sábado, marzo 21, 2015

FESTA DA NATUREZA: CAMELIAS

     A Asociación Son de Xeve, presentouse o 21 de Marzo cunha festa da natureza. Convidaron a escola de Verducido a estar presente nunha exposición que se fixo na nova Casa de Cultura sita na Parroquia se Santa María de Xeve.
     A nosa aportación tivo diferentes  propostas,  para os nenos e nenas e  para as familias.


   -Os nenos e nenas de Primaria crearon historias a partires do que coñeceron sobre as camelias.
   -A tódolos nenos e nenas da escola ( entre 3 e 7 anos) lles propuxemos copiar do natural con acuarelas un floreiro con camelias.


 
 
 
-As familias, propuxémoslles facer un inventario das camelias da parroquia.
 

viernes, febrero 27, 2015

FESTA DA FROITA : PREPARAMOS A MERENDA

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FestaDaFroita02?authkey=Gv1sRgCJDQgbGaocnIcA


Hoxe cociñamos nós.
Preparamos a merenda:
-Amorodos con iogur ou zume de laranxa.
-Kiwi con iogur ou zume de laranxa.
-Batido de aguacate con iogur.

QELevamos uns anos participando no programa do FOGGA de reparto de froita fresca na escola e o curso pasado os pais e nais da escola decidiron que unha semana ao mes cando non hai reparto do FOGGA a patrocinan eles. Desta maneira, unha semana ao mes merendan froita. ">https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FestaDaFroita?authkey=Gv1sRgCKPkoaKdq-2t0QE
Levamos uns anos participando no programa do FOGGA de reparto de froita fresca na escola e o curso pasado os pais e nais da escola decidiron que unha semana ao mes cando non hai reparto do FOGGA a patrocinan eles.
Desta maneira, unha semana ao mes merendan froita.
 

jueves, febrero 12, 2015

ADIVIÑA DE QUE NOS IMOS DISFRAZAR?

 Todo preparado: brazaletes, escudos, máscaras...casa




Os nenos e nenas levan días traballando preparando o necesario para o seu disfrace.
Hoxe á tarde nais e pais coa profe preparan unha sorpresa para completalo.

jueves, enero 29, 2015

DÍA DA PAZ / KILÓMETROS DE SOLIDARIDAD

http://www.savethechildren.es/carrera/


Para celebrar o Día da Paz, participamos na Carreira Solidaria. Quen gaña?
Todos!!!!!Nós e os nenos e nenas de Malí.
Nós, porque participamos nunha actividade excepcional de aprendizaxe- servizo. Aprendemos e investigamos sobre Africa, aprendemos que é a solidaridade e practicámola.

miércoles, enero 28, 2015

POMELO

"Pomelo es elefantástico"
Este pequeno elefante vive na horta e nos fai vivir cantidade de aventuras relacionadas con ela.
Forma parte dunha serie que iremos vendo.

jueves, enero 22, 2015

INVESTIGAMOS E APRENDEMOS SOBRE AFRICA

KIRIKU Y LA BRUJA
KIRIKU Y LAS BESTIAS SALVAJES
Con estas películas aprendemos moitas cousas.

Disfrutamos bailando e cantando estas cancións infantis africanas.

jueves, enero 15, 2015

INVESTIGAMOS E APRENDEMOS SOBRE AFRICA

Vanessa, a nai de Valeria veunos contar como levan as mulleres africanas aos seus fillos.
Vimos e practicamos como facer os portabebés coas preciosas teas africanas que trouxo para ensinarnos.


miércoles, enero 14, 2015

HORTA ECOLÓXICA

 Nonón e Aurea, nai dunha ex alumna unha e nai dun alumno outra , preparan as actividades na horta para cada semana. Cando chove traballamos na sala de usos múltiples preprando algo para a horta.




lunes, enero 12, 2015

II SEMANA DA FROITA

Esta semana merendamos froita: mandarina, pera, laranxa, plátano e mazán.
Probamos tamén as MAZÁNS ASADAS. Algúns xa as probaran e outros non. A algúns gustáronlles e a outros non.

lunes, diciembre 15, 2014

miércoles, diciembre 10, 2014

EL HUERTO DE JUAN

El huerto de Juan ya hace tiempo que da pocos frutos. Él y su padre quieren mucho a la tierra y empiezan a observarla y a cuidarla, igual que a los animalillos que viven en ella. Pronto verán que su esfuerzo no es en balde, y poco a poco su huerto volverá a estar lleno de vida. Este libro nos ofrece una mirada poética al proceso de regeneración de la tierra y nos recuerda que, si la cuidamos, recibiremos la mejor cosecha. 


Os libros da nosa Biblioteca tamén nos acompañan no noso proxecto da horta.                                                             

lunes, diciembre 08, 2014

OBRADOIRO DE BONECOS CON CAROZOS E FOLLATO DE MILLO

VENRES 12 DE DECEMBRO  A partires das 12:00, nais, pais, avós, avoas...amigos/as do cole estades convidados a participar nun Obradoiro de bonecos confeccionados con carozos e follato de millo.
Tamén aprenderemos a facer castelos con carozos, as construccións coas que xogaban os nenos e nenas na aldea antes de que chegaran as de madeira e plástico...

NO NADAL NON TODO É MERCAR !!!!!!
Dende o proxecto da escola:" Horta ecolóxica e alimentación",  propoñemos esta actividade que pretende crear espazos de convivencia, colaboración e participación de toda a Comunidade Educativa na escola.
Neste proxecto habitualmente colaboran a nai dunha ex alumna da escola e a nai dun alumno actual, ademais de outras colaboracións puntuais e sempre benvidas.

 
 
Queremos  compartir un tempo de calidade cos nenos e nenas arredor do millo,
un producto tan importante na nosa aldea, desenvolvendo a creatividade e aprendendo a valorar e desfrutar aspectos do noso patrimonio cultural.

miércoles, diciembre 03, 2014

FACEMOS IOGUR

 
 
 
 
 
Cando comeza o frío e encendemos a calefacción, facemos iogur cada semana para merendar os venres.
 Cada equipo se encarga de mezclar o iogur co leite, mezclalo ben e poñelo no radiador para que calle.Ao día seguinte deixámolo arrefriar e gardamolo na neveira para o venres.  
 Aprendemos na acción sobre a transformación dos alimentos.
 

miércoles, noviembre 19, 2014

DEREITOS DA INFANCIA

Os debuxos dos nosos compañeiros/as  de 1º de Primaria:
Zaira Boga Dios
Marcos Goldar Portela
Aroa rey Dios 
foron seleccionados para participar nunha exposición que co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, se vai celebrar na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte.

Estamos todos convidados a visitar esta exposición a partires de mañan.
Máis información neste enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2014/11/18/cubo-reivindicar-derechos-nino/0003_201411P18C2993.htm

martes, noviembre 18, 2014

MISTERIO NA HORTA

A Biblioteca acompaña o noso traballo na horta.
Este libro fixo as delicias dos nenos e nenas.
Víronse reflexados no neno que sae á horta coa súa lupa
disposto a investigalo todo.

viernes, junio 20, 2014

SORPRESA FESTA FIN DE CURSO

A nai de Diego, ensínoulle a un grupo de nais e pais a preparar o conto " Sopa verde"en Teatro de Sombras.
O público disfrutou e os que o fixeron doblemente, facendoo e vendo o éxito da súa representación.



martes, junio 17, 2014

viernes, mayo 16, 2014

DALLE A LINGUA


Nas vacacións de Semana Santa, os nenos/as recolleron entre as súas familias, refráns, ditos, adiviñas, cantigas.... sobre a horta.

Con todo isto, imos facer un Libro da Hortan no que tamén reflectiremos o traballo na horta do noso colexio.

Atopamos de moita utilidade os consellos sobre cando, como e onde sementar que nos transmiten estas narracións orais que recollemos, pensamos que é necesario que a transmisión continue e que os nosos alumnos sexan depositarios celosos gardas e orgullosos transmisores desta sabiduría popular.

Escollemos algúns para compartilos na radio no programa de Onda Cero.



Esta é unha actividade proposta polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, consiste en que persoal de Onda cero, desprázase aos centro a gravar aos nenos /as para un programa semanal que se emite de 11:50 a 12:00 do luns 2 de Xuño ata o venres 6. Podedelo escoitar en directo: na radio no 103.6 fm.











martes, mayo 06, 2014

EDUCACIÓN VIAL

Ao longo do curso, a Policia Local  visitounos na escola para apoiar o traballo de Educación Vial  e contarlle aos nenos e nenas como comportarse como peóns e cando circulan en bicicleta.
Hoxe acudimos ao circuito de Educación Vial en Mollabao para poñer en práctica os seus coñecementos. Aprendemos na acción.