jueves, mayo 30, 2013

HORTA ECOLÓXICA E ALIMENTACIÓN

  Esta actividade levámola adiante coa colaboración de Aurea a  nai de Antón de Nonon,  nai dunha ex-alumna, Zeineba, sen elas non sería posible este proxecto.

Obxectivos:

Coñecer á orixe dos alimentos que comemos.

Coñecer a importancia dunha boa alimentación para a saúde.

Coñecer a importancia de comer bos alimentos, cultivados de maneira ecolóxica.

Coñecer os animais perxudiciais para a horta e buscar maneiras ecolóxicas de evitalos. Loita biolóxica.

Coñecer os animais amigos da horta e buscar maneiras de favorecelos.

Comprender a importancia da biodiversidade.

  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

Actividade:

- Este ano, comezamos o traballo na horta no mes de Marzo transplantando os amorodos que xa tiñamos e plantando frambuesas.

Plantamos sementes de leituga, cenoura, rabanitos e remolacha.

Máis adiante puxemos sementes de xirasol, caléndulas e tajetes.

Plantas de Remolacha, cabaciña e tomates.

Temos tamén espinaca da que plantaramos o ano pasado.
  • Traballamos na horta regando.
  • Traballamos na horta quitando as herbas que non nos interesan, xa temos autenticos expertos en saber que plantas corresponden as sementes que plantamos.
  • Xa probamos os amorodos e os rabanitos.
  • Para fin de curso imos facer un taller de cociña para preparar tortas e galletas para a festa dos aniversarios do 3º trimestre.

Temos rabanitos, espinacas, cabaciñas, remolachas, cenouras.
Xa comimos amorodos.....





No hay comentarios: