jueves, junio 09, 2011

INTERCAMBIO CO CEI. DE CAMPELO

Grazas a tódalas nais que coa vosa axuda facedes posible que os vosos/as fillos/as poidan participar neste tipo de experiencias.

INTERCAMBIO CO CEI DE CAMPELO


OBXECTIVOS:

-Xa que a eei.verducido é unha pequena escola, trátase con esta actividade de proporcionarlle aos nenos/as experiencias ricas e axeitadas de interacción social cos seus iguais e con adultos fora do seu círculo habitual, poñendo as bases dunha socialización enriquecedora.

- Nesta ocasión, serán anfitrións, teñen que agradar aos seus convidados.

-Proporcionarlle experiencias que os estimulen e prendan a súa curiosidade, que lles proporcionen vivencias que enriquezan a súa expresión global, tales como saídas escolares, correspondencia escolar, achegamento a linguaxe audiovisual, intercambios...

-Facilita-la relación e a convivencia das comunidades escolares de distintos contornos, rural de interior e mariñeiro .

-Aprender a actuar e desenvolverse con autonomía; recoñecendo posibilidades e limitacións, desenvolvendo un axeitado nivel de autoconfianza e autoestima.

-Fomentar unhas relacións baseadas no respecto, tolerancia e colaboración.

-Propicia-la colaboración e participación de toda a comunidade educativa nas actividades da escola.

-Valoración e respecto do seu contorno e patrimonio cultural.

COMPETENCIAS: Competencia social e cidadá.

Autonomía e iniciativa persoal.

INTERCAMBIO CO CEI DE CAMPELO

Veñen a Verducido os nosos amigos/as.

Actividade: Paseo arredor do encoro. Escoitamos as ras e os paxariños, os regatos...Vimos piragüistas adestrando, vacas e terneritos, escalamos, merendamos e xogamos no parque...
Comida no parque do encoro.
E moi importante inculcar nos nosos alumn@ o hábito de facer exercicio, o hábito do tempo de lecer compartido cos amig@s facendo exercicio ao ar libre en contacto coa natureza, respectandoa e disfrutando dela....

Repoñemos forzas. Comeron como campeóns.




Descubriron novas posiblidades.
Compartiron xogos.

viernes, junio 03, 2011

ROTEIRO DOS BOLECHAS POR PONTEVEDRA

Obxectivo:
Coñecer a súa cidade: “Pontevedra é boa vila, da de beber a quen pasa....”
Coñecer as diferentes prazas da cidade.
Praza da Peregrina; A Ferrería; Praza da estrela; Praza da leña; Praza da verdura;Fonte dos tornos.....
Praza da Pedreira. Onde rematamos a visita e os agasallan cun libro
“ Excursión pola zona vella de Pontevedra” dos Bolechas.



Merendamos, xogamos un pouco e despois imos ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais onde nos trasladamos a Pontevedra na Idade Media a través dunha magnifica película en 3D.


Actividade previa do Roteiro dos Bolechas.Na Biblioteca:

- Escollen que personaxe dos Bolechas vai ser cada un.

E moi doado pois os coñecen moi ben e lles encantan os seus libros sinxelos onde teñen aventuras cotiás de calquera neno/a da súa idade.

-Pintan e recortan a súa carauta e escriben o nome no seu distintivo.



jueves, mayo 26, 2011

PRESENTACIÓN DA REVISTA "FIZ"

Dentro das actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas na escola,


hoxe Kiko DaSilva, presentou na escola a revista "Fiz". Fiz e o neno máis porcalleiro onde os haxa. Parece que a partir de agora cada dous meses vai a ser a revista máis agardada na Biblioteca da escola.

martes, mayo 24, 2011

HOXE TRABALLAMOS NO PARQUE DE BOMBEIROS

A escola, é un lugar máis onde aprender. Se queremos e preparamos os nosos sentidos, aprendemos en tódolos sitios e a tódalas horas.
Hoxe aprendemos no Parque dos Bombeiros de Pontevedra.

Dentro do noso Proxecto de traballar os Oficios das nais e pais do colexio, visitamos o Parque porque un pai traballa eiqui.

LAND ART NA XUNQUEIRA DO ALBA

       Os pequen@s artistas da escola de Verducido, visitan a Xunqueira do Alba, exploran a natureza e deixan a súa pegada artística utilizando os materias que alí atopan. Ao marcharen de alí a natureza e os visitantes da Xunqueira intervirán na súa obra, pero sempre teremos a foto da súa obra orixinal.
       Estes pequen@s artistas respectan a natureza e utilizan so o que atopan polo chan.Tamén o sol, a sombra...













Preparados coa súa guía para inir o percorrido. 

miércoles, mayo 18, 2011

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Actividade: -Os alumnos/as de E.P. Contanlle aos seus compañeiros/as de Educación Infantil que era o poeta Lois Pereiro axudados polos carteis.






-Actividades na pizarra dixital sobre o Día das Letras e o autor homenaxeado este ano.

-Simbolizando as Letras Galegas e o coidado que cada un lle ten que dar, levan para casa unha planta ornamental das que sementamos facendo un semilleiro.


miércoles, mayo 04, 2011

PREMIO AO COLEXIO DE VERDUCIDO

Entrega de premios as memorias do traballo de educación para o consumo na escola.
O noso proxecto: "Xogos e xoguetes,tempo de lecer"acadou un premio.
Noraboa a tod@s os que fixestes posible este traballo.!!!!

martes, mayo 03, 2011

VISITA DOS NOSOS SOCIOS COMENIUS

Agardamos impacientes a chegada a Verducido dos nosos socios Comenius. Mestr@s de Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía.


Visitaron as aulas, a biblioteca, o patio de recreo,
compartiron con nos a merenda e por suposto, a
horta ecolóxica cuxo proxecto compartimos durante
estes dous últimos cursos. 

lunes, mayo 02, 2011

AXENDA DA REUNIÓN COMENIUS EN VERDUCIDO

( Maio 3, 4, 5, 2011)

EEI.VERDUCIDO

AXENDA

( 20 profesores procedentes de finlandia, italia, eslovenia e turquía)

LUNS 2 DE MAIO

Recollémolos na estación de tren ou bus cando cheguen e os levamos ao seu aloxamento no Hotel Ruas. Cea no hotel ou nalgún dos múltiples bares e restaurantes cercanos.

MARTES 3 DE MAIO
  • 8:45 Reunímonos no hall do hotel
  • 9:00 visita ao Mercado Municipal       
  • 9:30 un microbús os recollerá na parada do mercado para ir a Verducido.
  • 10:00 Presentación das mestras da escola, dos nosos convidados e dos alumnos/as. Visitamos as instalacións da escola e a horta.
  • 11:30 Café na escola cos alumnos/as e mestras.
  • 12.30 Visita á escola de hostelería “ IES Carlos Oroza”
  • 14:00 Comemos na escola de hostelería.
  • 16:30 Reunión no Pazo de Cultura , Seminario nº3 . Meeting final: exposición de ppt´s cos traballos do proxecto deste curso.. Falaremos tamén dos nosos sistemas educativos, non moi formal, as nosas dudas e curiosidades sobre a organización e funcionamento dos sistemas educativos nos diferentes países socios..
  • 19:00 Tempo libre para visitar a cidade, facer compras....e despois cear “tapas”

MÉRCORES 4 DE MAIO

         09:00 Recollémolos no hotel, imos paseando polo casco vello da cidade
         10:00 Visitamos o CEIP. “ Froebel “
  • 11:00 Café.
  • 12:00 12:45 Visita ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais.
  • 13:00 Recibimento polo alcalde no Concello.
  • 14:30 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
  • 16:00 a 20:00 Visita ao Museo da salga e a pesca no Grove. Paseo polo Grove e visita a Combarro.
  • A esta hora os coordinadores do proxecto reúnense para redactar a memoria final.  Ao remataren encontaránse co grupo en Combarro.  

