domingo, junio 28, 2015

APRENDEMOS A CONVIVIR / ASEMBLEA DA ESCOLA

Actividade:  Asemblea xeral da escola.
Plan de Convivencia 

Tódolos Mércores ao acabar o recreo e antes de ir á horta, reunímonos en Asemblea Xeral da Escola.
Nenos e nenas entre 3 e 7 anos. 
Dende o primeiro momento participamos todos/as os alumnos/as e as mestras e todos saben que este é o momento no que podemos expoñer os nosos problemas pero tamén as suxerencias que teñamos  e tamén compartir as boas experiencias. 
- Para tomar a palabra todos sabemos que temos que expoñer os problemas que temos ou o que nos molesta sen dar nomes. ( seguro que o que o fixo xa o sabe e non queremos acusar públicamente senón buscar solucións e reflexión ).
Chama moito a atención como dende o primeiro momento, os pequenos/as de 3 anos sentan  caladiños percibindo que imos facer algo importante. Pero o que de verdade impresiona e ver como cando un pequecho toma a palabra e ainda non ten moito que ver a súa intervención todos o escoitan en silencio, con respeto e tranquilamente pasamos a outra cousa coa axuda das mestras que lle agradecen  a súa intervención.
A seguinte vez, a non moito tardar, estes pequenos empezan a intervir sabendo xa de que tratamos nesta reunión. 
- As mestras intentamos intervir o menos posible, simplemente dando a palabra e conducindo discretamente: - Que vos parece esto?, que deberiamos facer ? actuou ben? que máis podería ter feito?

Falan con gran espontaneidade e a realidade é que sempre resolven os conflitos, que por suposto os hai, pero o ambiente xeral é de respeto e tranquilidade nas relacións.
Eles mesmos cando alguén non cumpre algunha norma das que acordaron na Asemblea, recórdanllo e cos pequenos/as teñen paciencia porque "ainda non saben as normas"
Observamos que cumpren moi ben as normas que eles mesmos poñen:
- Non se poden tirar os xoguetes polo aire.
-Non se pode tirar area aos compañeiros/as.
-Se alguén desfai o traballo dun compañeiro ainda que fora sen querer, ten que axudalo a volver facer......etc. etc. 

Obxectivos:

Funcionamento democrático da escola.
Participar na elaboración das normas de convivencia: no patio, nas clases , na biblioteca.
Expoñer os seus problemas
Expoñer as súas propostas.
Falar do que sinten, o que lles gusta o que non lles gusta. O que lles gustaría.
Saber escoitar.
Ser capaces de acepta-las criticas
Saber facer criticas das situacións que lle molestan ,non das persoas
Ser capaz de expresa-las súas queixas sen agresión.
Ser capaz de propoñer alternativas das situacións que non lle gustan
Ser capaz de emplear un ton de voz axeitado.
Ser capaz de respecta-la quenda de palabra. Falar cando lle toca.

Nas aulas de Infantil dende o comezo do curso, ao mesmo tempo traballamos:
-A cohesión do grupo.Todos somos importantes e imprescindibles no grupo. Sentímonos queridos e aceptados. Sentímonos escoitados. A todos nos importa o que lle pasa a cada un. 
-A identificación e expresión dos seus sentimentos e emocións:
Cada día, ao rematar a xornada, o/a encargado/a, fai unha valoración de como foi o seu día.Aprenden así a expresarse para poder resolver os seus problemas. 
-As palabras máxicas que abren a porta da relación cos demais: por favor, sinto....
-A resolver os problemas eles mesmos falando cos compañeiros/as.

Deste xeito ao pouco de comezar na escola, os nenos e nenas participan activamente nesta asemblea. 

Todo esto contribúe a que o clima xeral é moi relaxado e agradable e vemos como pouco a pouco aprenden a relacionarse de maneira axeitada e a resolver os problemas eles mesmos dialogando.
É moi importante manexar axeitadamente dende o primeiro momento da socialización dos nenos e nenas as habilidades sociais. Iniciámolos o antes posible no manexo destas ferramentas pois deste xeito poderán aprender felices e tranquilos.

Esto refléxase nos seus xogos no patio. Comparten xogos grandes e pequenos. Colaboran e cooperan en proxectos que duran varios días.  


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Patio?authkey=Gv1sRgCKWLr5TK16LJcA
Coidamos que a axeitada socialización  é un dos máis importantes obxectivos da escola na actualidade.
Asi, co acompañamento  teórico dos nosos referentes: Ainscow, Summerhill, Paulo Freire, Goleman...as mestras investigamos e aprendemos como axudarlles a facelo o mellor posible. 

viernes, junio 19, 2015

O Espantallo da Horta

Un grupo de nais e pais preparou o martes 9 pola tarde unha sorpresa: un espantallo para a horta.  
Gracias!!!!!!

Animadevos a facer divertidos espantallos para as vosas hortas e enviade as fotos ao correo do colexio: eei.verducido@edu.xunta.es . Animade tamén aos veciños, familiares, amigos....
Queremos que Verducido teña os espantallos máis divertidos....
En Setembro, ao comezar o curso, faremos unha exposición coas fotos de todos os  espantallos.


https://www.youtube.com/watch?v=8CMHWQwn0AM

miércoles, junio 17, 2015

FESTA FIN DE CURSO

Todos os anos, a ANPA do colexio, prepara unha estupenda festa fin de curso.
Como sempre, tamén están convidados os nenos e nenas que comezan o próximo curso.

MERENDOLA PARA DESPEDIR A HORTA


Merendola para despedírmonos da horta por este curso. 
Pan con tetilla e tomate e todas as súas variantes, torta de cabaza e ameixas recén collidas da árbore. 
Pan e torta feitos na casa.
Que rico!, que ben sabe!. Auténticos gourmets. 
Aprenden a comer.
Gracias por esta experiencia.

https://www.youtube.com/watch?v=SqBqSYNMqHQ&list=RDSqBqSYNMqHQ#t=0

PARABÉNS

Xa estamos preparando todo para celebrar o venres 19 á mañan, a partires das 11, a Festa dos aniversarios do 3º trimestre

HERBAS DE SAN XOAN

A NOITE DE SAN XOÁN
Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán ( a noite máis curta do ano), ten na nosa terra características moi especiais.
É  a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras,cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedadesdas fontes santas e milagreiras; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, recóllense para poñelas nun caldeiro con auga ( mellor de 7 fontes). Alí teñen que quedar ao orballo da noite e pola mañan tódolos membros da casa, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero estas 7 aparecen en todas elas.

Cualidades básicas que teñen que cumplir:
-Teñen un cheiro especial
-Teñen algunha aplicación como mediciña
-Son as mellores como repudio dos seres maléficos.

Asi pois, imos cumprir coa tradición e facer un bo cacho.

" Dime rapaza bonita
Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo"


miércoles, junio 10, 2015

Visita ao Circuito de Educación Vial da Policia Local en Mollabao


Hoxe os alumnos/as de  1º e 2º de Primaria e 6º de Infantil, vistaron este circuito . Os primeiros, para practicar o aprendido nas sesións teoricas que tiveron na escola sobre como circular. Para os de Infantil, foi o seu día de integración en Primaria.  Para todos, resultou moi bo.

Sorpresa!!!!



Hoxe a nai de David, trouxo ameixas e pexegos da casa.
Que ben saben!!!!!! decían
_ Colleunos miña nai na casa da avoa.
Xa merendaran pero sentoulles moi ben como sobremesa. Estes chicos e chicas saben apreciar as cousas boas.

miércoles, junio 03, 2015

COMUNIDADE EDUCATIVA

- No mes de Xuño, os Martes entre 4:30 e 7 da tarde no colexio estamos traballando pais/nais e mestras para reparar xogos e mobiliario, catalogación dos libros da biblioteca, adecuación de espazos  e outras labores de mantemento necesarias na escola.
Agradecemos a colaboración de todos os que vos achegades a botar unha man.

- Pero, non todo é traballar... tamén aprendemos xuntos!!!!!
Mañan, Xoves 4 de Xuño imos visitar o Parque Arqueoloxico de Campolameiro para completar o traballo da prehistoria que fixemos. Veñen con nós, un grupo de nais e pais, avós, avoas, que tamén farán unha visita guiada.
Será interesante que despois na casa intercambien opinións do aprendido....

miércoles, mayo 13, 2015

Semana das Letras Galegas

Visitamos o Museo de Pontevedra pola súa vinculación con Filgueira Valverde.
Percorremos as salas de Prehistoria.

domingo, mayo 03, 2015

Regalo do Día da Nai

A proposta foi que debuxarían un floreiro como este como agasallo do día da nai. Cada un faría, á vista do modelo, o seu propio floreiro. Fixeron cousas íncribles. Que sorte para as nais!!!!

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/RegaloDiaDaNai?authkey=Gv1sRgCOHLutGaueTMXQ


jueves, abril 23, 2015

DÍA DO LIBRO


Para celebrar o Día do Libro, os compañeiros/as de Primaria, leron un conto que fixeron eles para a exposición das camelias.

Puxéronse moi contentos porque tiveron como agasallo este día especial, un conto para eles e un libro para papá e outro para mamá.  Ademais dos marcapáxinas feitos por eles. Feliz día do Libro!!!!!

sábado, abril 18, 2015

EN ABRIL....CONTOS MIL

" Las primeras experiencias de lectura se viven antes de saber leer y acompañados por un adulto que lee en voz alta, que anima a señalar en las páginas con el dedo, que pregunta, que modula la voz y gesticula... Esta magia provoca lazos afectivos entre quienes miran el mismo libro, y un lazo afectivo hacia el libro." Para axudarnos nesta responsabilidade vos recomendamos este blogue: biblioabrazo.worldpress.com

viernes, abril 17, 2015

ROTEIRO POR PONTEVEDRA "Pontevedra é Boa Vila, da de beber a quen pasa"

Obxectivo: A escola de Verducido está no rural de maneira que queremos que vivencien e coñezan a Vila. Queremos que saiban que Verducido pertence ao Concello de Pontevedra e que vexan a diferenza co rural. Acompañadas por algunhas nais facemos un Roteiro por Pontevedra, fundamentalmente polo casco antiguo da cidade. Ruta: -Comezamos na Praza de España onde merendamos "galletas de excursión".
-Visitamos no Concello a exposición de debuxos de ANEDIA na que se expuñan debuxos dalgúns alumnos/as da escola. -Praza da Peregrina, onde recoñecemos a Ravachol.
-Igrexa da Peregrina, alí, no adro os nenos e nenas debuxaron o que máis lles chamou a atención. Gustounos moito a súa concentración no traballo e como tiñan en conta os detalles dos que falamos . Debuxar na rúa resultou unha boa actividade de apropiación do espazo.

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/DebuxosPeregrina?authkey=Gv1sRgCILQoor-0s_Mfg


-Visitamos a Feira do Libro,onde os nenos/as mercaron un libro para cada clase sobre os temas que estamos traballando. -Praza da Estrela,onde descubriron a estrela e buscaron as caras que hai nunha fachada e representan diferentes oficios. -Praza da Leña -Prazas da Verdura -Parque infantil da Praza do peirao e o seu asombro coa historia do Pirata Benito Soto.

ROTEIRO POR PONTEVEDRA " Pontevedra é Boa Vila, da de beber a quen pasa"

“POPVILLE” ANOUK BOISROBERT Y LOUIS REGARD POEMA DE PABLO GUERRERO KÓKINOS LA CIUDAD LA CIUDAD COMIENZA EN SUS PLAZAS, FUENTES Y PALOMAS. SE ACABA EN EL MAR O EN LOS CAMPOS FRÍOS. LA CIUDAD ES ANTIGUA, CON SUS PAREDES DE HIERRO. Y TAMBIÉN DE AHORA, CON SUS RASCACIELOS Y TERRAZAS BLANCAS. PERO SOBRE TODO LA CIUDAD ES LA GENTE QUE LA HABITA. VAN DEPRISA O DESPACIO AL TRABAJO O A PASEAR POR LOS PARQUES SOLEADOS. VIVO EN UNA CIUDAD Y SOY CIUDAD. PORQUE RÍO Y A VECES LLORO COMO TODOS LOS QUE HABITAN EN MI PEQUEÑA CIUDAD. PABLO GUERRERO

jueves, abril 16, 2015

Exposición de debuxos no Concello:Anedia

ANEDIA ( Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia) en colaboración co Concello ofreceunos o 11 de Marzo unha charla sobre "Diabete, Deporte e Nutrición".

Somos unha escola inclusiva e por iso consideramos moi importante coñecer as caracteristicas dos nosos posibles compañeiros/as para podelos comprender e evitar prexuizos.

Propuxéronos participar nun concurso de debuxo no que quedou finalista o noso compañeiro
Marcos Goldar Portela de 1º curso de Primaria.
Podemos visitar a exposición de debuxos no vestíbulo  do Concello de Pontevedra na rúa Michelena.
Na exposición hai varios debuxos de alumnos/as da escola.
http://anediagalicia.blogspot.com.es/

viernes, abril 10, 2015

CHEGOU A PRIMAVERA

Proposta: debuxar flores simples ou complexas utilizando figuras xeométricas.
Deixaron voar as súas mans guiados pola imaxinación e conseguimos unha fermosa colección de flores.


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/ChegouAPrimavera?authkey=Gv1sRgCKD1qs61zvGzFA

jueves, abril 09, 2015

EXPOSICIÓN DE LIBROS DO MUNDO

Para celebrar en Abril o Mes dos Libros, a Biblioteca do colexio ofrécenos ata fin de mes, unha exposición de Libros do Mundo.

Temos libros de Portugal, Polonia, Eslovenia, Turquía, Finlandia, Francia, Holanda, Sudáfrica,Marrocos,  Estados Unidos, Sudeste asiático....
Estes libros proceden dos proxectos Comenius nos que participou o colexio, das viaxes das profes e dos amigos/as  da escola.