martes, septiembre 11, 2007

BENVIDOS AO CURSO 2007-08

DAMÓSLLE A BENVIDA AOS NOVOS ALUMNOS/AS E AS SÚAS FAMILIAS.
TAMÉN AS NOVAS MESTRAS QUE ESTARÁN CON NÓS ESTE CURSO.

martes, marzo 06, 2007

ALBERGUE

Xa temos data para ir este ano ao albergue.
Será para durmir no albergue de Padrón o xoves 26 de Abril.
Reservade esta data para pasalo cos nenos/as, é unha magnifica experiencia.
xa teredes máis novas co programa completo.

jueves, marzo 01, 2007

CIENCIA DIVERTIDA

COIDA A TERRA:

-Recoñecer que aínda que unha billa perda só unhas pingas pode malgastar moita auga en pouco tempo.

-Explicar que hai auga debaixo da terra que usamos para beber.

-Explicar que é o que pode ocorrer cando os seres humanos sacamos demasiada auga en pouco tempo da terra.

-Explicar que os líquidos que tiramos ao chan poden chegar a auga que usamos para beber/ regar/fregar.

-Mostrar que as raíces das plantas absorven os líquidos en que estan mergullados e transfiren estes líquidos ás súas follas.

-Explicar que cando chove os campos sen árbores nin vexetación perden máis terra que os campos con eles.

-Identificar métodos de aforro de auga.

miércoles, febrero 07, 2007

A VIAXE DAS BOLBORETAS




Paula Carbonel, autora do libro " A viaxe das Bolboretas", visitounos no cole e deixounos bolboretas e bicos de bolboreta.

lunes, febrero 05, 2007

ENTROIDO



O 16 DE FEBREIRO CELEBRAREMOS NA ESCOLA A FESTA DE ENTROIDO.

COMO NOS GUSTAN TANTO POLILLA E ROSITA OS PALLASOS QUE NOS

VISITAN NA ESCOLA NA FESTA DE FIN DE CURSO, NOS TAMÉN IMOS SER PALLASOS.

viernes, febrero 02, 2007

UN LATEXO POLA PAZ







O 2 de Febreiro, celebramos na Ferrería con outros colexios de Pontevedra o Día da Paz
baixo o lema
" Un latexo pola Paz".

Martín, representou á escola na lectura colectiva do conto de Rodari, " Un, é oito"
Na escola elaboramos un mural e celebramos unha Asemblea o 30 de Xaneiro.

DIA DA PAZ


O Xoves 25, sesión de contos solidarios.

Visitou a nosa escola Anxo Moure, carballo con botas.

jueves, febrero 01, 2007

ACTIVIDADES FEBREIRO



E.E.I. VERDUCIDO



PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
FEBREIRO 2007



VENRES 2: DE 5 A 8 DA TARDE.
OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS:NORMATIVA FAMILIAR.
TEMOS GARDERÍA PARA OS NENOS/AS.

SALÓN DO LIBRO:

MÉRCORES 7 . ás 12 vannos visitar no colexio
Paula Carbonel, autora de “A viaxe das Bolboretas”
Eva Mejuto autora de “Corre, corre cabaciña”. Da editorial OQO.


VENRES 9. IMOS VISITAR O SALÓN DO LIBRO.

MARTES 13. Ás 12:00,6ª ASEMBLEA XERAL DA ESCOLA.


VENRES 16. FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA.

DISFRAZÁMONOS DE PALLASOS.



19, 20,21 DE FEBREIRO ENTROIDO. NON HAI CLASES.


VENRES 23 : OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS. DE 5 A 8 DA TARDE.

TEMOS GARDERÍA PARA NENOS/AS.

martes, enero 30, 2007

O MEDO - SALÓN DO LIBRO








Despois do moito medo destes meses pasados por fin, COMEMEDOS, marchou cos medos dos nenos e nenas da escola de Verducido, cos medos das súas familias e dos sus mestres/as en forma de libros. Comeunos todos e agora agarda a nosa visita no Salón do Libro.

viernes, diciembre 22, 2006

PAPA NÖEL



Entregaronlle as súas cartas e Papa Nöel fixolles un agasallo.

FESTA DE NADAL



Nais e pais prepararon unha estupenda merenda e adornaron todo para celebralo. Merendamos chocolate con doces caseiros.

FESTA DE NADAL




CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DOS NENOS/AS QUE FIXERON ANOS ESTE TRIMESTRE.

IDEAS PARA NADAL


E.E.I. VERDUCIDO

BOAS IDEAS PARA NADAL

-SÁBADO 23 ás 5. CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE XEVE. ENTRADA LIBRE.

-OBRADOIRO FALANDO EN VERDE. NO TELECLUBE DE XEVE. FAINO MANOLO DE VENTOS.
2 e 4 DE XANEIRO DE 16:30 A 19:00
3 DE XANEIRO DE 11 a 13:30
TELÉFONO 986863157. GRATUITO.

-EXPOSICIÓN NO PAZO DE MUGARTEGUI. Praza da Pedreira. ENTRADA LIBRE. “ O MUNDO NA TUA CABEZA.QUE SABEMOS DELA E COMO NOLO CONTARON?”

- NO CINE ESTAN POÑENDO A PELICULA “ PÉREZ EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS”

-EXPOSICIÓN EN CAIXANOVA: “ VIDA E MORTE NO ANTIGUO EXIPTO: DA ARTE FARAÓNICA AO FARO DE ALEXANDRÍA”.

- LEMBRADE QUE OS LIBROS SON UN BO AGASALLO PARA O NADAL E PARA SEMPRE… AOS PEQUENOS ENCANTALLES “ COCORICO” E “CHOCOLATA” DA EDITORIAL OQO. ADEMAIS AO MELLOR O PRÓXIMO ANO VEN A AUTORA AO COLEXIO E PODERÍALLO ASINAR. PEDIDE CONSELLO AOS LIBREIROS…E AOS PROFES.


AS MESTRAS/OS DESEXAMOSVOS BO NADAL!!!!

lunes, diciembre 04, 2006

BIBLIOTECA



BIBLIOTECA PARA NAIS E PAIS


Os luns de 13:00 a 14 horas, podedes pasar pola biblioteca do colexio para levar libros que vos poden interesar e axudar na educación dos vosos fillos/as. Tamén podedes facer uso de Internet.
Os martes á tarde, de 4 a 5, tamén podedes pasar pola biblioteca.

miércoles, noviembre 29, 2006

CONSELLO ESCOLAR


A composición do Consello Escolar tra-las eleccións do pasado 24 de Novembro é a seguinte:
Presidenta:
Raquel Mera Dios
Mestras:
Mercedes Barbosa Couceiro
Mª Pilar Martínez Soto
Representantes das nais/pais:
Alfonso Gutiérrez-Maturana Camañes
Paula Rey Pazos
Representante do Concello:
Miguel A. Vázquez Plaza

Xa sabedes a quen podedes dirixir as vosas suxerencias, ideas, queixas....


Agradecemos a entusiasta participación da representante das nais/pais sainte: Helena GarcíaRodríguez

sábado, junio 10, 2006

EXCURSIÓN DA ANPA Á CORUÑA







O sábado 10 de Xuño, ás 9:30, saímos rumbo a Coruña. Visitamos O Domus e a Casa dos Peixes.Pasámolo fenomenal, todo moi ben organizado saiu según o previsto.Incluso o tempo non se portou mal de todo...

jueves, junio 08, 2006

INTERCAMBIO CEI CAMPELO




Gracias á colaboración dun grupo de nais e pais,foi posible que esta convivencia resultara un éxito.

Grandes e pequenos fixeron o camiño enteiro sen problemas.


INTERCAMBIO E.E.I. VERDUCIDO – C.E.I.CAMPELO –CAIXANOVA
DATA: XOVES 8 DE XUÑO
PROGRAMA :
_ Os nosos invitados, chegan ás 10.
Emprendemos o camiño cara ao encoro. Deberán levar unha gorra e unha botelliña de auga ou cantimplora.
- Xogos.
_Ás 13:00 horas estaremos nas mesas para xantar.:
Empanada de bonito e bocadillos de xamón asado.De postre Iogur de chocolate.
_Ás 3 da tarde ven o autobús a recoller aos nosos invitados e nós tamén marchamos para casa. Recollédelos no encoro.
Para poder levar adiante esta programación contamos coa imprescindible colaboración dun grupo de nais e pais que nos axudarán a poñerlle a comida o día do intercambio. .


Con este intercambio pretendemos:

-Facilita-la relación e a convivencia das comunidades escolares de distintos contornos, rural de interior e mariñeiro.

O martes 13 iremos nós a pasar o día con eles á praia de Lourido.

martes, junio 06, 2006

O ESPANTALLO




Precisamos un espantallo para protexer o millo dos paxaros. Os nenos/as de primaria coa axuda dos seus amigos de Froebel adicaronse a facer un bo espantallo. O ano pasado a avoa de esteban Villanueva aprendeunos a facelo.

SEMENTAMO-LO MILLO



Como tódolos anos por esta época, sementamo-lo millo e as cabazas na nosa pequena horta. Gracias a colaboración dos nosos veciños coma sempre: Pepe, Jose e Patricia limparon e labraron pese as dificultades , Celia puxo o abono na finca. Este ano esperamos a semantar o día que nos visitaron os compañeiros de Froebel. Os pequenos de infantil adicaronse a semantar axudados polos seus compañeiros maiores. Marcos estaba moi contento porqu él quería sementar o millo e na súa casa lle dixeran que os nenos non podían. Menos mal que na escola si o poido facer. Anabel xa tiña experiencia pois fora axudar a súa nai e contounos que había que poñer poucos grans de millo, unha cabaza e despois tapar...