Visitamos
a exposición de manualidades na Casa do Pobo.
Facemos
unha manualidade con material reutilizado.
Datas
: Xoves 27 de Setembro
Venres 28 de
Setembro.
Competencias:
- Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
- Competencia cultural e atística.
Obxectivos:
-
Saber como andar pola estrada en grupo.
-O
lixo: reutilización.
Non
sempre temos que tirar as cousas que non utilizamos. Na mostra de
manualidades podemos ver como se poden reutilizar algunhas cousas
para facer cousas ben prácticas e ben bonitas.
Falamos
sobre aproveitamento e reutilización de materiais.
-Realizar
unha bonita flor reutilizando materiais.
Paula Rey, a nai duns ex alumnos do colexio é a profesora de manualidades da casa do pobo e mostrounos os traballos das súas alumnas. Fixo fincapé nos traballos feitos con material reutilizado para concienciar ao noso alumnado. Ao día seguinte na escola, realizou unha bonita manualidade con eles reutilizando materiais que habitualmente tiramos.
Aproveitamos tamén esta primeira saída do curso para aprender a andar en grupo pola estrada.
https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/RRRExposicionDeManualidades?authkey=Gv1sRgCOWanNDEy5jqPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario