martes, noviembre 20, 2012

A importancia da alimentación. A orixe dos alimentos: Alimentos de orixe vexetal.

INTRODUCCIÓN

Despois de que o curso pasado traballaramos os alimentos de orixe animal, este curso para completar o ciclo nos plantexamos traballar sobre

os alimentos de orixe vexetal.Consideramos importante este traballo para preparar ao noso alumnado para ser capaces de escoller unha

alimentación sá, variada e equilibrada ( educación para á saúde e educación para o consumo ).

Queremos que o noso alumnado coma máis froita e verdura e sabemos que a estas idades aprenden o que ven e o que practican, é por iso que

nos pareceu oportuna a participación neste proxecto.

O noso obxectivo fundamental é que coman habitualmente froita e verdura e con este proxecto interdisciplinar ímoslles ofrecer múltiples

oportunidades e razóns para facelo.



OBXECTIVOS
 
 
- O noso obxectivo fundamental é que os nenos e nenas coman habitualmente froita.
- Concienciar as familias da importancia de que os nenos e nenas coman froita de maneira habitual.
- Identificar a orixe dos alimentos: vexetal e animal.
- Recoñecer a necesidade dunha alimentación sá e variada.
- Recoñecer que nos relacionamos co contorno a través dos sentidos.
- Adquirir hábitos de alimentación saudables.
- Identificar os sentidos.
- Relacionar cada sentido co órgano correspondente.
- Adquirir hábitos beneficiosos para a saúde.
- Recoñecer a necesidade dos traballos dos agricultores e gandeiros para a obtención de alimentos.
- Respectar e coidar as plantas.
- Valorar as nosas festas e costumes.
 
 
ACTIVIDADES:


Todo o curso:
 
- Traballo na horta ecolóxica.
- Mochila viaxeira con libros e información para as familias sobre alimentación.Cada semana viaxa á casa dun alumno/a, no caderno da mochila
deixan anotadas as súas impresións...
- Charla interesante sobre alimentación para as familias a poder ser a cargo dalgún membro da comunidade educativa.
 
1º Trimestre
- - Reunión coas familias para presentarlles o proxecto e solicitarlles a súa participación, colaboración e complicidade.
- Festa do Outono: Xornada de convivencia da Comunidade Educativa o sabado 17 de Novembro no Pontillón. Exposición e degustación de
froitas de Outono, asamos castañas.
- Asistimos ao teatro: "Magic Beans" o 13 de Novembro.Obra de teatro en inglés sobre un conto popular relacionado co tema.
- Visitamos o Mercado Municipal.a venda. 13 de Novembro.
- Reparto de froita entre o 26/11/2012 e o 02/12/2012
- Xogo dos 5 sentidos coas froitas repartidas cada día.
- Coa axuda das familias, o último día faremos brochetas coas froitas repartidas.
- Problemas de alimentación: a celiaquía. Charla para o alumnado e as familias a cargo da Asociación de celíacos de Galicia. Temos un neno
celíaco.
 
2º Trimestre.
- Reparto de froita entre o 18/02/2013 e o 24/02/2013.
- Xogo dos 5 sentidos coas froitas repartidas cada día.
- Coa axuda das familias, o último día faremos macedonia de froitas.
- Traballaremos na Biblioteca o libro de Carlos Fontes: "Poemas con piruleta" invitamos ao autor a compartir as súas impresións cos nenos/as o
Día do Libro.
 
3º Trimestre.
- A pirámide dos alimentos.
- Visitaremos en Maio a zona de fruticultura do Areeiro.
 
 
 
 
METODOLOXÍA
 
- Zona de desenvolvemento próximo:
Ir proporcionándolles aos alumnos/as experiencias e actividades que lles fagan dar o paso ao seguinte estadio: conflictos cognitivos.
- Asegurar a construcción de aprendizaxes significativas:
Os novos contidos han de relacionarse de xeito significativo cos que os alumnos xa saben, chegando a integrarse na estructura cognitiva do
individuo e sendo capaz de modificar a estructura citada.
- Aprender na acción :
Os nenos serán os principais protagonistas da súa aprendizaxe, para o que levarán a cabo tanto unha actividade manipulativa coma
intelectual.
- Afectividade:
Ofreceráselle aos nenos un clima cálido, seguro, onde se sintan queridos, aceptados e onde poidan ser eles mesmos, actuando con liberdade
e aportando ideas para colaborar no proceso educativo.
- Aprendizaxe cooperativo:
Aprendemos en colaboración cos nosos compañeiros/as nunca en competencia cos outros.
- Complicidade escola-familia:
É importante que a escola busque e manteña unha axeitada e estreita relación coa familia, para que os dous ámbitos que máis inflúen na
educación dos nenos colaboren na transmisión de coñecementos e non haxa contradiccións que dificulten a correcta adquisición das
aprendizaxes axeitadas.
- Desenvolver a creatividade nos nenos/as:
Daremos sempre prioridade á resposta do alumno/a, non esperando respostas "correctas", respostas únicas e estereotipadas.
- Prevención e compensación desigualdades:
Propoñendo, ao longo de todo o proxecto, diferentes actuacións dirixidas á diversidade de peculiaridades persoais, momentos evolutivos e
ritmos diferentes de aprendizaxe.
A escola tentará compensar as desigualdades de partida. Os nenos/as non escollen as familias onde nacen nin as súas peculiaridades,
características e circunstancias. A escola pública ten que intentar ser o lugar onde se poidan compensar esas desigualdades, nunca
profundizarlas nin resaltalas.


AVALIACIÓN:

- Comprende e valora a necesidade de levar unha dieta sá.

- Clasifica os alimentos segundo sexan de orixe animal ou vexetal.

- Recoñece a necesidade de tomar un bo almorzo.

- Identifica os cinco sentidos e relaciónaos cos órganos correspondentes.

- Explica o que percibimos con cada sentido.

- Recoñece que os agricultores e gandeiros traballan para obter alimentos.

- Identifica as actividades que realizan as persoas para cultivar plantas.

- Recoñece as plantas como fonte dalgúns alimentos.

- Respecta e coida as plantas.

- Recoñecer algunhas manifestacións culturais presentes no ámbito escolar, local e galego, valorando a súa diversidade e riqueza.

 

No hay comentarios: