martes, mayo 13, 2008

OS AMIGOS CONTAN



Os alumnos/as de infantil,representan a súa versión de " O pescador e a súa muller" con monicreques feitos por eles e improvisando o teatro na zona de psicomotricidade.

miércoles, mayo 07, 2008

ALMORZAMOS NA ESCOLA




AUTONOMÍA:
As mestras, servimoslles o zume e o cacao.
Cada un preparou as súas torradas.
A consigna foi probar un pouquiño de cada.
Era estupendo velos facendo uso de tanta autonomía.

ALMORZAMOS NA ESCOLA



MENÚ:
ZUME DE LARANXA
LEITE CON CACAO
PAN DE CEA CON ACEITE
PAN DE CEA CON MANTEIGA E MEL OU CONFITURA DE AMORODO.
BO PROVEITO!!!!!

ALMORZAMOS NA ESCOLA



DESPOIS DA TEORIA, CHEGOU A PRACTICA.
O MÉRCORES 7 DE MAIO, ALMORZAMOS NA ESCOLA.
ALGÚN ESQUECERAO PERO ASI E TODO ALGO PICOU.

martes, mayo 06, 2008

OS AMIGOS CONTAN




NENAS DE 6º DE PRIMARIA DO COLEXIO DE SANTO ANDRÉ DE XEVE, VIÑERON CONTAR:
"O PESCADOR E A SÚA MULLER"
FIXERONO MOI BEN. OS PEQUENOS NON PESTANEXABAN.

martes, abril 29, 2008

DÍA DA NAI




Cada un levou a súa foto cun marquiño feito por eles.
E as mestras, tamén.

PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA



Xa temos instalada a pizarra dixital, estamos traballando con ela.
Temos que facer melloras para un bo funcionamento. Colgar o canon para que non fagan sombra é unha delas.

miércoles, abril 23, 2008

HORA DE LER



VINTE MINUTOS ANTES DE SAÍR: "HORA DE LER"

LECTURA A GUSTO, CADA UN ESCOLLE QUÉ E ONDE.

martes, marzo 25, 2008

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO




Pola memoria do noso traballo: " Alimentación, educación de consumidores responsabeis", acadamos un 3º premio . Continuamos traballando.

domingo, marzo 16, 2008

HORTA


A volta das vacacións xa na primavera, comezaremos os traballos na nosa horta.
Investigaremos que traballos toca facer neste tempo e que podemos plantar.

sábado, marzo 15, 2008

PARABENS



Tamén hai agasallos feitos polos compañeiros/as
Un marcapáxinas cunha sereiña !!!!

PARABENS



Celebramos os aniversarios deste trimestre con tartas e biscoitos feitos polas nais para compartir cos compañeiros/as. Merendas saudabeis para a celebración.

viernes, marzo 14, 2008

SEMANA DA PRENSA


Coidades que se pode facer unha melodía coas novas do xornal?

Despois de manexar e comparar unha chea de xornais cortamos fotografías e compuxemos a melodía das novas do día que vedes .

lunes, marzo 10, 2008

BIBLIOTECA


Tódolos luns na biblioteca, os alumnos/as de primaria, len contos e historias para os seus compañeiros/as e para os de Infantil.