E.E.I.VERDUCIDO
FESTA DO OUTONO 2016
VENRES
4 DE NOVEMBRO
Os nenos/as traen
- As súas cabazas decoradas para a exposición na biblioteca.
- Unhas poucas castañas para asar co corte feito para que non estoupen.
- Se queren poden vir disfrazados.
- Non traen merenda.MERENDAREMOS:
- TETILLA con doce de marmelo feito na escola coa froita da nosa árbore.
- CASTAÑAS ASADAS no magosto.
- HUESOS DE SANTO e BUÑUELOS, doces tradicionais destas datas.
Programa:
Ás 11:30 merenda e castañas asadas.
A partires das 12:30 Cancións de outono, xogos,
taller de decoración de castañas e coroas de outono.
Algunhas bruxas nos visitan para anima-la festa.
Visita ás cabazas decoradas da biblioteca.
As nais e pais fan os preparativos e participan na festa de maneira moi activa. Esta colaboración e imprescindible para que esta festa se poida celebrar. Os nenos e nenas vendo os seus pais colaborar aprenden aprenden a importancia que ten, e no futuro serán membros activos dispostos a contribuir á mellora da comunidade.
Obxectivos:
- Coñece-las festas populares de Galicia, aprender a valoralas e desfrutalas: Samain, Magosto
- Interesarse polo que acontece en outras culturas: Día de muertos, Halloween...
- Fomenta-la participación e cohesión da Comunidade Educativa.
Grazas
a todos os que, dunha ou outra maneira colaborastes para que fora
posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario