miércoles, junio 14, 2017

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

ADAPTACIÓN
O período de adaptación, parécenos un tempo moi sensible para mestras, familias e nenos e nenas, tanto os que se incorporarán á escola como os que xa están. 
Parécenos un quebracabezas no que non se poden forzar as pezas, teñen que encaixar suavemente, buscar o seu lugar. 
- Comezamos no mes de Marzo dando a posibilidade as familias de vir á escola cos nen@s os martes á tarde á Biblioteca. Convivimos e coñecémonos neste espazo e neste tempo de maneira máis informal. 
- No mes de Xuño, poden vir na hora do recreo para que coñezan a todos os nenos e nenas da escola nunha situación máis escolar pero na compaña da súa familia.
- Antes de rematarmos o curso temos unha reunión coas familias dos nenos e nenas que van comezar o curso en setembro. 
Este curso, como se incorporarán a un aula mixta de 3 e 4 anos consideramos interesante facer esta actividade para o mellor encaixe dos dous grupos:


Actividade: MERENDAMOS FIGURAS GEOMETRICAS

Data: Mércores 14 de Xuño

Actividade:
 O Mércores 14 de Xuño, os nenos e nenas de 4º de Infantil prepararon unha merenda especial para os nenos e nenas que van comezar a vir a escola en Setembro e que serán os seus compañeiros de aula o vindeiro curso. Merendaron figuras xeométricas ( Con pan de molde fixeron cadrados, triángulos, rectángulos e círculos con nocilla e virutas de cores e con manteiga e virutas de chocolate) e brochetas de froitas.
Viñeron co seu mandil e gorro de cociñeiros/as.

Obxectivos:
- Está actividade facémola:
- para que os nenos/as de 4º de Infantil se sintan parte da adaptación dos seus compañeiros/as  e non os vexan como intrusos ou rivais
-para que os nenos e nenas novos se sintan benvidos e teñan unha experiencia de pasar un pouquiño de tempo agradable xa dentro da aula.

No hay comentarios: