miércoles, octubre 30, 2019
lunes, octubre 28, 2019
BIBLIOTECA ESCOLAR VIVEIRO DE CIDADANÍA
Data:
Xoves 24 de Outubro / Luns 28 de Outubro
A
partires das 12:15 na Biblioteca da Escola
Actividade:
-
Exposición de Libros do Mundo na Biblioteca da Escola.
-
Nobugh, o pai de Nebrás veu á escola a ler para os nenos e nenas
pequenos contos en árabe, ruso e italiano.
-
Facemos un marcapáxinas reutilizando os plásticos sobrantes de
plastificar, debuxando con rotuladores permanentes e con pegatinas.
Xogan coa transparencia do soporte.
A
data foi comemorada por primeira vez en Outubro de 1999.
Este
día ten como obxectivo destacar a importancia das Bibliotecas
Escolares na educación, asi como promover o gosto pola lectura.
As
bibliotecas escolares desempeñan un papel moi importante nas escolas
e son un vehículo de transmisión de coñecemento, non só a través
dos libros mais tamén das actividades que aqui se desenvolven.
lunes, octubre 21, 2019
A NOSA ESCOLA NA ALDEA
Apañamos castañas na finca de Helena, unha amiga da escola.
Visitamos esta finca con gran variedade de árbores,fomos dando un paseo ata alí dende a escola nunha maña solleira despois da merenda. Puxemos a proba a nosa habilidade de apañadores de castañas e Julio, o pai de Helena, fixo coroas para os que atoparon a castaña máis grande e tamén para o que apañou a máis pequena.
E, sorpresa final, a casa de Helena é unha casa con moita música e deixounos tocar un pouquiño o seu piano. Voltamos felices á escola despois desta experiencia que nos proporciona o noso contorno e os bos e xenerosos amigos da nosa escola na aldea.
Visitamos esta finca con gran variedade de árbores,fomos dando un paseo ata alí dende a escola nunha maña solleira despois da merenda. Puxemos a proba a nosa habilidade de apañadores de castañas e Julio, o pai de Helena, fixo coroas para os que atoparon a castaña máis grande e tamén para o que apañou a máis pequena.
E, sorpresa final, a casa de Helena é unha casa con moita música e deixounos tocar un pouquiño o seu piano. Voltamos felices á escola despois desta experiencia que nos proporciona o noso contorno e os bos e xenerosos amigos da nosa escola na aldea.
miércoles, septiembre 25, 2019
FOLGA MUNDIAL POLO CLIMA
O Venres 27 de Setembro a
Escola de Verducido súmase á Folga Mundial polo clima.
Dende que comezamos as aulas
fómonos concienciando deste grande desastre.
O venres ás 13.45 no patio
da escola ides poder ver un resumo do noso traballo no mural
reivindicativo que mostraremos, estades convidados a participar nesta
xornada.
Faremos
entrega do
Compromiso
residuos cero nas merendas, que
levarán á casa para que asinen as familias e o luns o traen á
escola para asinar cada neno e nena diante dos compañeiros/as.
Este
compromiso consiste en procurar que as nosas merendas non veñan
cubertas de plástico, aluminio… e se traemos auga ou zume, que
veña nunha botella reutilizable, por exemplo.
CAMBIAR
O MUNDO É COUSA DE NENAS E NENOS!!!!!!!!!!!!!!
lunes, septiembre 09, 2019
BENVIDA CURSO 2019-2020
REUNIÓN
COAS FAMILIAS XOVES 5 DE SETEMBRO ÁS 20:00
COMEZAMOS O
MÉRCORES 11 ÁS 9:00 CUNHA BENVIDA XERAL PARA NENOS/AS E FAMILIAS NA
AULA DE INFANTIL
- Presentación das mestras para o curso
2019-20
Titora 1º e 2º de Primaria. Maica Cotelo Cancela
Titora E.Infantil 4º,5º e 6º. Raquel Mera Dios
Inglés: Isabel Moure
AL: Naiara Tomé
Orientación: Soraya Cortizo
Relixión: Manuel Pampín
1.-Pregamos puntualidade e seguir o menú de
merendas semanais establecido pola escola.
2.-Lembrade que ás 8:45 hai unha mestra de garda
na súa aula por se precisades que o/a neno/a quede na escola. Esta
semana estará Raquel de garda.
3.-Tamén lembrade que temos cadeiras elevadoras
para o coche por se alguén a precisa en algún momento.
4.-PLAN DE ACOLLIDA EN SETEMBRO: Os nenos e nenas
de INFANTIL entraran en duas quendas, uns ás 9:00 e outros ás 9:20
según preferencia das familias.
5.-Os Martes pola tarde a partires de Outubro,de 5
a 6 da tarde, a Biblioteca da escola está aberta para todos. Tamén
haberá un Taller de monicreques que xestionaremos entre mestras e
pais e nais do alumnado e teremos tamén charlas e encontros para
nais e pais sobre temas de interese para a educación dos nenos/as.
6.-Educamos con respecto para o respecto, sen
premios nin castigos, cos límites que o respecto polos demais, por
si mesmos e polos bens que os rodean precisan.
7.-Dende os 3 anos os nenos e nenas teñen para
casa DEBERES: LER, todos os días.
Ao principio serán os adultos os que teñen que
ler para eles todos os días sen falta, pouco a pouco irán os nenos
e nenas lendo para os pais/nais:TODOS OS DÍAS.
8.- Continuaremos na escola co proxecto da Horta
Ecolóxica e Alimentación, traballaremos arredor do HUMOR, tema
proposto polo Salón do Libro e o noso Proxecto Xeral da Escola para
este curso será : A NOSA ESCOLA NA ALDEA, coñeceremos a contorna
da escola,e a vida na aldea. Faremos un inventario de recursos
medioambientais, patrimoniais, persoais..para a nosa investigación.
Agradecemos a colaboración de toda a Comunidade
Educativa de Verducido para o éxito deste proxecto para este curso.
BENVIDOS AO
CURSO 2019-20
martes, junio 04, 2019
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Durante a Semana do 3 ao 7 de Xuño, celebramos na escola de Verducido o
Día Mundial do Medio Ambiente cun intercambio de plantas e sementes.
Convidamos a toda a Comunidade Escolar a participar.
De 9:00 a 14:00 horas pasade polo colexio. Nos soportais da entrada temos plantas e sementes que proveñen da horta da escola. Podedes levar o que poidades plantar.
Participade nesta experiencia, para ser feliz hai que compartir. Queremos que os nosos nenos e nenas sexan felices e aprendan a compartir.
Convidamos a toda a Comunidade Escolar a participar.
De 9:00 a 14:00 horas pasade polo colexio. Nos soportais da entrada temos plantas e sementes que proveñen da horta da escola. Podedes levar o que poidades plantar.
Participade nesta experiencia, para ser feliz hai que compartir. Queremos que os nosos nenos e nenas sexan felices e aprendan a compartir.
miércoles, mayo 22, 2019
NACERON OS PITI´ÑOS
Despois de moito agardar, por fin naceron os pitiños na clase de Infantil de 4 e 5 anos.
Cando medren un pouquiño faremos un sorteo para levalos á casa e podelos coidar.
XUNTOS APRENDEMOS TODOS /" AS/OS AMIGOS CONTAN"
Esta
actividade consiste en convidar aos amigos/as da nosa escola (
familias, veciños...) a vir ler, contar contos, experiencias, cousas
relacionadas cos seus traballos ou aficcións aos nenos e nenas da
escola.
Obxectivos:
Crear
na escola oportunidades de participación para a Comunidade
Educativa creando así un clima de colaboración e complicidade
entre a escola e a familia que tanto vai favorecer aos nenos e nenas
no seu desenvolvemento: Todos aprendemos e ensinamos.
Animar
aos nenos e nenas a ler, proporcionándolles modelos de lectura.
Animar aos nenos e nenas a participar e colaborar coa comunidade tendo aos seus pais como modelos.
Da súa man coñecimos títulos marabillosos e moi recomendabeis :
- A chave dos soños.
- El caballero que no quería luchar
- Bágoas debaixo da cama
- Cuando las niñas vuelan alto
-El jardín curioso. -
A comunidade Educativa aprende e ensina.
-
Utilizamos os recursos dispoñibles na Comunidade para apoiar a aprendizaxe.Facemos un inventario de recursos persoais, patrimoniais, paisaxisticos, etc.
miércoles, febrero 13, 2019
O NOSO PROXECTO EDUCATIVO
A
EEI. De VERDUCIDO, escolariza nenos e nenas dende 3
a 7 anos ( 2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria).
O
horario é de 9 a 14 horas.
Se
algunha familia o precisa temos un plan de garda para que os nenos/as
poidan quedar na escola ás 8:45.
Non
temos servizos complementarios: transporte nin comedor.
Os
martes pola tarde poden acudir á Biblioteca.
Plan
de acollida e adaptación para os nenos e nenas e as súas familias:
A
partires do 26 de marzo podedes vir cos nenos e nenas á Biblioteca
da escola de 4:30 a 5:30 da tarde. Durante o mes de xuño, poden vir
ao recreo de 11:30 a 12:00. Non é obrigatorio asistir sempre pero
aconsellamos vir algunha vez para que tanto eles como vós nos
coñezades e que no mes de setembro sexa máis doado para todos esa
separación para comezar unha nova etapa na vida de toda a familia.
