A Comunidade Educativa APRENDE e ao mesmo tempo ENSINA
Queremos facer da escola o lugar onde aprender xuntos: Nenos/as, Pais e Nais e Mestres/as.
A nosa escola proponse:
Brindar
á Comunidade Educativa oportunidades de experiencias, de encontro e diálogo. Facer da escola un punto de encontro
onde os pais e nais que así o desexen poidan ampliar e reestablecer
as súas redes sociais, entrar en contacto con outras persoas que
teñen rapaces o seu cargo e que teñen situacións e retos moi parecidos.
Aumentar o tempo e calidade de convivencia e relación entre
nais/pais e fillos/as, así como de estes cos mestres/as.
interinstitucional a través de e dinámicas lúdicas e cooperativas.
Disfrutar de alternativas de ocupación do tempo libre
máis saudabeis para os rapaces e adultos participantes.
dos familiares co colexio e viceversa.
Propoñer actividades para conquerir os obxectivos xerais
propostos no P.E.C. tanto para os nenos/as como para as
familias dentro do programa “Xuntos, aprendemos todos”
de maneira que se reforze o traballado cos rapaces na casa e na escola.
Que a casa e a escola sexan complices que traballan na mesma
dirección.
Actividades:
- Un grupo formado pola nai dun alumno,
a nai dunha ex alumna e unha amiga da escola,
están preparando todo para poder comezar a
traballar na nosa horta un ano máis.
- Un grupo de nais, animado pola nai duns
ex alumnos da escola, reúnense os martes
pola tarde para facer traballos de manualidades e reparar
libros e materiais da escola.
Gracias a todas pola vosa colaboración e compromiso coa escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario