miércoles, mayo 13, 2009

FAISE CAMIÑO. COTOBADE."A memoria do lobo"

XORNADA DE CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

O programa está a cargo dos monitores de "Ventos, estudios ambientais" cos que tanto levamos aprendido sobre respecto e coidado do medio ambiente, conxugando convivencia, aprendizaxe e lecer na natureza.

RECOMENDACIÓNS

Levar roupa cómoda para camiñar, e algunha peza de abrigo (moi recomendable algún tipo de chubasqueiro por se acaso).


Calzado cómodo e adecuado para camiñar, preferentemente xa usado. Independentemente do tempo que teñamos, parte do roteiro transcorre por zonas de regatos e pedregosas: o calzado deberá ser forte e de sola rugosa (evitar deportivas de lona ou similares).


Non todo o percorrido ten sombra: é recomendable levar algún tipo de gorra ou sombreiro, especialmente os/as nenos/as.


Os monitores levarán material de observación (algúns prismáticos, lupas, …). Recoméndase levar algún material deste tipo se se posúe, en especial prismáticos lixeiros, lupas de man, cámaras de fotos, etc.

FAISE CAMIÑO. COTOBADE."A memoria do lobo"

XORNADA DE CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

" Para educar un neno/a precisase a tribu enteira"

PROGRAMA:
Saída: sabado 16 de maio, ás 10h diante da carnicería.
Visita a varios elementos patrimoniais de Carballedo (Cotobade).
Guiado por arqueólogo profesional.
Xantar na área recreativa fluvial.
Comezo do percorrido a pé, vendo bosques de ribeira, paisaxes mixtas, pontes e o Foxo do Lobo.
Regreso a Pontevedra (chegada estimada ás 20:30 horas).

MÚSICA NA ESCOLA

O venres 15 de Maio, ás 13 horas, Concerto didáctico dunha agrupación da Banda Xuvenil de Barro para celebrar o Día das Letras Galegas.
Invitamos e animamos a todas as familias a asistir.


O martes 31 de Marzo, asistimos no auditorio de Caixanova ao Concerto didáctico " Escenas musicais" onde os alumnos/as tiveron a oportunidade de ver e escoitar instrumentos musicais.
Continuamos as actividades para formar a sensibilidade musical dos nosos alumnos/as.

miércoles, abril 22, 2009

CONTAESCOLAS

Si vas á carnicería, lle dices que te corte por aqui, por aqui.........

e tamán por aqui.......
Posted by Picasa

martes, abril 21, 2009

CONTAESCOLAS


Suben as formiguiñas, guiñas, guiñas, guiñas
baixan os elefantes, fantes, fantes, fantes
suben as formiguiñas, guiñas, guiñas, guiñas
baixan os crocodilos, dilos, dilos, dilos.
Suben as formiguiñas... fante coxeguiñas.
Posted by Picasa

domingo, abril 19, 2009

CONTAESCOLAS


De codín, de codán
a la vera, vera van.
Dende o pazo ata a cociña
cantos dedos tes enriba?
Posted by Picasa

martes, febrero 17, 2009

CONTAESCOLAS




Contos novos, contos vellos, coñecidos, descoñecidos...


Sempre seguidos con grande interese...

viernes, febrero 13, 2009

miércoles, febrero 11, 2009

COOPERACIÓN...NO PATIO


Despois de moito traballo, moitos acordos...



"Cando rematou o recreo, o dinosaurio estaba alí..."

viernes, enero 23, 2009

SALÓN DO LIBRO. CARTAS DE AMOR


Os alumnos/as e as súas familias,escribiron
cartas de amor a súa escola.

Con estas cartas,elaboramos un libro que marchou
xa para formar parte da festa dacliteratura infantil
que é o Salón do Libro.

jueves, enero 22, 2009

SALÓN DO LIBRO


Estaban orgullosos e impacientes por mandar
o seu traballo ao Salón, xa que asi queda menos
para ir visitar a Orbil



miércoles, enero 21, 2009

sábado, diciembre 20, 2008

PREMIO AO COLEXIO DE VERDUCIDO

O venres 19 de Decembro, recollemos en Santiago,
no Instituto Galego de Consumo un premio
pola nosa participación na actividade de innovación educativa
"proxectos de educación para o consumo na escola",
desenvolvidos dentro do marco da Rede de educación do consumidor
durante o curso 2007-08 .
O noso proxecto:" Alimentación: a importancia do almorzo"
Estas actividades as fomos publicando neste blog o curso pasado.
A resolución conxunta do 5 de Decembro de 2008
do Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación,
foi publicado no DOG do 18 de Decembro de 2008.

viernes, diciembre 19, 2008

lunes, diciembre 15, 2008

CARTAS AOS REIS MAGOS

Despois do taller de xoguetes,
quedounos moi claro que hai que pensar ben o que pedimos
para realmante acertar na elección e poder estar satisfeitos.



Na carta aos Reis, temos que darlles a valoración
do noso comportamento(iniciámonos na autoavaliación)
e despois de pensalo ben ( ver cátalogos, anuncios na tele,
pedir a mamá e papá que nos leven a ver os xoguetes á
tenda...) escollemos un regalo que escribimos na nosa carta.
O carteiro vai recolle-las cartas para levalas ao buzón Real.




martes, diciembre 09, 2008

TALLER DE XOGUETES


EDUCACIÓN PARA O CONSUMO


Para comezar, os nenos/as de 1º e 2º de primaria
len para grandes e pequenos este libro.
Esta simpática lectura fainos reflexionar sobre
os regalos que pedimos nestas datas de nadal que
veñen. Que e como facemos as nosas eleccións.




TALLER DE XOGUETES

TALLER DE XOGUETES PARA NENOS/AS E FAMILIAS


Con materias como carozos, botellas de plástico
ou pasta ( alimentación) de cores, propoñemos tres talleres:
-Colares
-Birlos
-Bonecas





Teñen que pensar que xoguete queren facer
xa que so poden participar nun taller.





TALLER DE XOGUETES


Grandes e pequenos amosábanse moi satisfeitos
das súas creacións.
Falamos antes de rematar do grao de satisfacción
coa súa elección, se estaban contentos ou pensaban
que deberan elexir outra cousa, porque elexiran unha
e non outra... E houbo opinións de todo tipo...
De tódolos xeitos o pracer de compartir este tempo parece
que mereceu a pena para todos...






martes, diciembre 02, 2008

VERDUCIDO VAI POLO RÍO DOS GAFOS




Hoxe a Asociación Vai polo Río, colgou no colexio a exposición de fotografías do río dos Gafos.
Ás 5:30 da tarde, Gonzalo, da asociación deu unha charla para nenos/as, nais e mestras sobre árbores, insectos, paxaros e flora que imos atopar no paseo que faremos polo río.
A charla, moi ben adaptada as idades dos nenos/as, foi seguida on gran interese e participación.
Coidamos que están preparados e motivados para tirar moito proveito do paseo que faremos en canto o tempo o permita.