Hoxe a Asociación Vai polo Río, colgou no colexio a exposición de fotografías do río dos Gafos.
Ás 5:30 da tarde, Gonzalo, da asociación deu unha charla para nenos/as, nais e mestras sobre árbores, insectos, paxaros e flora que imos atopar no paseo que faremos polo río.
A charla, moi ben adaptada as idades dos nenos/as, foi seguida on gran interese e participación.
Coidamos que están preparados e motivados para tirar moito proveito do paseo que faremos en canto o tempo o permita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario