martes, junio 04, 2013

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACION ANTE A DISCAPACIDADE


Cando foramos ao teatro ( "Seis barbudos) , coincidimos cun grupo de persoas discapacitadas.
A reacción dos nosos alumnos/as : medo, extrañeza, non saber como comportarse...  fíxonos pensar que algo tiñamos que facer, pero, que e como?
Cando nos chegou a oferta dun programa de sensibilización coa discapacidade da asociación Juan XXIII pareceunos milagroso.

Persoal do Juan XXIII desprazouse ao noso centro para facer unha sesión formativa, de gran interese para mestras  e alumnado.
Reflexionamos sobre que é a discapacidade.
Sobre as nosas propias capacidades e limitacións.
Coa axuda de Elmer, o elefante, pensamos sobre ser diferentes ( que en realidade to@s o somos ) e ao mesmo tempo ser iguais, que tamén.
 Seguiremos traballando o valor da inclusión  para prepararnos para poder realizar actividades de convivencia e cooperación co alumnado do Juan XXIII.
A actitude de querer convivir xa a teñen, agora practicaremos.


No hay comentarios: