OBXECTIVOS:
-Xa que a eei.verducido é unha pequena escola, trátase con esta actividade de proporcionarlle aos nenos/as experiencias ricas e axeitadas de interacción social cos seus iguais e con adultos fora do seu círculo habitual, poñendo as bases dunha socialización enriquecedora.
- Nesta ocasión, serán anfitrións, teñen que agradar aos seus convidados.
-Proporcionarlle experiencias que os estimulen e prendan a súa curiosidade, que lles proporcionen vivencias que enriquezan a súa expresión global, tales como saídas escolares, correspondencia escolar, achegamento a linguaxe audiovisual, intercambios...
-Facilita-la relación e a convivencia das comunidades escolares de distintos contornos, rural de interior e mariñeiro .
-Aprender a actuar e desenvolverse con autonomía; recoñecendo posibilidades e limitacións, desenvolvendo un axeitado nivel de autoconfianza e autoestima.
-Fomentar unhas relacións baseadas no respecto, tolerancia e colaboración.
-Propicia-la colaboración e participación de toda a comunidade educativa nas actividades da escola.
-Valoración e respecto do seu contorno e patrimonio cultural.
COMPETENCIAS: Competencia social e cidadá.
Autonomía e iniciativa persoal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario