Mostrando entradas con la etiqueta Comunidade Educativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Comunidade Educativa. Mostrar todas las entradas

sábado, marzo 21, 2015

FESTA DA NATUREZA: CAMELIAS

     A Asociación Son de Xeve, presentouse o 21 de Marzo cunha festa da natureza. Convidaron a escola de Verducido a estar presente nunha exposición que se fixo na nova Casa de Cultura sita na Parroquia se Santa María de Xeve.
     A nosa aportación tivo diferentes  propostas,  para os nenos e nenas e  para as familias.


   -Os nenos e nenas de Primaria crearon historias a partires do que coñeceron sobre as camelias.
   -A tódolos nenos e nenas da escola ( entre 3 e 7 anos) lles propuxemos copiar do natural con acuarelas un floreiro con camelias.


 
 
 
-As familias, propuxémoslles facer un inventario das camelias da parroquia.
 

jueves, febrero 12, 2015

ADIVIÑA DE QUE NOS IMOS DISFRAZAR?

 Todo preparado: brazaletes, escudos, máscaras...casa




Os nenos e nenas levan días traballando preparando o necesario para o seu disfrace.
Hoxe á tarde nais e pais coa profe preparan unha sorpresa para completalo.

viernes, junio 20, 2014

SORPRESA FESTA FIN DE CURSO

A nai de Diego, ensínoulle a un grupo de nais e pais a preparar o conto " Sopa verde"en Teatro de Sombras.
O público disfrutou e os que o fixeron doblemente, facendoo e vendo o éxito da súa representación.



martes, marzo 12, 2013

II MOCHILA VIAXEIRA

MOCHILA VIAXEIRA PRIMARIA 2013 (2)

MATERIAL ADXUNTO:

  • REVISTA DE SEGURIDAD VIAL
  • O RÍO DOS GAFOS.
  • OS SENTIDOS.
  • COMER BIEN SABER COMER.
  • IDEAS DE BAIXO CONSUMO.
  • GUÍA DE SEPARACIÓN DO LIXO.
  • MI PRIMER LIBRO ECOLÓGICO.
  • ¿ CÓMO FUNCIONA NUESTRO CEREBRO ?



MATERIAL AUDIOVISUAL:

  • CD CAILLOU PUZZLES.
  • CD CUENTO DE ANASTASIA.


CADERNO DA MOCHILA, ONDE PODEDES ESCRIBIR OU DEBUXAR O QUE MÁIS VOS GUSTOU DO MATERIAL.


II MOCHILA VIAXEIRA


MOCHILA VIAXEIRA INFANTIL 2

MATERIAL ADXUNTO:

- Guia de separación do lixo.

- Revista Tráfico y Seguridad vial.
-Ideas de baixo consumo responsables e solidarias.
-A nosa horta. Guias temáticas. Xerais.

LIBROS:
  • Madrechillona. Jutta Bauer. Lóguez
  • La Habichuelas mágicas. Las tres mellizas.Barcanova
  • Os Bolechas queren saber como é un porto. Xunta de Galicia.
  • Os Bolechas queren saber como é a praza.

MATERIAL AUDIOVISUAL:

-CD Caillou ( Xogo das parellas)
-Os Bolechas.Animación.

CADERNO DA MOCHILA VIAXEIRA:

Pregamos que anotedes no caderno as vosas impresións sobre o contido da mochila e o uso que fxestes dela.



Esperamos que vos guste e que disfrutedes mergullándovos no mundo da imaxinación dos nosos libros!

martes, marzo 05, 2013

XUNTOS APRENDEMOS TODOS




A Comunidade Educativa APRENDE  e ao mesmo tempo ENSINA


Queremos  facer da escola o lugar onde aprender xuntos: Nenos/as, Pais e Nais e Mestres/as. 
 
A nosa escola proponse:
Brindar á Comunidade Educativa oportunidades de experiencias, 
de encontro e diálogo. Facer da escola un punto de encontro
onde os pais e nais que así o desexen poidan ampliar e reestablecer
as súas redes sociais, entrar en contacto con outras persoas que
teñen rapaces o seu cargo e que teñen situacións e retos moi parecidos.



Aumentar o tempo e calidade de convivencia e relación entre
nais/pais e fillos/as, así como de estes cos mestres/as.


Vivenciar espacios de encontro interxeneracional e
interinstitucional a través de e dinámicas lúdicas e cooperativas.


Disfrutar de alternativas de ocupación do tempo libre
máis saudabeis para os rapaces e adultos participantes.


Fomenta-la colaboración e implicación posterior
dos familiares co colexio e viceversa.

Propoñer actividades para conquerir os obxectivos xerais
propostos no P.E.C. tanto para os nenos/as como para as
familias dentro do programa “Xuntos, aprendemos todos”
de maneira que se reforze o traballado cos rapaces na casa e na escola.
Que a casa e a escola sexan complices que traballan na mesma
dirección.



Actividades:
- Un grupo formado pola nai dun alumno,
a nai dunha ex alumna e unha amiga da escola,
 están preparando todo para poder comezar a
 traballar na nosa horta un ano máis.

- Un grupo de nais, animado pola nai duns
 ex alumnos da escola, reúnense os martes
 pola tarde para facer traballos de manualidades e reparar
libros e materiais da escola.

Gracias a todas pola vosa colaboración e compromiso coa escola.
 

martes, octubre 30, 2012

I MOCHILA VIAXEIRA


MOCHILA VIAXEIRA INFANTIL 1





MATERIAL ADXUNTO:



-Pirámide dos alimentos

-Libriño escola de Familias.

-Folleto: Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego?

-Manual de compostaxe.

-Receitario de Feixóns.

LIBROS:

-”Teo desayuna” Violeta Denou. Nestlé.

-” Pomelo crece”. Ramona Badescu/ Benjamin Chaud. Kókinos.

-”Soy demasiado pequeña para ir al colegio”.Lauren Child.Serres.

MATERIAL AUDIOVISUAL:

-CD Caillou ( Xogo das cores)

-CD Conto: Blancanieves y Rumpeistikin.
 
CADERNO DA MOCHILA VIAXEIRA:
Pregamos que anotedes no caderno as vosas impresións sobre o contido da mochila e o uso que fxestes dela.
Esperamos que vos guste e que disfrutedes mergullándovos no mundo da imaxinación dos nosos libros!

I MOCHILA VIAXEIRA

MOCHILA VIAXEIRA PRIMARIA (1)

MATERIAL ADXUNTO:

  • PIRÁMIDE DE ALIMENTOS.
  • LIBRIÑO DE ESCOLA DE FAMILIAS.
  • UN FOLLETO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA.
  • UN MANUAL DA COMPOSTAXE.
  • RECEITARIO DE FEIXÓNS.
  • FOLLETO SOBRE A ENFERMIDADE DA CELIAQUÍA.

LIBROS:

  • MADRE CHILLONA
  • A NOSA HORTA
  • COMER SANO ES DIVERTIDO
  • NUNCA JAMÁS COMERÉ TOMATES

MATERIAL AUDIOVISUAL:

  • CD CAILLOU MEMORIA (XOGOS DE MEMORIA)
  • CD CUENTOS.


CADERNO DA MOCHILA, ONDE PODEDES ESCRIBIR OU DEBUXAR O QUE MÁIS VOS GUSTOU DO MATERIAL.



domingo, octubre 28, 2012

MOCHILA VIAXEIRA

Dende o centro, enviamos esta mochila viaxeira cada semana, cada Martes, a casa dun alumno/a.
Este ano, o contido da mochila viaxeira trata sobre Educación para á saúde: Bos hábitos alimentarios. Forma parte do proxecto :"A orixe dos alimentos: alimentos de orixe vexetal" que temos este ano no colexio dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

A idea é achegarvos libros e material interesante sobre o que estamos a traballar na escola para dar pé a falar e traballar sobre o tema tamén en familia.

Queremos afondar na necesaria complicidade escola- familia que só pode existir se as familias sabedes que facemos na escola.

 
A mochila leva un caderno para anotar as impresións de toda a familia.
Estades todos convidados a escribir ou debuxar algo relativo ao uso que lle destes á mochila.
Non esquezades devolver a mochila o Martes seguinte con todo o material.