lunes, mayo 02, 2011

AXENDA DA REUNIÓN COMENIUS EN VERDUCIDO

( Maio 3, 4, 5, 2011)

EEI.VERDUCIDO

AXENDA

( 20 profesores procedentes de finlandia, italia, eslovenia e turquía)

LUNS 2 DE MAIO

Recollémolos na estación de tren ou bus cando cheguen e os levamos ao seu aloxamento no Hotel Ruas. Cea no hotel ou nalgún dos múltiples bares e restaurantes cercanos.

MARTES 3 DE MAIO
  • 8:45 Reunímonos no hall do hotel
  • 9:00 visita ao Mercado Municipal       
  • 9:30 un microbús os recollerá na parada do mercado para ir a Verducido.
  • 10:00 Presentación das mestras da escola, dos nosos convidados e dos alumnos/as. Visitamos as instalacións da escola e a horta.
  • 11:30 Café na escola cos alumnos/as e mestras.
  • 12.30 Visita á escola de hostelería “ IES Carlos Oroza”
  • 14:00 Comemos na escola de hostelería.
  • 16:30 Reunión no Pazo de Cultura , Seminario nº3 . Meeting final: exposición de ppt´s cos traballos do proxecto deste curso.. Falaremos tamén dos nosos sistemas educativos, non moi formal, as nosas dudas e curiosidades sobre a organización e funcionamento dos sistemas educativos nos diferentes países socios..
  • 19:00 Tempo libre para visitar a cidade, facer compras....e despois cear “tapas”

MÉRCORES 4 DE MAIO

         09:00 Recollémolos no hotel, imos paseando polo casco vello da cidade
         10:00 Visitamos o CEIP. “ Froebel “
  • 11:00 Café.
  • 12:00 12:45 Visita ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais.
  • 13:00 Recibimento polo alcalde no Concello.
  • 14:30 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
  • 16:00 a 20:00 Visita ao Museo da salga e a pesca no Grove. Paseo polo Grove e visita a Combarro.
  • A esta hora os coordinadores do proxecto reúnense para redactar a memoria final.  Ao remataren encontaránse co grupo en Combarro.  

XOVES 5 DE MAIO
  • 9:30 O autobus que virá de Verducido, os recollerá na parada do Mercado.
  • 10:00 Visita á Misión Bióloxica de Galicia, pertence ao CSIC ( Consello Superior de Investigacións Científicas – Galicia) Os profes Comenius terán unha visita guiada ao centro e os nenos/as da escola, participarán en Talleres preparados para eles polos cientificos do centro.
  • 11:30 Café na Misión
  • 14:00 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
  • 16:00 to 18:00 Tempo Libre
  • 18:30 Visita ao Conservatorio Profesional de Música Manuel “Quiroga” onde asistiremos a unhas audicións.
  • 20:30 Despedida cunha merenda na cafetería do Conservatorio.
  • Remataremos sobre as 11:00.

VENRES 6 DE MAIO

Á hora que o precisen levarémolos ao tren ou bus.


No hay comentarios: