jueves, junio 03, 2010

VISITAMOS A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

Visitamos a Misión Biolóxica de Galicia que é o centro máis antigo do CSIC ( Consello Superior de Investigacións Científicas) en Galicia.
Realizan investigacións e traballos científicos relacionados cos problemas da agricultura galega.

viernes, mayo 28, 2010

OS AMIGOS CONTAN

Os amigos e amigas de 6º de Primaria do colexio Xunqueira 2, viñeron contar con teatro de monicreques feitos por eles o conto " Os tres desexos"

lunes, mayo 24, 2010

HORTA ECOLÓXICA

Sachamos as patacas e descubrimos que xa imos poder recollelas de aqui a pouco.

OS AMIGOS CONTAN

Os amigos e amigas de Finlandia enviaron a Santa Claus e a señora Santa a saudar aos nenos e nenas de Verducido para contarlle cousas da viaxe das súas mestras a Suonenjoki.

COMENIUS REUNIÓN EN FINLANDIA

Os nenos e nenas coñecen a MUUMIN o personaxe favorito da literatura infantil en Finlandia.

jueves, mayo 13, 2010

HORTA ECOLÓXICA.PLANTAMOS


- Sementamo-lo millo, as cabazas e as xudías ollo de pita que nos deran da Misión Biolóxica.
- Coidamos a horta.

miércoles, mayo 12, 2010

OS AMIGOS CONTAN

Amigas e amigos de 5º de Primaria do colexio de Xeve,
viñeron contar a historia da nosa querida amiga a cebra Camila co teatro de monicreques .

IMOS AO TEATRO

Asistimos no auditorio de Caixanova a obra de teatro:"El gusanito que quería volar"

viernes, abril 23, 2010

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do Libro, editamos na escola o " Libro das sortes".
As sortes foron recollidaspolos nenos e nenas entre as familias e amigos.
Descubriron os nenos e nenas que as sortes son unha maneira moi boa de evitar discusións entre eles.

viernes, abril 16, 2010

OS AMIGOS CONTAN

"EN ABRIL....CONTOS MIL......."
Os alumnos/as de 5 anos, contáronlle a Carapuchiña Vermella aos seus compañeiros/as de infantil.

domingo, abril 11, 2010

INTERCAMBIO CO CEIP. FROEBEL

Visitamos a cidade cos compañeiros/as de 2º curso de primaria do colexio froebel.
Obxectivos:
- Coñecemos a cidade: Biblioteca, Concello, Deputación, Audiencia, Correos,Praza de Barcelos, Mercado.
- Convivencia  cos compañeiros do colexio froebel.
- educación vial.

Coñecemos a cidade

viernes, marzo 26, 2010

XOGOS NA ESCOLA

Para a festa dos aniversarios do 2º trimestre, invitamos as familias e amigos a vir xogar á escola con nós. Así, Basia que é de Polonia, ensinounos a bota-las sortes en polaco e a xogar a un xogo de ratos que escapan dun gato e a versión polaca do xogo: "abuelita, abuelita"

Viñeron tamén nais e avoas a aprendernos os xogos da súa infancia.

ANIVERSARIOS


Con deliciosas tortas caseiras, celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que estiveron  de aniversario este trimestre.

miércoles, marzo 24, 2010

lunes, marzo 22, 2010

CONTAESCOLAS

Hoxe aprendemos un xogo novo:
Vaise pasando polos botóns decindo:
FILLO DO REI
BO MOZO
XOROBADO
TIÑOSO.....
E vólvese repetir ata rematar cos botóns....
FILLO DO REI

A ESCOLA ESTÁ CAMBIANDO

A biblioteca, as clases, por dentro , por fóra....
A escola está cambiando, está alegre.
A ANPA está pintando á escola con bonitos debuxos.
Cada día, os nenos e nenas chegan á escola buscando as novidades.
Están contentos.

O PATIO


"Un gran espacio vacío provoca comportamientos de agitación.repetitivos,cansados.
En cambio, un espacio articulado y variado invita a comportamientos inteligentes: exploraciones, descubrimientos, intenciones, encuentros, colaboraciones, iniciativas, proyectos, construcciones..."
Penny Ritscher. Por Carme Cols en in-fan-cia nº 120

lunes, marzo 15, 2010

HORTA ECOLÓXICA. FACEMOS COLONIA DE LAVANDA

Cando comezamos as clases en setembro, recollemos as flores de lavanda.
Deixámolas secar e agora con elas imos facer colonia
Queremos facer a colonia como agasallo para os nenos e nenas que estiveron de aniversario neste trimestre.
Ímola facer todos, eles non saben que vai se-lo agasallo.

Ingredientes:



1 cunca de flores secas de lavanda.
                                                                                      
4 culleradas de canela en po.

8 dl.de alcohol de 96º

2 dl.de auga.


Preparación:


Facer unha infusión coas flores de lavanda.


Filtra-la e poñe-la nun tarro xunto coa canela e o alcohol.
 
Gardámola 15 días nun lugar escuro.

domingo, marzo 14, 2010

PRESENTACIÓN DA HORTA ECOLÓXICA



Na escola de Verducido contamos dende hai anos cunha ferramenta didáctica de primeira magnitude, cultivamos unha horta ecolóxica.

Hai tres anos que o noso proxecto está na rede Voz Natura e neste curso estamos nun proxecto Comenius: “Horta ecolóxica e alimentación” no que compartimos as nosas experiencias con escolas de Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía.



Pretendemos que o noso proxecto contribúa a que toda a Comunidade Educativa aprenda e ensine.



Contamos cun Consello da Horta constituído a principios de curso e do que forman parte as mestras da escola, a nai dunha alumna e o pai duns ex alumnos do cole.

No Consello, tomamos as decisións de que e cando plantar e como recoller a información de como se cultiva a horta no noso contorno.

Comezamos no mes de Decembro plantando chícharos e grelos, en Febreiro patacas e verzas e agora no mes de Marzo vímos de plantar amorodos.Coidamos dela e observamos os cambios e evolución. Observamos os bichiños que hai na nosa horta e aprendemos cales son beneficiosos e cales non. Aprendemos a respecta-los que son beneficiosos e poñemos trampas para os que son perxudiciais e controlalos de maneira que non dane os nosos cultivos.

Os mestres da escola formamos un grupo de traballo: "O traballo da horta ecolóxica como recurso didáctico" A pizarra dixital”.

Para presenta-la nosa horta á comunidade educativa en xeral, temos programadas para o Martes 16 de Marzo ,unhas charlas con practica na horta.

Pola mañan,ás 12:30 para os alumnos/as e profesores/as.

Pola tarde, ás 4:30 para adultos interesados en coñecer a horta ecolóxica e as mellores prácticas para levala adiante.

As charlas serán impartidas por monitores de “Ventos, estudios ambientais” con quenes levamos tempo traballando nas saídas de “ Faise Camiño”.Invitamos a tódolos interesados a asistir a esta charla.
Mentres os adultos asisten á charla, os nenos/as poden estar na biblioteca do colexio.

lunes, marzo 01, 2010

MATRÍCULA

E.E.I. VERDUCIDO


PARA TER SEMPRE CERCA AOS TEUS FILLOS E FILLAS


PARA PARTICIPAR NA SÚA EDUCACIÓN



SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CURSO 2010-2011

DO 1 de Marzo ao 6 de Abril

INGLÉS A PARTIRES DOS 3 ANOS.

BIBLIOTECA CON INTERNET E PRÉSTAMO DENDE OS 3 ANOS.AULA DE INFORMÁTICA.

CONEXIÓN A INTERNET NAS AULAS

ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES



ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.

ESCOLA DE NAIS E PAIS.



Tfno.: 986879336

e mail: eei.verducido@edu.xunta.es

e mail anpa: anpa.verducido@nontedurmas.org