domingo, marzo 17, 2013

Comunidade Educativa: Xuntos aprendemos todos.

Xogos populares e cooperativos.
Manualidades.



A nai duns ex alumnos fai as practicas
de animación do tempo libre na escola.
Todos estamos encantados de contar con ela.



viernes, marzo 15, 2013

ADMISIÓN CURSO 2013/2014

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2013/2014


Reserva de praza Do 18 ao 22 de marzo
O alumnado que continua no centro ten reserva de praza
automática no centro.

Sorteo público desempate 22 de marzo

Publicación vacantes 4 de abril

Presentación solicitude admisión Do 5 ao 17 de abril

Presentación documentación xustificativa
Do 22 de abril ao 3 de maio

Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos Até o 10 de maio

Publicación das listaxes definitivas Antes do 31 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP Do 20 ao 30 de xuño

Formalización de matrícula en ESO e BA Do 25 de xuño ao 10 de xullo

Prazo extraordinario de matrícula ESO e BA Do 1 ao 10 de setem

martes, marzo 12, 2013

II MOCHILA VIAXEIRA

MOCHILA VIAXEIRA PRIMARIA 2013 (2)

MATERIAL ADXUNTO:

  • REVISTA DE SEGURIDAD VIAL
  • O RÍO DOS GAFOS.
  • OS SENTIDOS.
  • COMER BIEN SABER COMER.
  • IDEAS DE BAIXO CONSUMO.
  • GUÍA DE SEPARACIÓN DO LIXO.
  • MI PRIMER LIBRO ECOLÓGICO.
  • ¿ CÓMO FUNCIONA NUESTRO CEREBRO ?



MATERIAL AUDIOVISUAL:

  • CD CAILLOU PUZZLES.
  • CD CUENTO DE ANASTASIA.


CADERNO DA MOCHILA, ONDE PODEDES ESCRIBIR OU DEBUXAR O QUE MÁIS VOS GUSTOU DO MATERIAL.


II MOCHILA VIAXEIRA


MOCHILA VIAXEIRA INFANTIL 2

MATERIAL ADXUNTO:

- Guia de separación do lixo.

- Revista Tráfico y Seguridad vial.
-Ideas de baixo consumo responsables e solidarias.
-A nosa horta. Guias temáticas. Xerais.

LIBROS:
  • Madrechillona. Jutta Bauer. Lóguez
  • La Habichuelas mágicas. Las tres mellizas.Barcanova
  • Os Bolechas queren saber como é un porto. Xunta de Galicia.
  • Os Bolechas queren saber como é a praza.

MATERIAL AUDIOVISUAL:

-CD Caillou ( Xogo das parellas)
-Os Bolechas.Animación.

CADERNO DA MOCHILA VIAXEIRA:

Pregamos que anotedes no caderno as vosas impresións sobre o contido da mochila e o uso que fxestes dela.



Esperamos que vos guste e que disfrutedes mergullándovos no mundo da imaxinación dos nosos libros!

martes, marzo 05, 2013

XUNTOS APRENDEMOS TODOS




A Comunidade Educativa APRENDE  e ao mesmo tempo ENSINA


Queremos  facer da escola o lugar onde aprender xuntos: Nenos/as, Pais e Nais e Mestres/as. 
 
A nosa escola proponse:
Brindar á Comunidade Educativa oportunidades de experiencias, 
de encontro e diálogo. Facer da escola un punto de encontro
onde os pais e nais que así o desexen poidan ampliar e reestablecer
as súas redes sociais, entrar en contacto con outras persoas que
teñen rapaces o seu cargo e que teñen situacións e retos moi parecidos.



Aumentar o tempo e calidade de convivencia e relación entre
nais/pais e fillos/as, así como de estes cos mestres/as.


Vivenciar espacios de encontro interxeneracional e
interinstitucional a través de e dinámicas lúdicas e cooperativas.


Disfrutar de alternativas de ocupación do tempo libre
máis saudabeis para os rapaces e adultos participantes.


Fomenta-la colaboración e implicación posterior
dos familiares co colexio e viceversa.

Propoñer actividades para conquerir os obxectivos xerais
propostos no P.E.C. tanto para os nenos/as como para as
familias dentro do programa “Xuntos, aprendemos todos”
de maneira que se reforze o traballado cos rapaces na casa e na escola.
Que a casa e a escola sexan complices que traballan na mesma
dirección.



Actividades:
- Un grupo formado pola nai dun alumno,
a nai dunha ex alumna e unha amiga da escola,
 están preparando todo para poder comezar a
 traballar na nosa horta un ano máis.

- Un grupo de nais, animado pola nai duns
 ex alumnos da escola, reúnense os martes
 pola tarde para facer traballos de manualidades e reparar
libros e materiais da escola.

Gracias a todas pola vosa colaboración e compromiso coa escola.
 

ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS CURSO 2013-14

Ante as numerosas consultas realizadas nos últimos días,
indícolle que até que salga publicada a Orde pola que se
desenvolve o Decreto 254/2012 non deben de realizar
ningunha actuación relativa ao proceso de admisión de
cara ao vindeiro curso. Hai que ter en conta que este decreto
derrogaba o Decreto 30/2007 e a Orde do 17 de marzo de
2007 polo que todos os prazos e actuacións relativas ao
proceso de admisión están derrogados.

Un saúdo

José María Alén de la Torre

Inspector de educación

miércoles, febrero 27, 2013

SALÓN DO LIBRO : "A toda máquina"


.O Robot contacontos despediuse dos nenos e nenas antes de partir, A toda máquina!!!!,  para participar no Salón do Libro.
Este ano o noso libro ten o formato dun kamishikai!!!!!


SALÓN DO LIBRO

Inauguración
XIV Salón do Libro - "A toda máquina!"sábado 2 de marzo ás 11:30 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: de balde
Máis información en www.salondolibro.org , Facebook e Twitter
O Concello de Pontevedra ten o pracer de convidar a vostede ao acto
 de inauguración do XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
"A toda máquina!"
que se celebrará o próximo sábado 2 de marzo de 2013 ás 11.30 horas,
no Auditorio do Pazo da Cultura conducido polo alumnado da Aula Folque Infantil.
A continuación Pavís-Pavós contarán contos nos espazos do Salón.

martes, febrero 26, 2013

KILÓMETROS DE SOLIDARIDAD


Participando no circuito os nenos e nenas consiguen
co seu esforzo, cartos para axudar a infancia do Sahel  
a poder gozar de alguns dos Dereitos   que tódolos nenos e nenas
do mundo deberían tener ( casa, comida, escola, roupa, familia....)
 
 

 
 
 
 

O alumnado ten que buscar na súa familia patrocinadores
para a carreira, teñen que apuntar no seu carnet quen lles
vai a dar cartos e canto por cada “ kilómetro”
( equivale a unha volta do circuito).



Os cartos recaudados se ingresan na conta de Save the children.

Despois faremos un acto de entrega de diplomas
de participación onde constará a cantidade recaudada.

Temos poucos alumnos/as no colexio e a nosa aportación
é pequena pero cremos que a acción de concienciación que
logra a actividade é moi grande.

Obxectivos:

  • Despertar o espíritu crítico e solidario do alumnado.
  • Concienciarse de que sempre podemos facer algo 
  • para mellorar as cousas e que o noso esforzo por facelo e importante
  •  e paga a pena.
  • Axudar aos nenos e nenas máis desfavorecidos e facer que se respeten os seus dereitos.
Os nosos alumnos/as teñen claro que en esta carreira ganamos todos/as.
Se alguén non pode, axudámoslle!!!!

viernes, febrero 22, 2013

FROITA COS CINCO SENTIDOS






2ª SEMANA DA FROITA

 
Hoxe Noa nos presenta unha receta familiar: Amorodos con zume de laranxa.
Coa axuda dos seus compañeiros /as, prepara a receta para merendar todos/as.
 

- Cortamos os amorodos en anacos pequenos.
-Botámoslles un pouco de azúcre e.....

-Zume de laranxa.

                                                  Está riquisssimo!!!! Todos memorizan a receta para dárllela na casa.

2ª SEMANA DA FROITA

 
 
HOXE MERENDAMOS AMORODOS



2ª Semana de reparto de froita na escola/ Plan Proxecta: Alimentos de orixe vexetal
Do 18 ao 22 de Febreiro, merendaremos froita na escola
LUNS – LARANXA
MARTES- KIWI
MÉRCORES – PLÁTANO
XOVES – PERA
VENRES – AMORODO
O Venres 22, ademais
  • Xogo dos 5 sentidos coa froita degustada

jueves, febrero 07, 2013

FESTA DE ENTROIDO


VENRES 8: Festa de Entroido.

Ás 11, disfrazámonos de “fetiches” ( robots ao servizo da bruxa Kiriku, unha das películas preferidas dos nosos/as alumnos/as).

Os fetiches foron confeccionados na escola polos alumnos/as con moita creatividade e reutilizando materiais como caixas de cartón , tapóns e moitas cousas máis...

Enfocamos o traballo do entroido dentro da motivación para a participación no Salón do Libro que esta edición leva o título de “A toda máquina”.

Merendaremos na aula de usos múltiples os deliciosos doces de entroido feitos polas familias dos alumnos/as.

Ao rematarmos a merenda imos desfilar ata o atrío acompañados pola policía local na nosa primeira actividade de Educación Viaria deste curso. Despois xogarán no Parque Infantil e volvemos á escola á hora da saída.

Tódolos pais/nais que poidades, estades convidados a participar na nosa festa.

Gracias pola vosa colaboración.

jueves, enero 31, 2013

ENTROIDO


Estámonos preparando para o entroido: A toda máquina!
Seremos "fetiches", os robots dunha das nosas películas preferidas:
"Kiriku"


Reutilizando materiais e utilizando a nosa imaxinación.

miércoles, enero 30, 2013

Día da Paz.

Construímos máquinas para a Paz.
Adiamos a carreira solidaria "Kilómetros de Solidaridad" Save the Children.
Cando mellore o tempo.  


BIBLIOTECA. Salón do Libro: "A toda máquina"

Na Biblioteca estamos lendo.....


“Máquinas” Chloé Poizat. Ed. Kalandraka. Col. Demademora.

“Seis barbudos” Mar Pavón/ Vitali Konstantinnov. OQO editora

“ O calcetín amarelo”. Mª Dolores Rial Fernández/ Ramón Trigo. Ir indo

“Non é unha caixa” Antoinette Portis. Faktoria K de Libros.

“El gran libro de los regalos mágicos” Nathalie Choux / Mandana Sadat/ Rémi Saillard. SM.

lunes, enero 28, 2013

miércoles, enero 23, 2013

FACEMOS A MERENDA CON MAMÁ

A mamá de Juan e María veu ao cole a preprar a merenda.
Merendaremos mandarinas e batido de aguacate.
Estas froitas son da casa da avoa de Juan e María.







Probamos os ingredientes:




INGREDIENTES BATIDO DE AGUACATE:

IOGUR
MEL
AGUACATE




Tamén merendamos mandarinas..... 

Nais, Pais, Animadevos a vir preparar unha merenda con froita ao cole. Será moi divertido e gratificante para tod@s.

lunes, enero 21, 2013

BIBLIOTECA.Recomendamos. Os amigos contan.....

Á Hora de Ler, Cristina recoméndalles
aos seus compañeiros/as de Infantil que lean Pinocho.

Cristina díxolles que non é o conto que máis lle gusta pero que pensou que poden aprender moito con él.

miércoles, enero 16, 2013

BIBLIOTECA: Recomendamos. Os amigos/as contan...

"Non quero ser un polbo"Francesa Chessa.
                  OQO, editora.
 

 

Clara recomendalles este libro que seguro, pola atención que prestan  van querer volver ler.

miércoles, enero 09, 2013

BIBLIOTECA: Recomendamos. Os amigos/as contan....

Os nenos e nenas de Primaria len para os compañeiros/as de Infantil os contos da Biblioteca que máis lles gusta. Recomendanlles a continuación que os levan a casa para que llos lean os seus pais/nais.
Hoxe Noa nos recomenda "Loboferoz" despois dunha excelente lectura na que fixo participar sen pestanexar aos pequenos.

martes, enero 08, 2013

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS XANEIRO 2013

PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Comeza o Plan de Adaptación á escola para os nenos e nenas que comezan en Setembro.

Biblioteca os martes pola tarde de 5 a 6.

Se coñecedes algún neno/a que entre para o ano, avísadelle a súa familia desta oportunidade de facerlle máis doada a incorporación á escola.



Comezamos o traballo para participar no Salón do Libro:“A toda máquina”.


VENRES 11 : Reunión da titora de Educación Primaria cos pais e nais dos seus alumnos/as. Ás 4 da tarde.

MARTES 15: Reunión da titora de Educación Infantil cos pais e nais dos seus alumnos/as. Ás 4 da tarde.

MARTES 29: Consello Escolar.



MÉRCORES 30: Celebramos o “Día da Paz”.
Carreira Solidaria. "Kilómetros de Solidaridad", Save the Children.