viernes, noviembre 26, 2021

Intelixencia corporal e cinestésica

 Bo día Verducido, hoxe toca explicar a intelixencia que trata da capacidade de percibir e reproducir o movemento. Esta intelixencia identifícase nos nenos que empregan o seu corpo para expresar emocións, coma o baile e a expresión corporal. Ademáis, destacan sobre todo na parte de dramatización, en actividades deportivas, en traballos manuales para a construcción de algo, ou na axilidade ao tocar un instrumento. Pero isto non quere dicir que destaquen en tódalas actividades sinaladas.

Polo tanto, dende os centros educativos coma dende o fogar, temos a posibilidade de fomentar o desenvolvemento dos distintos tipos de intelixencias definidos polo doutor Howard Gardner, e animar o alumnado a realizar determinadas actividades.

Actividades para traballar e favorecer o desenvolvemento da intelixencia corporal e cinestésica:

-Debuxar libremente, copiar ou calcar. (e non olvidedes poñelo nome o rematar)

-No caso de que teñades na casa, ofrecer xogos de construcción. (exemplo de xogos de construcción)

-Xogar coa canción do click. Pinchade no vídeo, en canto soe a música, hai que moverse ao ritmo da canción polo espacio escollido da vosa casa, canto máis amplo e libre de obstáculos mellor. Sempre ca letra da canción di "con solo hacer click" hai que posar para a foto, cantas máis formas de posar poñades mellor. Tamén podedes facer a variante fotógraf@ - model@, e dicir, cando a letra di "con solo hacer click" un posa e o outro fai que saca a foto e na seguinte rotades os roles.




-Cos ollos pechados, meter as mans nunha bolsa e adivinar que hai nela. Canta máis variedade mellor.


-Facer papiroflexia, seguro que sodes auténtic@s artistas, pero non está de máis deixar un sinxelo tutorial para facer o típico avión de papel. (Enlace do tutorial para facer avións de papel)


-Escoitar e expresarse libremente con distintos estílos de música. Tendes os temazos do xabarín club, a banda dos cueiros, Paco Nogueiras, os cantaxogos, as bandas sonoras das pelis de animación que lles gustan @s vos@s fill@s, incluso listas de reproducción de música clásica para nenos...etc


-E para concluir, facer exercicios de relaxación; respiración e estiramentos.




Espero e desexo que pasedes moi boa fin de semana. :)

No hay comentarios: