A NOITE DE SAN XOÁN
Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán ( a noite máis curta do ano), ten na nosa terra características moi especiais.
É a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras,cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedadesdas fontes santas e milagreiras; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, recóllense para poñelas nun caldeiro con auga ( mellor de 7 fontes). Alí teñen que quedar ao orballo da noite e pola mañan tódolos membros da casa, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero estas 7 aparecen en todas elas.
Cualidades básicas que teñen que cumplir:
-Teñen un cheiro especial
-Teñen algunha aplicación como mediciña
-Son as mellores como repudio dos seres maléficos.
Asi pois, imos cumprir coa tradición e facer un bo cacho.
" Dime rapaza bonita
Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario