sábado, noviembre 03, 2007

BIBLIOTECA. OS AMIGOS CONTAN




CARTA DIRIXIDA AOS AMIGOS E AMIGAS DA ESCOLA PÚBLICA DE VERDUCIDO.

OS AMIGOS CONTAN…

Benqueridos/as amigas e amigos da escola de Verducido:
Ben sabedes o importante que é a vosa amizade para nós e, é por isto que nos poñemos en contacto para facervos participes do proxecto da nosa biblioteca: ” Os amigos contan…” ( ben sabedes o importante que é para a vida da nosa escola, a súa biblioteca).

” Os amigos contan…” Contos… e amizade, parécenos un binomio perfecto, fantástico como diría Rodari para escribir un capítulo da historia da nosa biblioteca.
Sabedes como aprecian os nenos e nenas da escola de Verducido as boas historias.
Gustaríanos que pasaredes pola escola para contar ou ler… un conto, o unha historia que queirades compartir con nós. Agora mesmo estamos moi interesados en historias do mar, pero pode ser calquera.
Se queredes participar na experiencia, poñedevos en contacto con nós para poder acordar data e horario para facelo. Nós propoñemos os venres ás 13:30, de maneira que poideran asistir tamén os pais/nais que quixeran, pero sabemos que ese horario non é posible para todos asi que o falamos.
Agardamos as vosas novas

No hay comentarios: