miércoles, febrero 13, 2019

O NOSO PROXECTO EDUCATIVO

A EEI. De VERDUCIDO, escolariza nenos e nenas dende 3 a 7 anos ( 2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria).
O horario é de 9 a 14 horas.
Se algunha familia o precisa temos un plan de garda para que os nenos/as poidan quedar na escola ás 8:45.
Non temos servizos complementarios: transporte nin comedor.
Os martes pola tarde poden acudir á Biblioteca.

Plan de acollida e adaptación para os nenos e nenas e as súas familias:
A partires do 26 de marzo podedes vir cos nenos e nenas á Biblioteca da escola de 4:30 a 5:30 da tarde. Durante o mes de xuño, poden vir ao recreo de 11:30 a 12:00. Non é obrigatorio asistir sempre pero aconsellamos vir algunha vez para que tanto eles como vós nos coñezades e que no mes de setembro sexa máis doado para todos esa separación para comezar unha nova etapa na vida de toda a familia.

 
Vos convidamos a visitar o colexio os martes 19 e 26 de febreiro pola tarde de 4:30 a 5:30 para que nos poidades coñecer mellor.
    Prazo de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de Marzo.


Teléfono: 886151589


O noso Proxecto Educativo

- Proporcionar un desenvolvemento armónico aos nen@s autonomía.

- O respecto e o diálogo son a unidade de medida nas relacións entre todos os membros da Comunidade Educativa. Educamos aos nenos e nenas con respecto e diálogo para que aprendan a respectar e dialogar.
- Acompañamento, estimulación e motivación ao alumnado no proceso de aprender a aprender e construir o seu coñecemento e adquisición das ferramentas instrumentais ao longo de toda esta etapa, respectando a diversidade e os seus ritmos de aprendizaxe.

- Consideramos educativos todos os espazos e todos os tempos na escola. Valoramos e aproveitamos a localización no medio rural pola importancia do contacto, xogo e aprendizaxe na natureza.

- A nosa escola é unha Comunidade Educativa na que todos aprendemos e ensinamos, actuamos como dinamizadores socioculturales do contorno.

- Favorecemos a complicidade familia- escola tan importante para un bo desenvolvemento dos nenos e nenas fomentando a participación,colaboración e implicación das familias.


Contamos con:

  • Unha Biblioteca chea de bos libros que nos acompañan no descubrimento do mundo, cultural e emocionalmente.
  • Un patio cheo de area,cubos, camións, troncos,árbores,cociña…. que conseguen que os nenos e nenas salgan ao patio todos os días con proxectos novos para levar adiante colaborando e xogando xuntos grandes e pequenos.
  • Unha horta ecolóxica que atendemos coa colaboración das nais. Aprendemos de onde veñen os nosos alimentos, a importancia dunha alimentación saudable e o respecto ao medio ambiente e a biodiversidade.
  • -Estamos moi preocupadas porque os nenos e nenas vexan a importancia dunha alimentación saudable. Facemos pan e iogur na escola para merendar, temos un menú de merendas para a semana. Nas festas ofrecemos froita e
  • Un Plan de Convivencia enfocado na prevención:
    -Facemos Asembleas periódicas con todas as alumnas e alumnos onde expoñen os seus problemas e preocupacións e buscamos solucións entre todos.
    -Traballamos en Talleres ( Horta, cociña, plástica, Música, Xogos Cooperativos...)nos que traballan en grupos nos que hai alumnos /as de 3 a 7 anos, xuntos , colaborando e aprendendo todos de todos.
    -Un plan para que os maiores acompañen aos pequenos nas saídas fóra da escola.
    - Educamos en igualdade aos nenos e nenas.
    -Un plan de mediadores e vixiantes do patio para axudar a resolver conflictos e ver que ninguén estea só e triste no patio.
  • Xuntos, aprendemos todos é un plan da escola para fomentar a participación das familias
    - Os amigos/as Contan : Os nais e pais están convidados a vir contar contos, explicar en que consiste o seu traballo ou calquera cousa interesante que queiran compartir con nós.
    - Colaboración na horta e actividades relacionadas.
    - Participación nas festas da escola
    -Xornadas de convivencia da Comunidade Escolar ( familias e mestras) un sábado a comezos de curso e outra na primavera.
    -Visita ao Salón do Libro e outras exposicións ou actividades interesantes algún día pola tarde con familias e mestras.


No hay comentarios: