martes, noviembre 23, 2021

Xogamos con Pulgarcito

 A historia de Pulgarcito pódenos ter chegado a través dos irmáns Grimm ou a través de Perrault, e que saibamos aínda hai máis versións circulando. Independentemente o coñezamos por un autor ou por outro, este conto ensínanos que non se debe xudgar a ninguén pola súa apariencia. Porque, sendo enorme ou sendo moi pequeno, pódese ser moi capaz.

A continuación, déixovos unha serie de actividades para que, unha vez lido (se tendes o conto na casa) ou visto en vídeo (no enlace que deixo abaixo) podades traballar os valores implícitos nel.


Enlace do conto de Pulgarcito


¿PEQUENO OU GRANDE?

Son varios os conceptos que resultan ideais para ser traballados a través da historia de Pulgarcito, máis concretamente o tamaño, a intensidade, a velocidade, o volumen... De esta forma, a proposta consiste en poñer música na casa e variar o volumen da canción seleccionada. Así, primeiramente, pediremos os nenos que cando a música sone alta, camiñen pola casa o máis rápido que poidan (sen chegar a correr); e cando sone baixiña, camiñen o máis lento posible. De igual forma, repetiremos a actividade variando as accións: con música alta estiramos as pernas e os brazos, mentras que con música baixa facémonos pequenos encollendo o máximo o noso corpo.


FACER E DESFACER

Igual que fixo Pulgarcito na historia, gracias os migallas de pan, crearemos na casa, un percorrido no que os nenos podan facer ambas direccións. Pode ser elaborado con cinta adhesiva, que pegaremos no chan, e será máis ou menos complexo en función da idade dos cativos. Así, teremos percorridos nos que haberá que camiñar hacia atrás, dar saltos nalgún tramo concreto, camiñar lateralmente...


CONTAMOS MIGALLAS DE PAN

Se hai un elemento característico na historia de Pulgarcito ese é, sen dúbida, as migallas de pan (versión Grimm). Na imaxe que deixo máis abaixo poderedes atopar unha serie de percorridos que, os nenos terán que completar con migallas de pan, que poden ser trociños de plastilina, de arcilla, ou ser realmente migallas de pan. Así, ademáis de traballar a psicomotricidade fina, poderemos repasar o concepto de número, de cantidade, e sobre todo, ir asimilando o valor numérico.




No hay comentarios: