jueves, marzo 26, 2020

TALLER DAS PALABRAS




        Imos aló, meu capitán !!!

Sempre vos contamos o importante que é a lectura porque mellora a nosa linguaxe, a capacidade de concentrarse, a memoria… e ten a maxia de trasladarnos sen movernos da nosa cadeira a mundos moi lonxes,  marabillosos, onde a nosa imaxinación fabrica as cores, a beleza ou fealdade das personaxes, ou tinxe o azul dos campos ou o verde do mar.
                Por iso, gustaravos tanto este vídeo que propuxo a profe Naiara , que estaredes desexando comezar a fantástica aventura dunha nova lectura!!:




miércoles, marzo 25, 2020

TALLER DAS PALABRAS






ALFOMBRA DE LETRAS



B
A
F
CH
I
O
D

M
G
J
K
L
LL
U
E
N
Ñ
P
R
Utilizaremos un folio por letra para crear a alfombra
Podemos poñer unhas pouquiñas letras de cada vez.
Pode ser que algún teña unha alfombra de letras de foam. Durará máis.
-Nos colocamos enriba do folio que non ten letra e temos que saltar á letra pola que empeza a palabra que escoitamos:
- Teléfono
-Pataca    
_ Tamén podemos poñer todo o abecedario e teñen que ir saltando de letra en letra en orden ata rematar todo o abecedario. Este é máis  para os maiores.


EN FAMILIA

Gardade latas para facer estes zancos tan chulos!!!!!






Bailamos? 
                                                     Scott Joplin: Maple Leaf Rag




 
Xa estades merendando?
Queremos fotos dos vosos boliños!!! e se desta non foi, a semana que ven seguro vai!!!
Bicos e apertas virtuais!!!!

ENGLISH TIME

Good morning Children!!!!, hoxe en English time imos ter unha relaxante sesión para seguir coñecendo máis sobre esta importante celebración.
Todos preparados para estirar e aprender, In English, please:

St. Patrick Day Kids Yoga
https://www.youtube.com/watch?v=cvwx486JWko


Todo o mundo celebra esta festa en Irlanda
https://www.youtube.com/watch?v=py3cvo1vqSE


Para contar en Inglés os maiores
Counting with a Leprechaun! (St. Patrick's Day counting song for kids)
 https://www.youtube.com/watch?v=eSvz1lkvih4

Para contar en inglés os pequenos :
https://www.youtube.com/watch?v=kQI86063GWs

Canción para os pequenos:
https://www.youtube.com/watch?v=ivTZLC9ZK_A

 Tamén a teacher nos envía un video sobre como facer unha careta de Leprechaun 
How to make a St. Patrick's Day Leprechaun Mask  

https://www.youtube.com/watch?v=5dRzgQaK__4

TAREFAS INFANTIL MÉRCORES 25 DE MARZO

Hoxe é MÉRCORES 25 de MARZO

- 5,4,3,2,1, Viaxamos ata Mercurio
- Contamos, a modo, ata 25

- Como vai a faba, agromou? Coido que un día é moi pouco...
 Lembrade que precisan luz e un pouquiño de auga.
  • Hoxe o encargado é MATEO
    A NAI DE MATEO vai poñer nunha folla en MAIUSCULAS ( Lembrade que en Infantil sempre todo o escribimos con MAIUSCULAS ) BO DÍA é Mateo vaise debuxar e vai debuxar o que queira para decirnos que día vai hoxe e o manda ao guasap da profe.
  • Todos os demais van poñer nunha folla, cartón, con tapóns...
    en MAIUSCULAS: OLA MATEO e decorades arredor facendo un marco con puntos, corazóns, raias de cores....
ABEZOO:
- Hai outro animal que comeza por ssss, que ademais ten a forma da letra: facémolo con tapóns?


SIM SALABIM
Compost para oa xardín

O compost e unha terra máxica que facemos cos restos orgánicos e a axuda dunha morea de bichiños descompoñedores.

  • Que bichos eran eses bichocos que axudan a facer o compost?
    Colémbolos(  buscade este bichiño en google)  , miñocas....
- Debuxade os bichos que atopamos o último día que fomos á horta e abrimos o composteiro e peneiramos para separar a terra máxica (compost) do que ainda tivemos que levar ao outro composteiro porque precisaba que os bichocos descompoñedores seguiran traballando.


Escoitade con atención.
Niño Tom/ Gloria Fuertes

Mirade e escoitade con atención
Niño Tom / gloria Fuertes


QUEN É MAÑAN O ENCARGADO?
- Eles saben, facede un exercicio de memoria con eles e ide anotando a lista dos nenos e nenas da clase.
- Quen é o primeiro da lista? e Despois?.... É a profe...onde a poñemos?
 Mañan a revisamos, veredes que ben o fan!

TAREFAS DE PRIMARIA


Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!

Jaimito é un personaxe protagonista de moitos chistes como este:



Xa sei….todos vós queriades que tamén os atracaran para non ter que facer os deberes da pesada da profe, verdade?  Veña, imos alá que  todos vós sodes uns crack!!

MATEMÁTICAS

Esta semana ya acabaremos con las monedas… seguro que a estas alturas ya sois unos maestros de las finanzas.
·         Hacemos los ejercicios 10 y 11
-Y otro enlace de juegos con monedas y billetes: https://www.thatquiz.org/es-a/matematicas/dinero/



LENGUA 1º PRIMARIA

Vamos a seguir realizando ejercicios con el ordenador, como ayer . Los de hoy son cortos y muy entretenidos , seguro que os molan.
Y elegís el tema 8 “menuda Fauna” . Hacéis   los ejercicios que están en los cuadros negros. No os asustéis porque aunque parecen muchos son cortitos.


OJO ¡! Para los que tengáis problemas con los ejercicios digitales hacéis lo siguiente:










LENGUA 2º PRIMARIA
Otra actividad con el ordenador, como ayer, muy entretenidos y cortos. Ya veréis qué divertido.

Y elegís el tema 5 “Dulces Fiestas”. Hacéis los ejercicios que están señalados en los cuadros negros.


Ojo!! Para los que tengáis problemas con los ejercicios digitales hacéis lo siguiente:



martes, marzo 24, 2020

TALLER DAS PALABRAS





A QUE XOGAMOS HOXE?


Ø  O teléfono estropeado.
Pensa nunha  palabra e dilla ao oído á persoa que estea ao teu carón. A derradeira persoa deberá dicir a mensaxe inicial sen modificalo. Seredes capaces?
   Será moi divertido porque ao ir dicindo as mensaxes baixiño , haberá cousas que non se entenden ben e dicimolas como as escoitamos , e seguramente non será igual que esa mensaxe primeira. Por iso  lle chamamos “O teléfono estropeado”.





TAREFAS INFANTIL MARTES 24 DE MARZO

 Bo día !!!!!


Hoxe é MARTES 24 de MARZO

- 5,4,3,2,1, Viaxamos ata Marte
- Contamos, a modo, ata 24

Lembramos esta sorte e a usamos para ver quen comeza:
PELO, GATO
VINTECATRO
1, 2, 3, 4


“SIM SALABIM
COMPOST PRA O XARDÍN “

Lembrades cando veu Rocío ( programa Revitaliza) ao cole cos Bichocos?

Regalounos unha faba nun sobre cun pouquiño de compost ( terra máxica que os bichocos axudan a facer)

  • Hoxe propoñemos que nun tarro de cristal poñades a faba máxica ( esa se a tedes ou outra) e lle poñades a terra máxica (se a tedes ainda) ou a cubrades cun pouco de algodón. Poñede o tarro nun sitio con luz e botadelle un pouco de auga.
  • Cada día imos mollar lixeiramente o algodón
  • Nunha folla que imos titular " A FABA MÁXICA"  imos poñer unha raia cada día e o día que empece a agromar, imos contar cantos días pasaron( contando as raias) E POÑEMOS O NÚMERO.
    Por detrás da folla imos ir facendo un debuxo  cada día de como vai medrando ou lle vamos tirando fotos cada día.

Escoitade....chegou a primavera!!!

ARA MALIKIAN - LAS CUATRO ESTACIONES (Primavera - Movimiento 3 Allegro)



ATENCIÓN: 


 E AGORA FACÉMOLO NÓS :
Collede palillos, macarróns: SENTADOS AO LADO DELES
- comezade un debuxo, eles teñen que continuar....
- facede un debuxo, sinxelo e o teñen que facer igual
- que fagan eles un debuxo e vos o tedes que copiar.
-que libremente fagan debuxos cos palillos. 

Que tal sabe o pan na casa?  Bo día!!!!


TAREFAS PRIMARIA

Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!

                Hoxe, quen é o encargado?  Mecachis!  Tanto tempo sen poñer a data, que ata a pizarra nos vai votar de menos!  Vós que pensades? Encenderáselle a luz verde que tantas veces nos falla? Agora ten tempo para descansar, así que máis lle val que cando volvamos funcione de marabilla!
                Estou inspirada e temos adiviñas:

                               “Cinco irmáns moi unidos que non se poden mirar. Cando reñen aínda que queiras, non os podes separar.”
                               “Redondo coma un roscón e a el obedece todo o camión”.


            Seguro que acertades!!

E agora, ao traballo ¡!



MATEMÁTICAS

Y seguimos contando la pasta!  Vamos a convertirnos en banqueros!
 De hecho, ya tenemos un prestamista en clase pero..! no se lo vamos a contar a nadie!

Otro  enlace más de juegos para seguir practicando: https://teachingmoney.co.uk/eurosite/games/EURO20matchCHALL.html
Y otras dos fichas:


LINGUA  1º

Este é o enlace para acceder:


As tarefas son as que están marcadas con cadrados negros:
  Do “Espantallo amigo” escoitades a lectura. Facedes de forma interactiva (iso é guay!!) as exercicios de Br, bl, pr, e pl que xa vimos na clase..... e a ver como se vos dan as adiviñas!!

Se alguén ten problemas para acceder a ese recurso interactivo, está a opción de facer este exercicio:

LECTURA 2º PRIMARIA
Abrimos o seguinte enlace:

Escollemos a Lectura “ Os canteiros”,e facemos as actividades que están encerradas nos cadros de forma interactiva… Iso é guay! Xa veredes como vos gusta!

Se alguén ten problemas para acceder a este recurso, pode realizar a actividade desta lectura:


VALORES SOCIAIS
A FAMILIA

Agora que estamos tanto tempo na casa, é cando máis que nunca temos que estar felices e orgullosos de ter unha familia que nos quere e a quen nos debemos querer e coidar.
Así que desfrutade moito vendo este vídeo de debuxos e facede un resumo para contarllo  a vosa familia :


E  propoño outro vídeo máis que trata tamén da familia estudando os seus membros, algo que xa fixemos na clase, á arbore xeanealóxica. https://www.youtube.com/watch?v=Qckmvzk8cY8&t=17s
Por iso, despois de ver o vídeo, sería interesante que lles pidades axuda a vosa familia para volver facer esta árbore, onde podedes poner os nomes ou unha foto. E despois coloreala… seguro que vos queda chulísima!






 

EN FAMILIA

BO DÍA!!!!
AVÍSANOS DA PROTECTORA "OS PALLEIROS" que non van recoller máis tapóns.
Non os botedes ao lixo ( contedor amarelo) gardadeos para facer unha bolsa de pezas para múltiples usos.  Hoxe, para que fagades un personaxe con eles e nolo envíedes.
Este can, chámase CIÑO e anímavos a facer os vosos personaxes con tapóns, poñerlles nome e mandalos ás profes. 








lunes, marzo 23, 2020

TAREFAS INFANTIL LUNS 23 DE MARZO

Bos días chicas e chicos!!!! Hoxe é LUNS 23 de MARZO

- 5, 4, 3, 2, 1 Viaxamos ata a LUA
- Contamos, a modo, ata 23, pronunciando ben os números.
- ABECEDARIO: ABEZOO
Queridos papá e mamá lembrade que comezamos por distinguir as letras polo seu son.
Non precisan saber en principio o nome da letra nin como se escribe pero si é moi IMPORTANTE:
 -Buscar moitas palabras que empecen por ese son ( letra) entre as cousas que teñen á vista
- Buscar que compañeiro@s do cole teñen ese son, entre os familiares...
- Buscar palabras que teñan o son, no final.
- Buscar palabras que simplemente o teñan e que nos digan se o teñen ao principio, no medio ou no final.
Cada un según vai podendo.
Esta semana temos que buscar os que empecen igual que estas palabras máxicas:
" Sim salabim compost pra o xardín" sssssssss
ABEZOO Que animais empezan por esta letra?
Facede debuxos ou fotos de cousas que comecen así e podedes mandarmos.

  
Este enlace vai ao conto ABEZOO que eles coñecen. No punto 14:59 está o S
https://www.bing.com/videos/search?q=abezoo&&view=detail&mid=F5E6C46D94D465331BBAF5E6C46D94D465331BBA&rvsmid=11C7DD63FDA6CC0B6B8711C7DD63FDA6CC0B6B87&FORM=VDQVAP









TALLER DE CIENCIAS SOCIAIS

                  “ Día Mundial do Síndrome de Down”
   

   Estamos a celebrar o Día Mundial destes nenos e nenas e para facer máis visible a súa realidade social imos ver estes vídeos:

-Vídeo dunha historia animada   explicativa  do Síndrome de Down: https://www.youtube.com/watch?v=w3gsYlmixfw
- Así como “O Cazo de Lorenzo” : https://www.youtube.com/watch?v=5pUmAOTQqCg
un conto onde se visibilizan as dificultades pero tamén as cualidades con que  estas persoas tan especiais superan os obstáculos.

- E unha acividade divertida:

Calcetíns desparellados e de cores para celebrar a diversidade no Día Mundial do Síndrome de Down (21 de marzo)

            Esta campaña xurdiu no Reino Unido , onde unha nena, Chloe Lennon, de 5 anos , publicou un vídeo pedindo que para ese día, todos levaran calcetíns diferentes en cada pe, significando así que o respecto,o  dereito e a sorte  que todos temos a convivir  xuntos aínda que sexamos diferentes. Este é o vídeo:
                            https://www.youtube.com/watch?v=k8iPA_yp4VU
                A nosa  proposta é que despois de ver todo isto, sigamos as indicacións de Chloe e poñamos un calcetín diferente e fagamos unha foto, que  podedes enviar aos wasaps das profes para despois publicalas no blog.  Tamén podedes debuxar calcetíns diferentes.
                O Reino Unido , comparado con Verducido, non será ninguén!!



TAREFAS PRIMARIA



Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!

Espero que tiverades unha boa fin de semana na casa cas vosas mamis ou papis. Sempre dicides: “Profe, yo no quería venir al cole, quería quedarme en casa”.  Pois mirade que guay! Agora temos tempo de desfrutar do fogar!

Para comezar a semana, un sorriso:



  
   


MATEMÁTICAS
Y ahora…. ¡a por la pasta!!
                -Dos  enlaces  de juegos chulos para seguir aprendiendo a contar billetes y monedas:


                -Ejercicios 5 y 6




LENGUA CASTELLANA ( PARA PRIMEIRO)

LENGUA CASTELLANA (PARA SEGUNDO)


TALLER HORTA ECÓLOXICA E ALIMENTACIÓN

Bos días!!!!
Hoxe no Taller da Horta propoñemos que fagades pan do cole como facemos todos os Luns para seguir coas nosas rutinas.
Pode ser boa idea que en lugar de facer un bolo, fagades un boliño para cada membro da familia. Así terán que contar cantos bolos necesitades e repartir a masa entre todos.
Se vos apetece podedes facer así todos os Luns e o Martes, merendades pan do cole coma sempre.
Que aproveite!!!

ENGLISH TIME




Good morning!!


No mes de marzo, están a pasar cousas moi chulas como
 é o comezo da estación da primavera. En Irlanda, celebran
 unha festa en relación  a esta data: A Festa de San Patricio
 (St. Patrick), onde LEPRECHAUN, o personaxe que representa
 a San Patricio, canta e baila.
Podedes ver vídeos en relación  a esta festa, historia e tradición,
 nos seguintes enlaces:
https://youtu.be/MqO0O8O8Gmk


Have a nice time!!