miércoles, noviembre 07, 2012

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

Ata o venres 8 de Novembro, podedes visitar na aula de usos múltiples a exposición de cogomelos.
Esta exposición é o resultado final do traballo na escola de Jaime Blanco Dios, membro da Asociación Micolóxica Brincabois que deu unha charla ao alumnado da escola sobre os cogomelos do noso ámbito e os seus nomes.
Jaime Blanco, visitará tamén os colexios de Lérez, Xeve e Campañó nun proxecto dos ENDL dos nosos centros en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Cada obradoiro comeza cunha introducción á micoloxía adaptada a idade do alumnado, unha recollida de cogomelosno monte máis cercano á escola e, finalmente, a montaxe dunha exposición dos cogomelos recollidos co seu nome científico e o seu nome galego.

No hay comentarios: