viernes, octubre 30, 2009

FROITAS DE OUTONO

Por cortesía da estación fitopatolóxica do areeiro
degustamos guayaba fresa e feijoa.
O venres 6 de Novembro, na festa de outono
teremos a actividade: "froitas cos cinco sentidos"




viernes, octubre 23, 2009

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


Anxo Moure “Carballo con botas” da ONG Bicis pola Paz
foi recibido con grande agarimo polos-as alumnos-as do centro,
que esperaban con entusiasmo a este atrapacontos que chegaba
coa sua “ciclobiblioteca” cargada de contos, solidaridade,
moito amor e respecto polo medio ambiente e mensaxes de paz e tolerancia,
cousas todas elas que tratamos de infundir neste centro.




O xoves 22 de Outubro volveu Anxo Moure “Carballo con botas”
da ONG bicis pola Paz para contar contos solidarios.

jueves, octubre 22, 2009

lunes, junio 08, 2009

INTERCAMBIO CEI CAMPELO


Somos unha escola pequena, pero temos
moitos amigos e amigas.
Como tódolos anos, visitamos aos nosos
compañeiros/as de Campelo.
Posted by Picasa

viernes, junio 05, 2009

OBRADOIRO CONSUMO. XOGUETES








A escola de Verducido, transfórmase nunha fábrica de xoguetes.
Xoguetes de calidade, que non son perigosos e aptos para maiores
de 3 anos.
Posted by Picasa

viernes, mayo 22, 2009

ENCONTRO COS MAIORES


Hoxe, recibimos a visita de Pilar e Ricardo, da Residencia de maiores
de Campolongo. Os nenos e nenas tiveron ocasión de facerlles un
montón de preguntas que eles se mostraron encantados de responder.
O encontro nenos/as e maiores resulta moi enriquecedor para estes
e coidamos moi satisfactorio para os maiores.

lunes, mayo 18, 2009

A ILLA DO DRAGÓN

Hoxe recibimos na escola unha visita e un agasallo moi especial...

Cando os rapaces de 1º de primaria tiñan 3 anos, fixeron un conto
coa profe Marisa.

Hoxe, trouxo o conto a escola: " A illa do dragón".
Fixemos a presentación e un exemplar quedou na nosa biblioteca.


sábado, mayo 16, 2009

CIENCIA DIVERTIDA



DATA : Mércores 20 de Maio
HORA: Ás 13 horas
OBRADOIROS SIMULTÁNEOS:
EI 3 e 4 anos
Conoce tus sentidos

EI 5 anos + EP 1º e 2º
Fábrica de aromas


Coidamos moi interesante desenvolver a súa capacidade de pensamento ciéntifico dende idades temperas.





viernes, mayo 15, 2009

MÚSICA NA ESCOLA. CONCERTO DIDÁCTICO





Por medio dun conto, a agrupación da Banda
Xuvenil de Barro, explicoulles aos nenos e nenas
na escola, cales son as familias de instrumentos
dunha Banda de música.

MÚSICA NA ESCOLA. CONCERTO DIDÁCTICO











Gracias a esta interesante iniciativa da Banda de Barro, teñen a oportunidade de ver e escoitar estes instrumentos, mesmo tentar tocalos....