Vos
convidamos a visitar o colexio os martes 19 e 26 de febreiro pola
tarde de 4:30 a 5:30 para que nos poidades coñecer mellor.
Prazo
de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de Marzo.
Teléfono:
886151589
O
noso Proxecto Educativo
-
O respecto e o diálogo son a unidade de medida nas relacións entre
todos os membros da Comunidade Educativa. Educamos aos nenos e nenas
con respecto e diálogo para que aprendan a respectar e dialogar.
-
Acompañamento, estimulación e motivación ao alumnado no proceso
de aprender a aprender e construir o seu coñecemento e adquisición
das ferramentas instrumentais ao longo de toda esta etapa,
respectando a diversidade e os seus ritmos de aprendizaxe.
-
Consideramos educativos todos os espazos e todos os tempos na
escola. Valoramos e aproveitamos a localización no medio rural pola
importancia do contacto, xogo e aprendizaxe na natureza.
-
A nosa escola é unha Comunidade Educativa na que todos aprendemos e
ensinamos, actuamos como dinamizadores socioculturales do contorno.
-
Favorecemos a complicidade familia- escola tan importante para un bo
desenvolvemento dos nenos e nenas fomentando a
participación,colaboración e implicación das familias.
Contamos
con:
-
Unha Biblioteca chea de bos libros que nos acompañan no descubrimento do mundo, cultural e emocionalmente.
-
Un patio cheo de area,cubos, camións, troncos,árbores,cociña…. que conseguen que os nenos e nenas salgan ao patio todos os días con proxectos novos para levar adiante colaborando e xogando xuntos grandes e pequenos.
-
Unha horta ecolóxica que atendemos coa colaboración das nais. Aprendemos de onde veñen os nosos alimentos, a importancia dunha alimentación saudable e o respecto ao medio ambiente e a biodiversidade.
-
-Estamos moi preocupadas porque os nenos e nenas vexan a importancia dunha alimentación saudable. Facemos pan e iogur na escola para merendar, temos un menú de merendas para a semana. Nas festas ofrecemos froita e
-
Un Plan de Convivencia enfocado na prevención:-Facemos Asembleas periódicas con todas as alumnas e alumnos onde expoñen os seus problemas e preocupacións e buscamos solucións entre todos.-Traballamos en Talleres ( Horta, cociña, plástica, Música, Xogos Cooperativos...)nos que traballan en grupos nos que hai alumnos /as de 3 a 7 anos, xuntos , colaborando e aprendendo todos de todos.-Un plan para que os maiores acompañen aos pequenos nas saídas fóra da escola.- Educamos en igualdade aos nenos e nenas.-Un plan de mediadores e vixiantes do patio para axudar a resolver conflictos e ver que ninguén estea só e triste no patio.
-
Xuntos, aprendemos todos é un plan da escola para fomentar a participación das familias- Os amigos/as Contan : Os nais e pais están convidados a vir contar contos, explicar en que consiste o seu traballo ou calquera cousa interesante que queiran compartir con nós.- Colaboración na horta e actividades relacionadas.- Participación nas festas da escola-Xornadas de convivencia da Comunidade Escolar ( familias e mestras) un sábado a comezos de curso e outra na primavera.-Visita ao Salón do Libro e outras exposicións ou actividades interesantes algún día pola tarde con familias e mestras.
miércoles, diciembre 20, 2017
viernes, noviembre 03, 2017
COMEMEDOS NA BIBLIOTECA
O Martes 31 de Outubro Comemedos visitounos na Biblioteca para comer os libros cos seus medos e facelos desaparecer. Os días anteriores prepararon os seus libros e debuxaron neles aquelas cousas que lles meten medo. Algúns incluso deixaron sitio para os medos da familia.
Reunímonos e cada un foi contando os medos que puxo no seu libro e despois dáballo a comer .
Realmente víanse aliviados de deixar alí os seus medos.
O máis importante é que pensaron sobre o que lles da medo
En días anteriores tamén dialogamos sobre o que facemos cando temos medo.
Reunímonos e cada un foi contando os medos que puxo no seu libro e despois dáballo a comer .
Realmente víanse aliviados de deixar alí os seus medos.
O máis importante é que pensaron sobre o que lles da medo
En días anteriores tamén dialogamos sobre o que facemos cando temos medo.
martes, octubre 24, 2017
BIBLIOTECA ESCOLAR
APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
Obxectivos:
-
Recoñecer a Biblioteca escolar como lugar de aprendizaxe e lecer.
-
Recoñecer os libros como fonte de aprendizaxe con ledicia.
Actividade:
As
nenas de 1º de Primaria plantexan aos seus compañeiros/as unha
serie de adiviñas que memorizaron para aprender a pensar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























