Actividade: Visita dos maiores da residencia de Campolongo.
Estas persoas maiores vanlles contar contos aos meniños/as.
Organiza: ENL, de forma conxunta cos ENL dos colexios de Campañó, Lérez e Xeve.
Obxectivos: - Relacionarse coas demais persoas, de forma cada vez mais equilibrada e satisfactoria, interiorizando progresivamente as pautas de comportamento social e axustando a súa conduta a ellas.
- Coñecer distintos grupos sociais próximos a súa experiencia, algunhas das súas caracteristicas, producións culturais, valores e formas de vida.
´ - Establecer relacións de confianza, afecto, colaboración, comprensión e pertenza baseados no respecto ás persoas, ás normas e valores da sociedade á que pertencen.
- Utilizar e valorar progresivamente a lingua oral para evocar e relatar feitos; para adquirir coñecementos; para expresar e comunicar ideas, sentimentos e emocións; para facer peticións e como mecanismo para regular a propia conduta e das demais persoas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario