domingo, julio 19, 2020

PROPOSTAS COVID 2020-21

PROPOSTAS COVID PARA O PRÓXIMO CURSO 2020-21


    - Solicitar as administracións:
  • Cursos de actualización tecnolóxica para as familias
    Inicialos no manexo de Abalar, webex e traballo na aula virtual así como outras ferramentas tecnoloxicas que lles poidan dar máis competencia dixital para facilitarlles a axuda aos seus fillos/as
  • Detectar as necesidades e procurar a maneira de facilitarlles o acceso a equipos e conectividade.
No centro:

  • Reunión con pais e nais para poder explicar a metodoloxía que empregamos: constructivismo e respecto aos procesos, para que eles poidan axudar aos seus fillos/as sen agobiarse e sen agobialos a eles.
  • Proposta de facer na casa unha caixa para pandemia na que lles imos suxerir materiais interesantes para ter sempre na casa para poder traballar/xogar aprendendo
    (folios, ceras, pegamnto, tesoiras...,etc.)
  • Recomendar tamén que na casa teñan xogos de mesa para xogar en familia, que son moi atractivos para eles e moi bos para desenvolver habilidades e competencias:
    oca, parchis, scrabble,dominó, cartas,moi recomendable ter un xogo de construcción con pezas sinxelas pero multiusos, contos, música, puzzles e xogos educativos.
  • Contamos con aulas espaciosas, luminosas e ben ventiladas onde podemos garantir distancia social razonable así como espazos no exterior para poder continuar utilizando como espazos para a aprendizaxe: horta, patios, soportais.
  • O Consello Escolar solicitou ao Concello lavamans exteriores para poder lavar as mans antes de entrar nas aulas, tanto á chegada á escola como cando entramos de traballar fóra da aula ( debido a curta idade do noso alumnado é moito máis conveniente que a utilización de hidroxel) O Concello vaino a facer no mes de agosto así como melloras no patio na liña que seguimos de patio inclusivo.
    Tamén se vai poñer rego na horta e outros pequenos arranxos solicitados.
  • Tanto o material didáctico como o material dos espazos exteriores utilizado cada día se gardará e desinfectará en caixas de cartón cada día, non volvendo a utilizar este material ata pasados 4 días que parece sería o tempo que o virus se podería manter activo.


Todo esto será plantexado á comunidade educativa nos primeiros días de setembro, solicitando as súas aportacións e a colaboración que se puidera precisar pola súa parte.

No hay comentarios: