miércoles, mayo 22, 2019

NACERON OS PITI´ÑOS

 Despois de moito agardar, por fin naceron os pitiños na clase de Infantil de 4 e 5 anos.
 Cando medren un pouquiño faremos un sorteo para levalos á casa e podelos coidar.

XUNTOS APRENDEMOS TODOS /" AS/OS AMIGOS CONTAN"

Esta actividade consiste en convidar aos amigos/as da nosa escola ( familias, veciños...) a vir ler, contar contos, experiencias, cousas relacionadas cos seus traballos ou aficcións aos nenos e nenas da escola.


Obxectivos:
Crear na escola oportunidades de participación para a Comunidade Educativa creando así un clima de colaboración e complicidade entre a escola e a familia que tanto vai favorecer aos nenos e nenas no seu desenvolvemento: Todos aprendemos e ensinamos.
Animar aos nenos e nenas a ler, proporcionándolles modelos de lectura.
Animar aos nenos e nenas a participar e colaborar coa comunidade tendo aos seus pais como modelos.



 Da súa man coñecimos títulos marabillosos e moi recomendabeis :
- A chave dos soños.
- El caballero que no quería luchar
- Bágoas debaixo da cama
- Cuando las niñas vuelan alto
-El jardín curioso.







  • A comunidade Educativa aprende e ensina.
  • Utilizamos os recursos dispoñibles na Comunidade para apoiar a aprendizaxe.
    Facemos un inventario de recursos persoais, patrimoniais, paisaxisticos, etc.

miércoles, febrero 13, 2019

O NOSO PROXECTO EDUCATIVO

A EEI. De VERDUCIDO, escolariza nenos e nenas dende 3 a 7 anos ( 2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria).
O horario é de 9 a 14 horas.
Se algunha familia o precisa temos un plan de garda para que os nenos/as poidan quedar na escola ás 8:45.
Non temos servizos complementarios: transporte nin comedor.
Os martes pola tarde poden acudir á Biblioteca.

Plan de acollida e adaptación para os nenos e nenas e as súas familias:
A partires do 26 de marzo podedes vir cos nenos e nenas á Biblioteca da escola de 4:30 a 5:30 da tarde. Durante o mes de xuño, poden vir ao recreo de 11:30 a 12:00. Non é obrigatorio asistir sempre pero aconsellamos vir algunha vez para que tanto eles como vós nos coñezades e que no mes de setembro sexa máis doado para todos esa separación para comezar unha nova etapa na vida de toda a familia.

 
Vos convidamos a visitar o colexio os martes 19 e 26 de febreiro pola tarde de 4:30 a 5:30 para que nos poidades coñecer mellor.
    Prazo de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de Marzo.


Teléfono: 886151589


O noso Proxecto Educativo

- Proporcionar un desenvolvemento armónico aos nen@s autonomía.

- O respecto e o diálogo son a unidade de medida nas relacións entre todos os membros da Comunidade Educativa. Educamos aos nenos e nenas con respecto e diálogo para que aprendan a respectar e dialogar.
- Acompañamento, estimulación e motivación ao alumnado no proceso de aprender a aprender e construir o seu coñecemento e adquisición das ferramentas instrumentais ao longo de toda esta etapa, respectando a diversidade e os seus ritmos de aprendizaxe.

- Consideramos educativos todos os espazos e todos os tempos na escola. Valoramos e aproveitamos a localización no medio rural pola importancia do contacto, xogo e aprendizaxe na natureza.

- A nosa escola é unha Comunidade Educativa na que todos aprendemos e ensinamos, actuamos como dinamizadores socioculturales do contorno.

- Favorecemos a complicidade familia- escola tan importante para un bo desenvolvemento dos nenos e nenas fomentando a participación,colaboración e implicación das familias.


Contamos con:

  • Unha Biblioteca chea de bos libros que nos acompañan no descubrimento do mundo, cultural e emocionalmente.
  • Un patio cheo de area,cubos, camións, troncos,árbores,cociña…. que conseguen que os nenos e nenas salgan ao patio todos os días con proxectos novos para levar adiante colaborando e xogando xuntos grandes e pequenos.
  • Unha horta ecolóxica que atendemos coa colaboración das nais. Aprendemos de onde veñen os nosos alimentos, a importancia dunha alimentación saudable e o respecto ao medio ambiente e a biodiversidade.
  • -Estamos moi preocupadas porque os nenos e nenas vexan a importancia dunha alimentación saudable. Facemos pan e iogur na escola para merendar, temos un menú de merendas para a semana. Nas festas ofrecemos froita e
  • Un Plan de Convivencia enfocado na prevención:
    -Facemos Asembleas periódicas con todas as alumnas e alumnos onde expoñen os seus problemas e preocupacións e buscamos solucións entre todos.
    -Traballamos en Talleres ( Horta, cociña, plástica, Música, Xogos Cooperativos...)nos que traballan en grupos nos que hai alumnos /as de 3 a 7 anos, xuntos , colaborando e aprendendo todos de todos.
    -Un plan para que os maiores acompañen aos pequenos nas saídas fóra da escola.
    - Educamos en igualdade aos nenos e nenas.
    -Un plan de mediadores e vixiantes do patio para axudar a resolver conflictos e ver que ninguén estea só e triste no patio.
  • Xuntos, aprendemos todos é un plan da escola para fomentar a participación das familias
    - Os amigos/as Contan : Os nais e pais están convidados a vir contar contos, explicar en que consiste o seu traballo ou calquera cousa interesante que queiran compartir con nós.
    - Colaboración na horta e actividades relacionadas.
    - Participación nas festas da escola
    -Xornadas de convivencia da Comunidade Escolar ( familias e mestras) un sábado a comezos de curso e outra na primavera.
    -Visita ao Salón do Libro e outras exposicións ou actividades interesantes algún día pola tarde con familias e mestras.


miércoles, diciembre 20, 2017

viernes, noviembre 03, 2017

COMEMEDOS NA BIBLIOTECA

       O Martes 31 de Outubro Comemedos visitounos na Biblioteca para comer os libros cos seus medos e facelos desaparecer. Os días anteriores prepararon os seus libros e debuxaron neles aquelas cousas que lles meten medo. Algúns incluso deixaron sitio para os medos da familia.













Reunímonos e cada un foi contando os medos que puxo no seu libro e despois dáballo a comer .















Realmente víanse aliviados de deixar alí os seus medos.














O máis importante é que pensaron sobre o que lles da medo

 En días anteriores tamén dialogamos sobre o que facemos cando temos medo.


martes, octubre 24, 2017

BIBLIOTECA ESCOLAR

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR                                                                                                         


Obxectivos:
  • Recoñecer a Biblioteca escolar como lugar de aprendizaxe e lecer.
  • Recoñecer os libros como fonte de aprendizaxe con ledicia.

Actividade:
As nenas de 1º de Primaria plantexan aos seus compañeiros/as unha serie de adiviñas que memorizaron para aprender a pensar. 
Repartimos os marcapáxinas que fixeron os días anteriores cos froitos da camelia. 

 





viernes, septiembre 15, 2017

BENVIDOS AO CURSO 2017-18


  Para dar a Benvida a este novo curso escolar, CONCERTO DIDÁCTICO




Actividade:
Membros da Banda de Música de Barro presentan os seus instrumentos e tocan para disfrute do noso alumnado e as súas familias.

Obxectivos:
    • Coñecer como xurde a música e como van aparecendo e evolucionando os instrumentos musicais.
    • Coñecer os diferentes instrumentos da banda, de que están feitos e a que familia pertencen.

viernes, junio 23, 2017

HERBAS DE SAN XOÁN



  Fixemos un paseo dende o encoro do Pontillón do castro ata a escola recollendo as herbas de S.Xoán
Comezamos a actividade no encoro, ás 9:00.

No canto de levar aos nenos/as á escola, os levan ao Pontillón na zona das mesas á entrada da ponte. Veñen coa súa gorra e protección solar , na mochila unha botelliña de auga e alí no Pontillón lles repartimos a froita para merendar, plátano.
Nos acompañan  pais e nais. 
Conduce a actividade Ventos Estudios Ambientais.

Obxectivos da actividade:
- Coñecemento do medio: coñecer plantas da nosa contorna.
-Coñecemento das nosas tradicións: recoller as herbas de S.Xoán para facer o cacho.Facemos un herbario coas herbas de S.Xoán.
- Fomentar a vida saudable evitando o sedentarismo a través da actividade física. Aprendemos ao aire libre.
-Xuntos aprendemos todos: actividades de convivencia entre alumnado, mestras e familias nas que aprendemos xuntos.
 


miércoles, junio 14, 2017

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

ADAPTACIÓN
O período de adaptación, parécenos un tempo moi sensible para mestras, familias e nenos e nenas, tanto os que se incorporarán á escola como os que xa están. 
Parécenos un quebracabezas no que non se poden forzar as pezas, teñen que encaixar suavemente, buscar o seu lugar. 
- Comezamos no mes de Marzo dando a posibilidade as familias de vir á escola cos nen@s os martes á tarde á Biblioteca. Convivimos e coñecémonos neste espazo e neste tempo de maneira máis informal. 
- No mes de Xuño, poden vir na hora do recreo para que coñezan a todos os nenos e nenas da escola nunha situación máis escolar pero na compaña da súa familia.
- Antes de rematarmos o curso temos unha reunión coas familias dos nenos e nenas que van comezar o curso en setembro. 
Este curso, como se incorporarán a un aula mixta de 3 e 4 anos consideramos interesante facer esta actividade para o mellor encaixe dos dous grupos:


Actividade: MERENDAMOS FIGURAS GEOMETRICAS

Data: Mércores 14 de Xuño

Actividade:
 O Mércores 14 de Xuño, os nenos e nenas de 4º de Infantil prepararon unha merenda especial para os nenos e nenas que van comezar a vir a escola en Setembro e que serán os seus compañeiros de aula o vindeiro curso. Merendaron figuras xeométricas ( Con pan de molde fixeron cadrados, triángulos, rectángulos e círculos con nocilla e virutas de cores e con manteiga e virutas de chocolate) e brochetas de froitas.
Viñeron co seu mandil e gorro de cociñeiros/as.

Obxectivos:
- Está actividade facémola:
- para que os nenos/as de 4º de Infantil se sintan parte da adaptación dos seus compañeiros/as  e non os vexan como intrusos ou rivais
-para que os nenos e nenas novos se sintan benvidos e teñan unha experiencia de pasar un pouquiño de tempo agradable xa dentro da aula.

viernes, junio 02, 2017

CONGRESO COMPOSTAXE


REVITALIZA- COMPOSTAXE 

PROXECTO EEI.VERDUCIDO: COMPOSTARTE

OBXECTIVOS:

  1. -Concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos.
  2. -Acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
  3. -Compromiso persoal ante a redución dos mesmos e co uso dos composteiros comunitarios e individuais.
  4. -Informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuáis.

METODOLOXÍA:

- Afectividade.

-Aprender na acción

-Aprendizaxe significativa

-Aprendizaxe cooperativo.

-Globalización.

-O xogo como método de aprendizaxe.

FORMACIÓN:

O Programa revitaliza ofreceu unha serie de actividades de formación e sensibilización sobre a compostaxe no mes de Marzo para toda a Comunidade Educativa.Xoves 2: O xogo da miñoca
  • Martes 14: A compostaxe, charla para mestras e pais e nais.
  • Xoves 16: Quen vive ahí?
  • Xoves 30: Visita ao composteiro comunitario.
  •  
ACTIVIDADES: Tentamos conquerir estes obxectivos a través das áreas de Expresión Plástica, Musical, Corporal e das Linguaxes de Comunicación e Representación. Traballamos en grupos de alumnos/as de 3 a 7 anos en cada grupo.

_ No Taller de Expresión Plástica, imprimimos con témperas sobre cartón reutilizado con froitas e vexetais.

Reutilizamos tres expositores de perfumería para facer con un o taboleiro de memory compost que leva os debuxos feitos coas impresións e do outro lado fotos que teñen que ver co noso traballo para o proxecto facendo un memory. Os outros dous serven para expoñer os seus traballos de impresión.

  • No Taller de Música entre todos compoñen un rap que acompaña ao xogo do memory.
  • No Taller de Expresión Corporal e Xogos Populares e Cooperativos adaptan o xogo: “A la Zapatilla por detrás”

Estes traballos serven para facer unha labor de síntese lúdica do aprendido.

  • Elaboramos e presentamos no congreso un video con fotos das actividades desenvolvidas.
No congreso, os nenos e nenas cantan, xogan e presentan as súas creacións.

 


















domingo, noviembre 20, 2016

OS AMIGOS CONTAN : "O MEU TRABALLO"

Bea, a nai de Alicia, traballa nun almacén de flores.
Despois de Santos, unha das épocas de máis traballo para ela, colle vacacións e reserva un tempo para vir á escola xa que polo seu traballo non pode en outros momentos. Ven contar contos en Infantil ou participa con nós no que fagamos nese tempo.
Este ano, Alicia xa está en Primaria e pensou en explicarnos, a toda a escola en que consiste o seu traballo: de onde veñen as flores, como as transportan , como as tratan cando chegan...para que usamos as flores...Falounos de compañeirismo e de colaboración para poder estar felíz no traballo.







Temos boas noticias: xa temos outra mamá voluntaria para contar como é o seu traballo.
Será en Decembro. Faremos unha presentación ao mes.
Vai ser unha boa maneira de coñecer diferentes traballos e oficios. Temos moitos meses por diante, ide collendo sitio.
Avisamos, engancha!! É moi interesante para os que atendemos á presentación na escola pero ademáis é moi gratificante para o que fai a presentación ante público tan atento e entregado. Supón tamén unha oportunidade de reflexión sobre o propio traballo e un exercicio para contarllo a est@s pequen@s.