinson?authkey=Gv1sRgCM7wx7uQ8aeZOQ
Actividade:
Michelle Levinson, auxiliar de conversa nunha sección
bilingüe, visita o noso colexio e nos conta o conto: “Three
little pigs”, contesta ás preguntas dos nenos e nenas e
accede as súas insistentes peticións de lerlles os
contos de Spot que temos na biblioteca.
Fainos un xogo de dedos.
Obxectivo:
- Motivar ao alumnado na súa aprendizaxe dunha lingua extranxeira, comprobando que é algo útil e divertido.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/OsAmigosContanMichelleLevinson?authkey=Gv1sRgCM7wx7uQ8aeZOQ
sábado, abril 28, 2012
FAISE CAMIÑO. BARBANZA
Faise Camiño. Barbanza.
"Xuntos aprendemos todos" ENDL eei.verducido
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FaiseCaminoBarbanza?authkey=Gv1sRgCKO75baDqZjr1gE
"Xuntos aprendemos todos" ENDL eei.verducido
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FaiseCaminoBarbanza?authkey=Gv1sRgCKO75baDqZjr1gE
FAISE CAMIÑO
Obxectivos:
Proporcionar á comunidade educativa a oportunidade dunha xornada de convivencia na que nos coñezamos mellor.
- .Compartir unha xornada de lecer na que combinamos exercicio co coñecemento e desfrute do noso patrimonio natural e cultural en visita preparada por expertos nestes tema
- Gozar realizando actividades de grupo en contacto coa natureza. Valorar a súa importancia para a saúde e o benestar, apreciar o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura e conservación, a realización de actividades ao aire libre e o contacto con elementos da natureza.
PROGRAMA
«
Saida: sabado 28 abril, as 9:30 h.
„«
Percorrido polo contorno da Lagoa de Xuño. Observacion de aves
acuáticas na lagoa.
„«
Visita ao Centro de Interpretacion do Castro de Baroña e a
Vila de Porto do Son.
„«
Xantar (aprox. as 14:30) e descanso (teremos bar ao lado para cafe,
aseo...).
„«
Visita ao Castro de Baroña.
„«
Pequeno percorrido a pé e descanso para merenda.
- „« Regreso a Pontevedra (chegada aproximada as 20:30 h ).
viernes, abril 13, 2012
Wildlife Photographer 2012
O alumnado visitou está exposición para coñecer este mundo sorprendente no que vivimos xogando a ser “máis lentos que unha tartaruga.”
A continuación no taller, recortaron e pintaron un animal e tiveron que debuxar o seu habitat.
Os pequenos fixeron unha marioneta.
A continuación no taller, recortaron e pintaron un animal e tiveron que debuxar o seu habitat.
Os pequenos fixeron unha marioneta.
Obxectivos:
- Aprender a visitar unha exposición.
-Desperta-la pasión pola fotografía e a arte en xeral entre os pequenos.
-Descubrir contornos silvestres e animais salvaxes, espacios nos que ainda non interviu o ser humán.
viernes, marzo 30, 2012
FESTA ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE
Festa para celebrar os aniversarios do alumnado que fixo anos no 2º trimestre.
Previamente os nenos/as que non estiveron de aniversario, preparan un agasallo para os homenaxeados.
Os alumnos/as homenaxeados preparan un mural para adornar o lugar da festa.
As familias dos alumnos/as que fixeron anos, preparan tortas e doces.
Obxectivos:
- Ser capaces de facer unha celebración conxunta na que que o protagonismo é compartido.
- Ser capaces de preparar un agasallo e ser capaces de disfrutar ofrecéndollo aos seus compañeiros/as.
- Celebrar unha merenda saudable con doces caseiros.
martes, marzo 13, 2012
lunes, enero 30, 2012
DIA DA PAZ
Participamos un ano máis no proxecto da ONG Save the Children: “Kilómetros de Solidaridad”.
Participando no circuito os nenos e nenas recaudan, co seu esforzo, cartos para axudar aos nenos e nenas da República Democrática do Congo a poder gozar dalgúns dos Dereitos que tódolos nenos/as do Mundo deberían ter ( casa, comida, escola, roupa, familia....)
Os rapaces teñen que buscar na súa familia patrocinadores para a carreira, teñen que apuntar no seu carnet quen lles vai dar cartos e canto lle van dar por cada “ kilómetro” ( equivale a unha volta do circuito).
Os cartos recaudados ingresarémolos na conta de Save the children. Despois faremos un acto de entrega de diplomas de participación onde constarán os cartos recaudados.
Obxectivos:
- Despertar o espíritu crítico e solidario do noso alumnado.
- Concienciarse de que sempre podemos facer algo por mellorar as cousas e que o noso esforzo por facelo é importante e paga a pena.
- Axudar aos nenos/as máis desfavorecidos e facer que se respecten os seus dereitos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)