Moi bos días, estou seguro que as nenas e nenos de Verducido encántalles cantar e bailar, e ademáis botan de menos a súa escola, polo que aquí déixovos este vídeoclip.
Gracias a Chus pola súa participación e os veciños da escola por permitirme grabar o galo. :)
Actividades que se poden traballar ca música:
-Expresar sentimentos e emocións tras escoitar a canción dos bos días.
-Escoitar con atención diferentes sons do entorno e imitalos.
- Cantar e bailar a canción do videoclip.
-Inventar unha canción aproveitando a melodía da canción dos bos días. (aínda que sexa unha frase)
-Utilizar ritmos, seguir o ritmo da canción con obxectos sonoros que teñades por casa. (cacerola, sofá, mesa...etc)
-Facer instrumentos con materiais reciclables. (facer un tambor co bote do colacao e adornalo, por exemplo...)
-Coñecer os instrumentos da canción, estos son: Ukelele, bongós e ovo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario