jueves, enero 31, 2013

ENTROIDO


Estámonos preparando para o entroido: A toda máquina!
Seremos "fetiches", os robots dunha das nosas películas preferidas:
"Kiriku"


Reutilizando materiais e utilizando a nosa imaxinación.

miércoles, enero 30, 2013

Día da Paz.

Construímos máquinas para a Paz.
Adiamos a carreira solidaria "Kilómetros de Solidaridad" Save the Children.
Cando mellore o tempo.  


BIBLIOTECA. Salón do Libro: "A toda máquina"

Na Biblioteca estamos lendo.....


“Máquinas” Chloé Poizat. Ed. Kalandraka. Col. Demademora.

“Seis barbudos” Mar Pavón/ Vitali Konstantinnov. OQO editora

“ O calcetín amarelo”. Mª Dolores Rial Fernández/ Ramón Trigo. Ir indo

“Non é unha caixa” Antoinette Portis. Faktoria K de Libros.

“El gran libro de los regalos mágicos” Nathalie Choux / Mandana Sadat/ Rémi Saillard. SM.

lunes, enero 28, 2013

miércoles, enero 23, 2013

FACEMOS A MERENDA CON MAMÁ

A mamá de Juan e María veu ao cole a preprar a merenda.
Merendaremos mandarinas e batido de aguacate.
Estas froitas son da casa da avoa de Juan e María.







Probamos os ingredientes:




INGREDIENTES BATIDO DE AGUACATE:

IOGUR
MEL
AGUACATE




Tamén merendamos mandarinas..... 

Nais, Pais, Animadevos a vir preparar unha merenda con froita ao cole. Será moi divertido e gratificante para tod@s.

lunes, enero 21, 2013

BIBLIOTECA.Recomendamos. Os amigos contan.....

Á Hora de Ler, Cristina recoméndalles
aos seus compañeiros/as de Infantil que lean Pinocho.

Cristina díxolles que non é o conto que máis lle gusta pero que pensou que poden aprender moito con él.

miércoles, enero 16, 2013

BIBLIOTECA: Recomendamos. Os amigos/as contan...

"Non quero ser un polbo"Francesa Chessa.
                  OQO, editora.
 

 

Clara recomendalles este libro que seguro, pola atención que prestan  van querer volver ler.

miércoles, enero 09, 2013

BIBLIOTECA: Recomendamos. Os amigos/as contan....

Os nenos e nenas de Primaria len para os compañeiros/as de Infantil os contos da Biblioteca que máis lles gusta. Recomendanlles a continuación que os levan a casa para que llos lean os seus pais/nais.
Hoxe Noa nos recomenda "Loboferoz" despois dunha excelente lectura na que fixo participar sen pestanexar aos pequenos.

martes, enero 08, 2013

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS XANEIRO 2013

PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

Comeza o Plan de Adaptación á escola para os nenos e nenas que comezan en Setembro.

Biblioteca os martes pola tarde de 5 a 6.

Se coñecedes algún neno/a que entre para o ano, avísadelle a súa familia desta oportunidade de facerlle máis doada a incorporación á escola.



Comezamos o traballo para participar no Salón do Libro:“A toda máquina”.


VENRES 11 : Reunión da titora de Educación Primaria cos pais e nais dos seus alumnos/as. Ás 4 da tarde.

MARTES 15: Reunión da titora de Educación Infantil cos pais e nais dos seus alumnos/as. Ás 4 da tarde.

MARTES 29: Consello Escolar.



MÉRCORES 30: Celebramos o “Día da Paz”.
Carreira Solidaria. "Kilómetros de Solidaridad", Save the Children.







martes, diciembre 11, 2012

Felicitación de Nadal

Estamos traballando para facer a felicitación de Nadal.
Vai ser moi difícil escoller...
de tódolos xeitos o mellor é sempre o proceso como podedes ver nas fotos.


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/PostalDeNadal?authkey=Gv1sRgCNzn_-frtqXHyQE

lunes, diciembre 10, 2012

A escola que queremos. A sociedade que queremos.

http://youtu.be/K0usZT3LGOQ

Entre todas e todos, facemos a escola que queremos para os nenos e nenas, para os mestres e mestras,para os pais e nais....Para toda a comunidade, para toda a sociedade.
Outro mundo é posible. Outra escola é posible.
Queremos unha escola inclusiva.

lunes, diciembre 03, 2012

Enerxía Escolar. Aforro Enerxético



O alumnado de Primaria da escola, xunto ao alumnado doutros centros do concello, participou no obradoiro "Enerxía escolar" proposto pola Concellería de Educación.
Despois de asistir ao obradoiro e investigar e traballar o tema na clase, presentáronlle as súas familias e aos seus compañeiros/as de Infantil as súas conclusións.
O martes 18 de Decembro nun acto no Principal, presentarán as conclusións e compromisos as que chegaron.

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/AFORROENERXETICO?authkey=Gv1sRgCIHd1rqYq9XrEA

viernes, noviembre 30, 2012