domingo, marzo 29, 2020

EN FAMILIA

BO DÍA
HOXE DOMINGO TAMÉN ESTAMOS EN CONTACTO!!!!!





 "En equipo", comentade este corto en Familia, tranquilamente agora que temos tempo:
https://www.youtube.com/watch?v=qvF3jfSWq8A
Despois de facer as tarefas da casa " en equipo" 


Para escoitar e bailar :" Samba da utopía"
https://youtu.be/njuyvTXlwyk



Tamén temos unha recomendación para adultos: " La vida es bella"
Volvede ver esta marabillosa película. https://www.filmaffinity.com/es/film594480.html




sábado, marzo 28, 2020

EN FAMILIA

 BO FIN DE SEMANA!!!!


Movémonos un pouco : 
OCA DE EF en casa 
https://claudiojiga.wixsite.com/edufis/la-oca-de-ef-en-casa

Dende que comezou esta cuarentena, todos os días Alberto Vilas, marabillosa e xenerosa persoa e gran músico, profe do Conservatorio de Pontevedra, comparte unha pequena composición ou arranxo feito por él para acompañarnos neste tempo. Seguideo, paga a pena!






 
Que rico coa marmelada da avoa!!!




Se onte alguén quedou sen ver ao Circo do Sol,entrade no enlace: palomitas e sillón, planazo para esta tarde en Familia 
https://youtu.be/nQ5eUJNXrMw 

viernes, marzo 27, 2020

EN FAMILIA


Sempre decimos como unha norma ética importante que temos que interiorizar: 
NON FAGAS O QUE NON QUERES QUE CHE FAGAN 
Hoxe imos falar de algo moi importante na educación dos nenos e nenas:
FAMILIA, NON FAGADES POR ELES O QUE POIDAN FACER POR ELES MESMOS
Este precioso corto para ver en Familia fala da 
 Importancia de fomentar a súa autonomía, facer que se sintan capaces de ir pouco a pouco facendo as cousas por si mesmos, sentirse competentes para ir paso a paso con seguridade porque estades ahí pero son eles os que avanzan baixo a vosa atenta, amorosa e as veces temerosa mirada ( pero que non se dean conta do voso temor, hai dque disimulalo e facer de tripas corazón porque sabemos que é o mellor para eles) Só se caen algunha vez, aprenderán a levantarse, resiliencia.
Disfrutadeo e sobre todo, comentadeo con eles, en Familia...








TAREFAS INFANTIL VENRES 27 DE MARZO

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é VENRES 27 de MARZO

  • 5,4,3,2,1, Viaxamos ata VENUS
  • Contamos, a modo, ata 27
  • Como vai a faba, agromou? Coido que 3 días é moi pouco... Hoxe van TRES raias.
    Lembrade que precisa luz e un pouquiño de auga, a primeira. As outras do experimento,non.
Así está a faba de Nebrás que a plantou o día que a levou a casa.
- Ide ao calendario é buscade o VENRES 6 que foi cando a levamos, ide contando cantos días pasaron ata hoxe, 27 de MARZO 

  • Hoxe o encargado é HUGO



  • Todos contestamos a Hugo: en MAIUSCULAS: OLA HUGO e facedes coma sempre.
    Hai unha letra que é muda, non se escoita. Ten 4 letras pero só se escoitan 3
    Madadelo ao meu guasap para mandarllo a Hugo 
    Imos tirarlle todo o partido a esta actividade , escribir OLA HUGO

    Para comezar cantamos:
    TAN, TARAN, TAN 
    TARANTAN, TARANTIÑA
    O QUE NON PENSA NON TEN CABECIÑA
     
    TAN, TARAN, TAN 
    TARANTAN, TARANTOLA
    O QUE NON PENSA NON TEN CABEZOLA

    Xa saben que nos imos concentrar: 

     
    1.- Cantas palabras son:  Ola   Hugo     2
    2.-Decimoslles que escriban, animámolos a facelo, da igual o que escriban. unha palabra e debaixo a outra para que visualicen que son 2 palabras.
    Se llo escribimos nós imos escribindo despacio cada letra e decindo o son, non o nome da letra
    OOO LLLLL  AAAA
    Se o escriben eles,cando nós dín e agora cal vai, pois facemos igual, non decimos o nome da letra: despacio imos decindo o son  OOO ( está dín eles...moi ben ) LLLL ( a de Lucía, ou Luis,sí) AAAA ( está, si, a de Amaro, Aarón ...)
    Algúns xa van dicindo o nome da letra O, si; L,si....
    Cada un según o seu ritmo
    3.- Cantas palmadas ten ( son as sílabas) O-LA 2; HU- GO 2 
    4.- Cantas letras ten O- L- A- 3  Contando as letras que escoitamos, despois o comprobamos no papel. H-U-G-O ; escoitanse 3 pero cando as contamos no papel, son 4
    5.- Cal ten máis letras , con este nome vai a haber distintas opinións, según sexa o que se escoita ou o que se escribe. INTERESANTE!!!!
    6.- Hai alguha repetida? Empezade escoitando: O, Moi ben! agora vémolo no papel.
     
  • QUEN É MAÑAN O ENCARGADO?
    NEBRÁS


A horta de Balbina


Pobriña a nosa horta, tan soiña, sen ninguén que a coide.
Quen lembra que temos na nosa horta?
  • Facemos un debuxo da nosa horta

Cando teñades que ir comprar ao super, collede folletos, os imos necesitar para recortar.


TAREFAS PRIMARIA



Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!

                O noso encargado de hoxe, Xavi xa escribiu  a data na “pizarra”. Despois mirade a táboa dos encargados para que cada un de vós escriba o día anterior a data do día seguinte. Por exemplo, o encargado do luns será Julia, así que Julia mandarame hoxe a data do luns, é dicir, sempre se escribe a data do día seguinte.



   QUENDA DE ENCARGADOS SEGUINTE SEMANA          
LUNS   30
MARTES   31
MÉRCORES   1
XOVES    2
VENRES    3
JULIA
ALEX
XULIÁN
EVELYN
SANDRA


Bos días Xavi!!



Como temos a fin de semana para pensar, deixovos  dúas adiviñas, aínda que xa sei que sodes moi listos e ides acertar as dúas:
·                     Doce señoritas nun balcón; todas teñen medias e zapatos non.
·                     Onte oviño, hoxe capulliño, mañá voarei como un paxariño.


MATEMÁTICAS

  Estos serán ya los últimos ejercicios de billetes y monedas. A partir de ahora  podéis practicar con dinero real y como ya tenéis los enlaces de juegos, podéis jugar cuando os apetezca.
                Este es el último juego de monedas: https://www.cokitos.com/contar-dinero/play/








LENGUA CASTELLANA
                Los viernes vamos a hacer ejercicios diferentes y estoy segura de que os van a encantar…. ¿Qué serán?.. ¡! Pasatiempos!!  Os propongo :

-una sopa de letras,
- un laberinto
- un “busca las diferencias”


Espero que os gusten, a mí me parecen muy chulos. Haced los que os apetezca.







LINGUA GALEGA

                Teño unha sorpresa! Teño unha sorpresa!!! 
                Recordades a nosa familia de ratos favoritos?  Sí, o rato Roxelio e a rata Luísa ¡  Pois busquei e atopei os contos para poder velos a través de Internet, en formato de vídeo e podedes paralos cando queirades.  E sabedes o mellor? Hai algún novos que non temos no colexio! Así que agora témolos todos!!
  Hoxe leredes  un novo:   “A chuvia” e contestaredes a unhas preguntas:






Preguntas para PRIMEIRO:

-          Que leva posto o rato máis pequeno?
-          Como chegaron os ratos á escola?
-          Onde se mollaron por segunda vez?
-          Onde secaron?
-          Luísa estaba contenta cando volveron da escola?

Preguntas para SEGUNDO:
-          Como van vestidos os tres ratos?
-          Que é unha poza?
-          Que fixeron os ratos no radiador?
-          Que fixo a nai cando os ratos volveron da escola?
-          De que forma estaba a chover?
-          Luísa estaba contenta ou non? E por que?
Boa fin de semana !

jueves, marzo 26, 2020

EN FAMILIA

 Bo día!!!!


Rapaces dun clube de lectura de Gondomar, recomendan lecturas 
https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/03/26/letubers-debutan-na-rede/2267878.html 


Se queredes que publiquemos nesta sección " En Familia" algunha foto de cousas que esteades facendo na casa estes días, con relación aos "deberes" ou a outras cousas interesantes, mandade as fotos ao correo do cole 
eei.verducido@edu.xunta.es 
ou ben aos guasap persoais das profes.










XOGO E MOVEMENTO

  Preparados, hoxe toca grupos!!!!
Estamos en xogo e movemento

- Lembrade que temos que concentrarnos para coordinar a nosa cabeciña cos nosos movementos. Así sae todo mellor!!!


- Comezamos cun exercicio de relaxación, respirando
Todos sabedes como: Inspiramos polo nariz e medramos, Expiramos pola boca e encollemos. Tres veces moi ben, que relax!


- Aprendemos unha sorte para saber quen comeza, pode ser útil para toda a familia nestes días:

PERIQUITO MOÑO
METIDO NUN SACO
SAE PARA FÓRA
CARA DE MACACO

- Imos desfilar pola casa adiante como soldados, levantando moito os xeonllos e movendo os brazos adiante e atrás tamén.
Ida e volta.
- Facemos a croqueta: brazos e pernas estirados. Buscade un sitio onde vos poidades estirar sen tropezar nin tirar nada.
Que tal no corredor? Ida e volta.
- Hoxe imos facer unha pelota con papeles, periódico, revista, bolsa de pan...apretámola ben para que non se desfaga e imos envolvendo ben con cada capa. Cando a teñamos: 
A lanzamos dunha man a outra, separando cada vez máis sen que caiga. 
A lanzamos ao aire e a recollemos sen que caiga.
A lanzamos a papá e él nola devolve e a temos que recoller
Poñemos un cubo e a temos que encestar.

Claro, pódese facer con pelotas pero dentro da casa é un pouco dificil non darlle a algo.






TAREFAS INFANTIL XOVES 26 DE MARZO

TAREFAS INFANTIL

Hoxe é XOVES 26 de MARZO

  • 5,4,3,2,1, Viaxamos ata Xupiter
  • Contamos, a modo, ata 26

  • Como vai a faba, agromou? Coido que dous días é moi pouco... Hoxe van dúas raias.
    Lembrade que precisan luz e un pouquiño de auga.

EXPERIMENTO:
    1.- Poñede ao lado outro tarro con faba e algodón ou terra máxica pero a este segundo tarro non lle botedes auga.
    2.- Poñede outro tarro con faba e algodón dentro dun armario e non lle botedes auga ( sen luz nin auga, vaia)
    Agora temos tres tarros: O primeiro leva xa dous días con luz e auga e terra máxica ou algodón.

  • Hoxe o encargado é MARTÍN





  • Todos os demais ides saudar:en MAIUSCULAS: OLA MARTIN e decorades arredor facendo un marco con puntos, corazóns, raias de cores....tamén podedes debuxar a Martín ou a Martín e a ti xogando....
  • QUEN É MAÑAN O ENCARGADO?
  • Facede con eles a lista dos campañeiros/as de clase


    Hoxe imos escoitar un conto:
Juan y las habichelas mágicas

  • Identificamos os principales personaxes.
  • Contámolo a nosa maneira
  • Facemos marionetas para contarllo a mamá e papá.
A ver si sabedes con que estan feitas?
Quen é o xigante?
É a que esta no medio?
Quen será é o que ten gafas?
Gustaríame ver os vosos personaxes.

FABA, FEIXÓN en castelán chámanse ALUBIAS OU HABICHUELAS e hainas de moitas cores.
As que son de cor negro ou vermello en México e outros paises de América, chámanse FRIJOLES e son moi importantes na súa alimentación. Os comen case todos os días.
Gústanche? Son Legumes e son moi importantes na nosa alimentación.

TAREFAS DE PRIMARIA




Bos días miñas donas e meus cabaleiros!


                Quen é o encargado hoxe?  Mmmmmmm … a ver que pense …. XAVI ¡!  Polo tanto, escribirás a data de mañá , venres como facemos cada día e mándasma por wasaap . Será o titular para comezar as tarefas do venres. Parécevos? Isto farémolo cada día.  Xa farei unha quenda de encargados.
                Pepito, o amigo de Jaimito estudou na mesma escola que el e bromea do mesmo xeito:




MATEMÁTICAS

              ! Allá vamos! A por el dinero!
               
-Tenemos este enlace para jugar : https://www.cokitos.com/contar-dinero/play/
-Y tenemos dos ejercicios:






LINGUA 1º PRIMARIA


-Faremos unha lectura moi sinxela e  despois responderedes ás preguntas:


-A continuación faredes un test onde só hai que marcar a resposta correcta :




-E para rematar un xogo divertido  que se chama “Xoga con Fervello”. Seguro que vos encanta:




LINGUA 2º PRIMARIA

-Faremos unha lectura moi sinxela e  despois responderedes ás preguntas:  



-A continuación faredes un test onde só hai que marcar a resposta correcta:





-E para rematar, un xogo divertido  que se chama “Xoga con Fervello”. Seguro que vos encanta:


























TALLER DE PLÁSTICA


Bos días, meus artistas!

            Hoxe toca taller de plástica e propoño dúas cousas moi sinxelas que podedes facer , así cada un escolle a que prefira:
                               - Debuxar un gato : Vemos  un vídeo onde explica como podemos debuxar un gato. Obviamente, vós xa sabedes, pero aquí danos trucos  paso a paso, moi despaciño, para facelo dun xeito profesional  e perfeccionar o deseño. Ademais podedes parar o vídeo cando queirades para ir facendo o debuxo:
https://www.youtube.com/watch?v=ahzc9G82K8M

-                    -Fabricar un gusano: Seguindo ca reciclaxe,  e xa que tendes experiencia na fabricación de gusanos cos tapóns, agora farémolo empregando unha caixa de cartón de ovos:
Cortamos a caixa á metade, pintamos cada oco e para mellorar o deseño, no oco de diante colocamos ollos, boca e unhas antenas. Aquí vedes un resultado pero estou completamente segura de que o voso gusano daralle mil voltas a este:





TALLER DAS PALABRAS




        Imos aló, meu capitán !!!

Sempre vos contamos o importante que é a lectura porque mellora a nosa linguaxe, a capacidade de concentrarse, a memoria… e ten a maxia de trasladarnos sen movernos da nosa cadeira a mundos moi lonxes,  marabillosos, onde a nosa imaxinación fabrica as cores, a beleza ou fealdade das personaxes, ou tinxe o azul dos campos ou o verde do mar.
                Por iso, gustaravos tanto este vídeo que propuxo a profe Naiara , que estaredes desexando comezar a fantástica aventura dunha nova lectura!!:




miércoles, marzo 25, 2020

TALLER DAS PALABRAS






ALFOMBRA DE LETRAS



B
A
F
CH
I
O
D

M
G
J
K
L
LL
U
E
N
Ñ
P
R
Utilizaremos un folio por letra para crear a alfombra
Podemos poñer unhas pouquiñas letras de cada vez.
Pode ser que algún teña unha alfombra de letras de foam. Durará máis.
-Nos colocamos enriba do folio que non ten letra e temos que saltar á letra pola que empeza a palabra que escoitamos:
- Teléfono
-Pataca    
_ Tamén podemos poñer todo o abecedario e teñen que ir saltando de letra en letra en orden ata rematar todo o abecedario. Este é máis  para os maiores.