miércoles, noviembre 12, 2008

COMENIUS

Jan Amos Komenský , en latín Comenius(1592-1670) foi un teologo, filosofo e pedagogo nado na actual República Checa. Foi un home cosmopolita e universal, convencido do importante papel da educación no desenvolvemento das persoas. A obra que o fixo famoso por toda Europa e é considerada como a máis importante é Didáctica Magna ( 1679) Deulle real importancia ao estudio das linguas e creou unha obra chamada Porta Aberta as Linguas.
Coñecese como o Pai da Pedagoxía, xa que foi quen a estructurou como ciencia autónoma.


Esta semana recibimos a visita de mestres da Illa de Madeira (Portugal) para unha reunión preparatoria para o noso proxecto: "A horta ecolóxica na escola". Estes días estamos recibindo propostas de outros paises para participar tamén.
Iniciamos un novo camiño que cremos vai ser moi enriquecedor e motivador para toda a Comunidade Escolar.

No hay comentarios: