domingo, marzo 14, 2010

PRESENTACIÓN DA HORTA ECOLÓXICA



Na escola de Verducido contamos dende hai anos cunha ferramenta didáctica de primeira magnitude, cultivamos unha horta ecolóxica.

Hai tres anos que o noso proxecto está na rede Voz Natura e neste curso estamos nun proxecto Comenius: “Horta ecolóxica e alimentación” no que compartimos as nosas experiencias con escolas de Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía.



Pretendemos que o noso proxecto contribúa a que toda a Comunidade Educativa aprenda e ensine.



Contamos cun Consello da Horta constituído a principios de curso e do que forman parte as mestras da escola, a nai dunha alumna e o pai duns ex alumnos do cole.

No Consello, tomamos as decisións de que e cando plantar e como recoller a información de como se cultiva a horta no noso contorno.

Comezamos no mes de Decembro plantando chícharos e grelos, en Febreiro patacas e verzas e agora no mes de Marzo vímos de plantar amorodos.Coidamos dela e observamos os cambios e evolución. Observamos os bichiños que hai na nosa horta e aprendemos cales son beneficiosos e cales non. Aprendemos a respecta-los que son beneficiosos e poñemos trampas para os que son perxudiciais e controlalos de maneira que non dane os nosos cultivos.

Os mestres da escola formamos un grupo de traballo: "O traballo da horta ecolóxica como recurso didáctico" A pizarra dixital”.

Para presenta-la nosa horta á comunidade educativa en xeral, temos programadas para o Martes 16 de Marzo ,unhas charlas con practica na horta.

Pola mañan,ás 12:30 para os alumnos/as e profesores/as.

Pola tarde, ás 4:30 para adultos interesados en coñecer a horta ecolóxica e as mellores prácticas para levala adiante.

As charlas serán impartidas por monitores de “Ventos, estudios ambientais” con quenes levamos tempo traballando nas saídas de “ Faise Camiño”.Invitamos a tódolos interesados a asistir a esta charla.
Mentres os adultos asisten á charla, os nenos/as poden estar na biblioteca do colexio.

No hay comentarios: