"Hai un lugar no mundo máxico de cada día que se chama Verducido e,
en Verducido hai unha escola soleada, e na escola soleada hai nenas e nenos
que usan os lápis ata que se fan case pulgas.
Un minuto antes de se converter en pulgas de todo, os deixan sobre a mesa;
e como aínda non son pulgas de todo e non brincan, a mestra gárdaos facilmente.
Pero como, anque non son pulgas de todo, se son algo pulgas,comezan a picar.
E a quen pica un lapis que é pulga?
Pois á imaxinación!...
E a pouco que rañemos na imaxinación, que sae?
Un conto!
Un conto como este que tendes nas mans, por exemplo, e que é un conto de verdade,
porque de verdade hai no mundo máxico de cada día ese lugar que se chama Verducido,
e en Verducido esa escola soleada, e nesa escola soleada nenas e nenos que usan os lapiseiros ata que seconverten case en pulgas, e esas nenas e eses nenos teñen unha mestra que guarda os pulgalápis con agarimo un minuto antes de que se perdan brincando..."
Los Navegantes del Palomar
Prólogo ao Libro editado pola escola de Verducido:
" Vida dun lapis"
viernes, febrero 22, 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Hola somos Alba y Lourdes del colegio de Lerez y queremos mandaros un saludo a todos . Os queremos mucho esperemos que sigais colgando fotos en Internet.
A escola de verducido ea mellor do mundo e que siga asi e que non a pechen un saudo para todos de Eli y Nerea de sexto de LEREZ
A escola de verducido ea mellor do mundo e que siga asi e que non a pechen un saudo para todos de Eli y Nerea de sexto de LEREZ
A escola de verducido ea mellor do mundo e que siga asi e que non a pechen un saudo para todos de Eli y Nerea de sexto de LEREZ
Publicar un comentario