Bo día a todas e todos, hoxe déixovos esta adaptación do conto "Por catro esquiniñas de nada", do autor Jérôme Ruiller, feita por nenas e nenos de educación infantil.
Por catro esquiniñas é unha historia que fala de aceptación, de superación e de autoestima. Espero que vos guste. :)
As emocións forman parte da nosa vida, as persoas somos razón e emoción; polo tanto, sentir e expresar sentimentos é algo natural coma seres humanos que somos.
O primeiro achegamento do neno as emocións ten que ver co mundo do gusto e do disgusto. Nas primeiras etapas, a expresión da emoción é brusca, limpia e tosca, en forma de llanto ou outras manifestacións pouco perfeccionadas. As figuras parentales son o espello de proxección de ditas emocións, e son, ademáis, a fonte da satisfacción (ou non) das necesidades do neno. Esto nos indica que tanto os pais coma os educadores debemos comprender as súas emocións e debemos axudalos a expresalas correctamente.
Afrontar esta labor de manera concreta parece difícil, pois cada neno e cada momento son distintos. No obstante, a través de contos como este, podemos recrear situacións que axuden os nenos a comprender emocións e sentimentos propios e alleos. e aprender así, a vivilos e expresalos con naturalidade.
¿Qué emocións recoñecedes neste conto?
¿Qué figuras xeométricas aparecen no conto?
¿Coñeces algunha máis?
Fai un debuxo que represente algunha escea do conto.
A continuación tendes unhas imaxes relacionadas con determinadas emocións. Observa coidadosamente cada imaxe para recoñecela emoción que reflexa as expresións faciais e corporais das persoas presentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario