lunes, mayo 14, 2012

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Pescando palabras.....cociñando poemas. Xincana Lingüística.
Hoxe, no adro da igrexa de Verducido, o alumando de 6º de E.I. e 1º ciclo E.P.participaron nesta actividade.
Os participantes dividironse en grupos que tiñan que percorrer o simbólico "mar"no que se desenvolverá o xogo e que tanto ten que ver con Valentín Paz Andrade, o autor homenaxeado este ano.
Cada equipo leva textos incompletos do homenaxeado, que tiveron que rematar coas pistas que atoparon espalladas entre as ondas. No remate farase unha sopa de letras cos lugares e paises aparecidos no xogo e polos que pasou Paz Andrade.
Finalizaron cun recital cos poemas creados polos grupos, comparando o resultado final co real.

Obxectivos xerais:
- Protexer, divulgar e gozar do patrimonio literario e artístico.
- Revalorizar a  historia e cultura galega
- Fomentar o uso da lingua galega e o seu coñecemento.

Obxectivos específicos:
- Dar a coñecer e divulgar a vida e obra de valentín Paz Andrade.
- Poñer en valor a figura do homenaxeado nas Letras 2012.
- Difundir os pasos do escritor polo mundo.


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/PescandoPalabrasCocinandoPoemas?authkey=Gv1sRgCJaVmaXlx8WIRQ


A proposta consistiu na creación e execución dun xogo de pistas no que os participantes terán que ir "pescando"letras e palabras de textos e poemas de Valentín Paz Andrade.Deste modo adquiren de xeito explícito coñecementos básicos da biografía e obra do autor de xeito dinámico e divertido.

No hay comentarios: