martes, septiembre 15, 2020

PLAN DE CONTINXENCIA

 

PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 20-21 


    1.-A ENTRADA E SAÍDA da aula será escalonada, comezando pola mañan ás 8:45 e rematando ás 9:30, a mediodía comezan a saír a partires das 13:30.

    Evitamos así contacto social nas entradas e saídas

  • O Concello instalou un lavamans na entrada da aula e outro no patio.

    Antes de entrar á aula e cando saen lavan as mans.

  • Lavaremos as mans con frecuencia o cambiar de espazo ou actividade.

  • Procuraremos utilizar o xel hidroalcoholico só cando non sexa posible o lavado de mans xa que son moi pequenos.

    2.-Reunión con pais e nais a comezos de curso para poder explicar a metodoloxía que empregamos: constructivismo e respecto aos procesos, para que eles poidan axudar aos seus fillos/as sen agobiarse e sen agobialos a eles.

    3.-Este curso, coma sempre, non utilizamos material impreso (fichas) e en atención as circunstancias non pedimos materiais ás familias, á escola vailles proporcionar o material que precisen durante o curso.

    A escola farase cargo dos gastos de todas as actividades complementarias.


    A escola pública ten que garantir a igualdade de oportunidades e o benestar emocional da Comunidade Educativa.

  • METODOLOXÍA NUN ESCENARIO NON PRESENCIAL.

     Terase moi en conta as circunstancias familiares e as dificultades tecnolóxicas que poidan ter nas casas.


Contos na casa

Facilitaremos o acceso a un conto como tarefa semanal globalizada con actividades e rutinas explicadas aos pais na reunión. Farémoslles chegar videos, cancións ou pequenas actividades a través do blog, whatsapp...


Inglés

  • Enviamos unha tarefa semanal con actividades de introducción e repaso relacionadas con: rutinas, linguaxe de aula, linguaxe oral por medio de cancións e rhymes, práctica de vocabulario por medio de videos, cancións, xogos ou pequenas fichas de traballo,...

  • O sistema de comunicación que se establecerá coas familias será o blog do colexio onde se subirán as tarefas e permitirase retroalimentación das actividades propostas (a través de vídeos, fotografías, debuxos, etc.) Asemade, estarase en contacto coa titora, que é o eixo principal de comunicación.

  • AL

Os nenos que teñen apoio de AL,continuarán coa axuda e instruccións personalizadas as familias por parte da mestra.

 


 

No hay comentarios: