lunes, marzo 22, 2010

A ESCOLA ESTÁ CAMBIANDO

A biblioteca, as clases, por dentro , por fóra....
A escola está cambiando, está alegre.
A ANPA está pintando á escola con bonitos debuxos.
Cada día, os nenos e nenas chegan á escola buscando as novidades.
Están contentos.

O PATIO


"Un gran espacio vacío provoca comportamientos de agitación.repetitivos,cansados.
En cambio, un espacio articulado y variado invita a comportamientos inteligentes: exploraciones, descubrimientos, intenciones, encuentros, colaboraciones, iniciativas, proyectos, construcciones..."
Penny Ritscher. Por Carme Cols en in-fan-cia nº 120

lunes, marzo 15, 2010

HORTA ECOLÓXICA. FACEMOS COLONIA DE LAVANDA

Cando comezamos as clases en setembro, recollemos as flores de lavanda.
Deixámolas secar e agora con elas imos facer colonia
Queremos facer a colonia como agasallo para os nenos e nenas que estiveron de aniversario neste trimestre.
Ímola facer todos, eles non saben que vai se-lo agasallo.

Ingredientes:



1 cunca de flores secas de lavanda.
                                                                                      
4 culleradas de canela en po.

8 dl.de alcohol de 96º

2 dl.de auga.


Preparación:


Facer unha infusión coas flores de lavanda.


Filtra-la e poñe-la nun tarro xunto coa canela e o alcohol.
 
Gardámola 15 días nun lugar escuro.

domingo, marzo 14, 2010

PRESENTACIÓN DA HORTA ECOLÓXICA



Na escola de Verducido contamos dende hai anos cunha ferramenta didáctica de primeira magnitude, cultivamos unha horta ecolóxica.

Hai tres anos que o noso proxecto está na rede Voz Natura e neste curso estamos nun proxecto Comenius: “Horta ecolóxica e alimentación” no que compartimos as nosas experiencias con escolas de Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía.



Pretendemos que o noso proxecto contribúa a que toda a Comunidade Educativa aprenda e ensine.



Contamos cun Consello da Horta constituído a principios de curso e do que forman parte as mestras da escola, a nai dunha alumna e o pai duns ex alumnos do cole.

No Consello, tomamos as decisións de que e cando plantar e como recoller a información de como se cultiva a horta no noso contorno.

Comezamos no mes de Decembro plantando chícharos e grelos, en Febreiro patacas e verzas e agora no mes de Marzo vímos de plantar amorodos.Coidamos dela e observamos os cambios e evolución. Observamos os bichiños que hai na nosa horta e aprendemos cales son beneficiosos e cales non. Aprendemos a respecta-los que son beneficiosos e poñemos trampas para os que son perxudiciais e controlalos de maneira que non dane os nosos cultivos.

Os mestres da escola formamos un grupo de traballo: "O traballo da horta ecolóxica como recurso didáctico" A pizarra dixital”.

Para presenta-la nosa horta á comunidade educativa en xeral, temos programadas para o Martes 16 de Marzo ,unhas charlas con practica na horta.

Pola mañan,ás 12:30 para os alumnos/as e profesores/as.

Pola tarde, ás 4:30 para adultos interesados en coñecer a horta ecolóxica e as mellores prácticas para levala adiante.

As charlas serán impartidas por monitores de “Ventos, estudios ambientais” con quenes levamos tempo traballando nas saídas de “ Faise Camiño”.Invitamos a tódolos interesados a asistir a esta charla.
Mentres os adultos asisten á charla, os nenos/as poden estar na biblioteca do colexio.

lunes, marzo 01, 2010

MATRÍCULA

E.E.I. VERDUCIDO


PARA TER SEMPRE CERCA AOS TEUS FILLOS E FILLAS


PARA PARTICIPAR NA SÚA EDUCACIÓN



SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CURSO 2010-2011

DO 1 de Marzo ao 6 de Abril

INGLÉS A PARTIRES DOS 3 ANOS.

BIBLIOTECA CON INTERNET E PRÉSTAMO DENDE OS 3 ANOS.AULA DE INFORMÁTICA.

CONEXIÓN A INTERNET NAS AULAS

ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES



ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.

ESCOLA DE NAIS E PAIS.



Tfno.: 986879336

e mail: eei.verducido@edu.xunta.es

e mail anpa: anpa.verducido@nontedurmas.org

jueves, febrero 11, 2010

DIA DA PAZ. ÁRBORE DA PAZ

Árbore da paz.


Cada neno/a recortou a súa pomba da paz.

Reflexionamos sobre as condicións necesarias para a paz.

Cada un escribiu na súa pomba algo que lle parecía importante para que haxa paz: alimentos, familia. 

Poñemos as pombas na arbore da Paz, na biblioteca.

miércoles, febrero 10, 2010

HORTA ECOLÓXICA.GRUPO DE TRABALLO

As mestras e mestre da escola estamos traballando
nun grupo de traballo:
"O traballo da horta ecolóxica como recurso didáctico.
 A pizarra dixital."


Hoxe dentro deste programa de formación
visitounos Eliseo Castro, profe do centro de
actividades agrarias " A granxa" en Ponteareas.
Resolveunos algúns problemas, deunos ideas e
despexamos dúbidas.
 
Xa aplicamos varios consellos:
Entitorado dos chícaros con ponlas no lugar de malla de plástico.

Trampa para recoller caracois que se agochen debaixo da tella.
Trampa para caracois que veñan beber cervexa.
Despois podemos darllos as galiñas.

                                                                                                                                                                                

martes, febrero 09, 2010

HORTA ECOLÓXICA. QUEN COME OS CHÍCHAROS

Quen come as follas dos chícharos?
Os nenos/as suxiren que pode ser :
un caracol, paxaros...
Ten que ser un animal vexetariano...
Botámoslles veneno?
A nosa horta é ecolóxica!!!
Propoñen poñer trampas para
topar ao culpabel.
Por que comen so as da parte
menos soleada...?
Por que non comen
os grelos?

HORTA ECOLÓXICA

lunes, febrero 08, 2010

DIA DA PAZ.WANGARI MATHAI

Da man dunha nai,dentro do noso programa da biblioteca "Os amigos contan", achegámonos a figura de Wangari Mathai
Premio Nobel da Paz.

Muller que planta arbores da Paz en Kenia.

miércoles, febrero 03, 2010

HORTA ECOLÓXICA. BICHOS NA HORTA

Cando levamos ao composteiro as mondas e restos da merenda, topamos estes bichos na horta.
Sabes que son, ´como se chaman?

viernes, enero 29, 2010

SALÓN DO LIBRO

Queremos agradecer a Paula
nai de alumnos do colexio,
a súa colaboración na confección
da portada e encuadernación desta
bonita historia.














Os nenos/as, despois de moito documentarse
sobre as cidades e sobre as cidades na literatura,
reunidos en asemblea, inventaron está historia que
despois foron ilustrando páxina a páxina coa
colaboración de todos.


SALÓN DO LIBRO


Hoxe presentamos na biblioteca do colexio
o libro elaborado para o Salón do Libro antes
de levarllo a Orbil.
Visitaremos o Salón o 18 de Febreiro.

PREMIO AO COLEXIO DE VERDUCIDO

A Comunidade Educativa do noso colexio acadou un premio polo traballo de educación para o consumo.
NORABÓA A TODOS/AS!!!!!

Publicada no DOG do 27 de Xaneiro de 2010 a concesión dun premio á memoria do proxecto de educación para o consumo na escola que fixemos o curso pasado.