Este ano, o contido da mochila viaxeira trata sobre Educación para á saúde: Bos hábitos alimentarios. Forma parte do proxecto :"A orixe dos alimentos: alimentos de orixe vexetal" que temos este ano no colexio dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación.
A idea é achegarvos libros e material interesante sobre o que estamos a traballar na escola para dar pé a falar e traballar sobre o tema tamén en familia.
Queremos afondar na necesaria complicidade escola- familia que só pode existir se as familias sabedes que facemos na escola.
A mochila leva un caderno para anotar as impresións de toda a familia.
Estades todos convidados a escribir ou debuxar algo relativo ao uso que lle destes á mochila.
Non esquezades devolver a mochila o Martes seguinte con todo o material.
No hay comentarios:
Publicar un comentario