miércoles, mayo 18, 2011

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Actividade: -Os alumnos/as de E.P. Contanlle aos seus compañeiros/as de Educación Infantil que era o poeta Lois Pereiro axudados polos carteis.






-Actividades na pizarra dixital sobre o Día das Letras e o autor homenaxeado este ano.

-Simbolizando as Letras Galegas e o coidado que cada un lle ten que dar, levan para casa unha planta ornamental das que sementamos facendo un semilleiro.


miércoles, mayo 04, 2011

PREMIO AO COLEXIO DE VERDUCIDO

Entrega de premios as memorias do traballo de educación para o consumo na escola.
O noso proxecto: "Xogos e xoguetes,tempo de lecer"acadou un premio.
Noraboa a tod@s os que fixestes posible este traballo.!!!!

martes, mayo 03, 2011

VISITA DOS NOSOS SOCIOS COMENIUS

Agardamos impacientes a chegada a Verducido dos nosos socios Comenius. Mestr@s de Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía.


Visitaron as aulas, a biblioteca, o patio de recreo,
compartiron con nos a merenda e por suposto, a
horta ecolóxica cuxo proxecto compartimos durante
estes dous últimos cursos. 

lunes, mayo 02, 2011

AXENDA DA REUNIÓN COMENIUS EN VERDUCIDO

( Maio 3, 4, 5, 2011)

EEI.VERDUCIDO

AXENDA

( 20 profesores procedentes de finlandia, italia, eslovenia e turquía)

LUNS 2 DE MAIO

Recollémolos na estación de tren ou bus cando cheguen e os levamos ao seu aloxamento no Hotel Ruas. Cea no hotel ou nalgún dos múltiples bares e restaurantes cercanos.

MARTES 3 DE MAIO
  • 8:45 Reunímonos no hall do hotel
  • 9:00 visita ao Mercado Municipal       
  • 9:30 un microbús os recollerá na parada do mercado para ir a Verducido.
  • 10:00 Presentación das mestras da escola, dos nosos convidados e dos alumnos/as. Visitamos as instalacións da escola e a horta.
  • 11:30 Café na escola cos alumnos/as e mestras.
  • 12.30 Visita á escola de hostelería “ IES Carlos Oroza”
  • 14:00 Comemos na escola de hostelería.
  • 16:30 Reunión no Pazo de Cultura , Seminario nº3 . Meeting final: exposición de ppt´s cos traballos do proxecto deste curso.. Falaremos tamén dos nosos sistemas educativos, non moi formal, as nosas dudas e curiosidades sobre a organización e funcionamento dos sistemas educativos nos diferentes países socios..
  • 19:00 Tempo libre para visitar a cidade, facer compras....e despois cear “tapas”

MÉRCORES 4 DE MAIO

         09:00 Recollémolos no hotel, imos paseando polo casco vello da cidade
         10:00 Visitamos o CEIP. “ Froebel “
  • 11:00 Café.
  • 12:00 12:45 Visita ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais.
  • 13:00 Recibimento polo alcalde no Concello.
  • 14:30 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
  • 16:00 a 20:00 Visita ao Museo da salga e a pesca no Grove. Paseo polo Grove e visita a Combarro.
  • A esta hora os coordinadores do proxecto reúnense para redactar a memoria final.  Ao remataren encontaránse co grupo en Combarro.  

XOVES 5 DE MAIO
  • 9:30 O autobus que virá de Verducido, os recollerá na parada do Mercado.
  • 10:00 Visita á Misión Bióloxica de Galicia, pertence ao CSIC ( Consello Superior de Investigacións Científicas – Galicia) Os profes Comenius terán unha visita guiada ao centro e os nenos/as da escola, participarán en Talleres preparados para eles polos cientificos do centro.
  • 11:30 Café na Misión
  • 14:00 Comida no comedor da Facultade de Ciencias Sociais.
  • 16:00 to 18:00 Tempo Libre
  • 18:30 Visita ao Conservatorio Profesional de Música Manuel “Quiroga” onde asistiremos a unhas audicións.
  • 20:30 Despedida cunha merenda na cafetería do Conservatorio.
  • Remataremos sobre as 11:00.

VENRES 6 DE MAIO

Á hora que o precisen levarémolos ao tren ou bus.


domingo, mayo 01, 2011

PLAN DE TRABAJO COMENIUS

PLAN DE TRABAJO       COMENIUS
PRIMER CURSO ESCOLAR: 2009/2010

HORTA ESCOLAR ECOLÓXICA

  • Estudio da agricultura da zona.
  • Produtos do outono. Exposición de produtos propios da zona.
  • Intercambio cos nosos socios de diversas sementes ou plantas.
  • Toma de decisións acerca de que produtos podemos cultivar nos.
  • Calendario de plantacións ( Cada país ten que facer o seu)
  • Compost: iniciación da fabricación de compost que continuará ao longo do proxecto.
  • Exposición teórica: charlas a alumnos e pais/nais sobre o compost.
  • Preparación dos lugares nos que imos facer os nosos cultivos: xardíns , macetas
  • Iniciación do diario da horta que vai seguir ao longo de todo o proxecto
  • Creación do Consello da Horta: formado por persoas da comunidade escolar que poidan aportar coñecemento e experiencias ao noso traballo. Este consello continuará ao longo do proxecto.
  • Cultivo de productos da zona
  • Cultivo de plantas procedentes dos países socios
  • Coidado das plantas cultivadas.



Alimentación saudable

  • A pirámide dos alimentos
  • Enquisa sobre hábitos de alimentación.
  • O almorzo, almorzo saudable ( froitos secos,mel, iogur feito na escola)
  • O almorzo nos distintos países socios.
  • Alimentación saudable: a merenda na escola.
  • A merenda nos países socios.
  • Merendas na escola: outono: froitos secos,mel, iogur feito na escola)

inverno: degustación de froitos de inverno:cítricos.

  • O xantar: O xantar nos distintos países.

SEGUNDO CURSO ESCOLAR: 2010/2011

HORTA ECOLÓXICA

  • Recolleita dos productos cultivados.
  • Estudio das causas que influíron nos resultados máis ou menos satisfactorios do noso traballo ( o clima, coidados prestados)
  • Estuio comparativo do desenrolo dos productos da nosa zona e dos productos procedentes dos países socios.
  • Estudio comparativo dos productos cultivados en cada país mediante presentacións en power point, vídeos...
  • Exposición dos productos cultivados.
  • Elaboración dunha ficha das plantas da zona: nome popular en idioma propio e idioma da asociación.nome ciéntifico, época para plantar e recollar, coidados que precisa, pragas ou enfermidades...
  • Elaboración ficha de traballo para os alumnos/as na que se resuma o traballo realizado
  • Cultivo da horta procurando non cometer os erros que se poideran cometer o ano anterior e que constarán no diario da horta.
  • Intercambio entre as escolas das fichas realizadas das plantas.
  • Exposición das diferentes fichas recibidas dos países socios.
  • Elaboración dunha unidade didáctica para aplicar en tódalas áreas.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

  • Degustación dos productos da nosa horta.
  • Estudio comparativo dos hábitos alimenticios dos países socios.
  • Recopilación de receitas de cociña.
  • Intercambio de receitas de cociña entre os alumnos/as das escolas asociadas

martes, marzo 29, 2011

DÁLLE Á LINGUA

 “Dálle á lingua”, programa de Onda Cero en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra.

O programa “Dálle á lingua” de Onda Cero veu hoxe a gravar á escola.



         Os nenos/as tiñan preparadas adiviñas, sortes, poesías e cancións.

O programa emítese de luns a venres ás 11:55 na frecuencia 95´3 FM

O programa do noso colexio sairá para o mes de Xuño, xa nos avisarán a data exacta.



Obxectivos:

Ver como gravan para un programa de radio.

Ser capaces de aprender de memoria unha pequena aportación para o programa e superar os nervios de decilo diante do micrófono.

jueves, marzo 17, 2011

CONTAESCOLAS

1ª Sesión do programa Contaescolas na Bibloteca do colexio. 
Programa de Animación á Lectura do Concello de Pontevedra a cargo de Migallas Teatro. OBXECTIVOS:
-Proporcionarlles experiencias que os estimulen e prendan a súa curiosidade, que lles proporcionen vivencias que enriquezan a súa expresión global, tales como saídas escolares, correspondencia escolar, achegamento a linguaxe audiovisual, intercambios ... e LIBROS, MOITOS LIBROS DE CALIDADE e experiencias de calidade cos libros como centro de interese.


 


Hay que ter en conta que a estas idades gustan e de feito precisan da repetición, para aprender.



       -Proporcionarlles experiencias que estimulen e enriquezcan a súa expresión oral, que é en definitiva o elemento integrador de tódalas súas vivencias e experiencias e que vai favorecer enormemente a aproximación á linguaxe escrita.


      -Proporcionar aos nenos/as experiencias de calidade arredor do libro e a lectura.





“Xaime e as landras”

“Confundindo historias”

“ O oso fabuloso”

“A casa da mosca chosca”

viernes, febrero 18, 2011

OS AMIGOS CONTAN

Oficio: Artistas
Knud Plambeck, escultor e Alexa Grande, pintoranos visitan na escola para falármonos do seu oficio.
-Nos tamén somos artistas dixeron a coro os nenos e nenas cando lles anunciamos a visita.
-Si, pero eles son profesionais, é o seu oficio......dixo unha nena.

domingo, enero 30, 2011

DIA DA PAZ

Celebramos o Día da Paz na Ferrería con tódolos colexios de Pontevedra.
"Entre todos construímos a Paz"

martes, diciembre 21, 2010

jueves, diciembre 09, 2010

OS AMIGOS CONTAN

A nai de Alba, que é hixienista dental, veu á escola a contarlles que fai no seu traballo. Escoitaron con moita atención e fixeron  un montón de preguntas interesantes. Foi seguro unha experiencia moi enriquecedora para todos.
Gracias pola vosa colaboración!!!



jueves, noviembre 18, 2010

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS/AS


Unha carreira na que este ano,  gañan os nenos e nenas de Haití.
Co seu esforzo colaboran para poder enviar unha axuda aos nenos e nenas de Haití que están en tan mala situción despois do terremoto. Corren por eles e buscan patrocinadores entre os seus familiares para os seus kilómetros de solidaridade.


lunes, noviembre 15, 2010

FESTA DO OUTONO

Merendamos queixo con marmelo que fixemos na escola cos marmelos da nosa árbore. Unhas nais asaron  castañas para a festa.
Exposición de calacús decorados e de diferentes tipos de cabazas.





miércoles, noviembre 03, 2010

CAMIÑO PORTUGUÉS. PONTEVEDRA


Os pequenos pelegrins seguiron as frechas amarelas
e buscaron as cunchas.
Seguindo a tradición do Camiño fixeron amizade
con outros camiñantes, rapaces e rapazas dos colexios
 de Xeve e Campañó. Posted by Picasa

sábado, junio 05, 2010

FAISE CAMIÑO. Sendeiro Natural Fervenza do Toxa. Carboeiro

Xornada da convivencia da Comunidade educativa.
Visitamos Castrolandín en Cuntis.
Percorrimos e observamos a natureza do sendeiro natural dende o Mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do Toxa.

viernes, junio 04, 2010

DIA MUNDIAL DO ,MEDIO AMBIENTE

Mañan, é o Día Mundial do Medio Ambiente.
Celebrámolo levando a casa para coidar dela,
 unha planta de "caravel chinés"
 do semilleiro que fixemos na escola.

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Estamos preparando a pirámide dos alimentos.

jueves, junio 03, 2010

VISITAMOS A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

Visitamos a Misión Biolóxica de Galicia que é o centro máis antigo do CSIC ( Consello Superior de Investigacións Científicas) en Galicia.
Realizan investigacións e traballos científicos relacionados cos problemas da agricultura galega.