XOVES 5 DE MAIO
  • 9:30 O autobus que virá de Verducido, os recollerá na parada do Mercado.
  • 10:00 Visita á Misión Bióloxica de Galicia, pertence ao CSIC ( Consello Superior de Investigacións Científicas – Galicia) Os profes Comenius terán unha visita guiada ao centro e os nenos/as da escola, participarán en Talleres preparados para eles polos cientificos do centro.
  • 11:30 Café na Misión
  • 14:00 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
  • 16:00 to 18:00 Tempo Libre
  • 18:30 Visita ao Conservatorio Profesional de Música Manuel “Quiroga” onde asistiremos a unhas audicións.
  • 20:30 Despedida cunha merenda na cafetería do Conservatorio.
  • Remataremos sobre as 11:00.

VENRES 6 DE MAIO

Á hora que o precisen levarémolos ao tren ou bus.


domingo, mayo 01, 2011

PLAN DE TRABAJO COMENIUS

PLAN DE TRABAJO       COMENIUS
PRIMER CURSO ESCOLAR: 2009/2010

HORTA ESCOLAR ECOLÓXICA

  • Estudio da agricultura da zona.
  • Produtos do outono. Exposición de produtos propios da zona.
  • Intercambio cos nosos socios de diversas sementes ou plantas.
  • Toma de decisións acerca de que produtos podemos cultivar nos.
  • Calendario de plantacións ( Cada país ten que facer o seu)
  • Compost: iniciación da fabricación de compost que continuará ao longo do proxecto.
  • Exposición teórica: charlas a alumnos e pais/nais sobre o compost.
  • Preparación dos lugares nos que imos facer os nosos cultivos: xardíns , macetas
  • Iniciación do diario da horta que vai seguir ao longo de todo o proxecto
  • Creación do Consello da Horta: formado por persoas da comunidade escolar que poidan aportar coñecemento e experiencias ao noso traballo. Este consello continuará ao longo do proxecto.
  • Cultivo de productos da zona
  • Cultivo de plantas procedentes dos países socios
  • Coidado das plantas cultivadas.



Alimentación saudable

  • A pirámide dos alimentos
  • Enquisa sobre hábitos de alimentación.
  • O almorzo, almorzo saudable ( froitos secos,mel, iogur feito na escola)
  • O almorzo nos distintos países socios.
  • Alimentación saudable: a merenda na escola.
  • A merenda nos países socios.
  • Merendas na escola: outono: froitos secos,mel, iogur feito na escola)

inverno: degustación de froitos de inverno:cítricos.

  • O xantar: O xantar nos distintos países.

SEGUNDO CURSO ESCOLAR: 2010/2011

HORTA ECOLÓXICA

  • Recolleita dos productos cultivados.
  • Estudio das causas que influíron nos resultados máis ou menos satisfactorios do noso traballo ( o clima, coidados prestados)
  • Estuio comparativo do desenrolo dos productos da nosa zona e dos productos procedentes dos países socios.
  • Estudio comparativo dos productos cultivados en cada país mediante presentacións en power point, vídeos...
  • Exposición dos productos cultivados.
  • Elaboración dunha ficha das plantas da zona: nome popular en idioma propio e idioma da asociación.nome ciéntifico, época para plantar e recollar, coidados que precisa, pragas ou enfermidades...
  • Elaboración ficha de traballo para os alumnos/as na que se resuma o traballo realizado
  • Cultivo da horta procurando non cometer os erros que se poideran cometer o ano anterior e que constarán no diario da horta.
  • Intercambio entre as escolas das fichas realizadas das plantas.
  • Exposición das diferentes fichas recibidas dos países socios.
  • Elaboración dunha unidade didáctica para aplicar en tódalas áreas.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

  • Degustación dos productos da nosa horta.
  • Estudio comparativo dos hábitos alimenticios dos países socios.
  • Recopilación de receitas de cociña.
  • Intercambio de receitas de cociña entre os alumnos/as das escolas asociadas