lunes, octubre 20, 2008

A MERENDAR...


En cada momento temos algo importante que aprender.
Na hora da merenda:
Os alimentos que nos fan medrar, os que debemos evitar.
Acostumarnos a probar diferentes alimentos.
Os pequenos de 3 anos teñen marcadas as merendas que
teñen que traer cada día da semana, os demais xa non o
precisan, traen merendas variadas e saudabeis.

miércoles, octubre 15, 2008

MISTERIO NA HORTA

Un día que a encargada foi rega-la horta,
encontrou tres amorodos que estaban bastante maduros e foillo contar
aos nenos e nenas da escola.
Ao día seguinte cando foron mirar....
NON HABIA NINGÚN.

VAIA!!!! QUEN OS COMERÍA?

TI QUEN DIRÍAS QUE FOI?


sábado, octubre 11, 2008

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA

Entrade tranquilos, parece a casiña de chocolate
pero é o centro de interpretación do P.N. Monte Aloia
onde imos coñecer un pouco o que imos topar
na visita.




Xa toca repoñer forzas, a xantar!!!!

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA

Despois de xantar
un estupendo parque para compartir
xogos e charlas.




FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA

Xornada de convivencia da Comunidade Educativa
( familias, mestras,nenos e nenas) disfrutando, observando
aprendendo andando e xogando na natureza.


Primeira parada nas Gándaras de Budiño.


En silencio e con curiosidade axexamos aos parrulos.

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA


Parece que estamos nun bosque encantado



O outono xa está aqui.
Que divertido é xogar coas folliñas.

FAISE CAMIÑO. P.N. MONTE ALOIA



Ánimo valentes. Xa queda pouco para
chegar



Dende o alto do Monte Aloia
temos unhas vistas impresionantes.
Ata Portugal...

viernes, octubre 10, 2008

O RICINO MEDROU TANTO QUE HOUBO QUE CORTALO

Collemos os fillos que quedaron para non pisalos.
Preparamos os tarros con pedras no fondo,
boa terra...
e agora a coidalos para que medren...
O Ricino medrou tanto que non nos deixaba entrar na horta.
Deixounos moitos fillos, xa veremos que facer con eles.
De momento coidalos e regalos ben para que medren.

sábado, septiembre 20, 2008

DISPOSTOS A APRENDER...


XUNTOS

ACOTÍO

DE TODOS

EN TODO MOMENTO

CONVIVENCIA, TOLERANCIA, COOPERACIÓN...

APRENDENDO A SER PERSOAS CON COMPETENCIAS PARA A VIDA

viernes, junio 13, 2008

OS AMIGOS CONTAN




"O misterioso ovo esférico"
Amigos/as de 5º de primaria do Colexio Froebel, viñeron contar.
Ao chegaren a escola, lembraron con gran ledicia que viñeran de intercambio cando estaban en 1º. Foi unha visita moi entrañable.

jueves, junio 12, 2008

martes, junio 10, 2008

INTERCAMBIO CO CEI DE CAMPELO




Como tódolos anos por estas datas, fomos a praia cos nosos amigos /as de Campelo.

Disfrutar dun tempo de praia cos amigos e un disfrute especial como se pode apreciar...e iso que a auga estaba fría , dixeron despois.

INTERCAMBIO CO CEI. DE CAMPELO



Despois da praia, un bo xantar cos amigos/as de Campelo no comedor do seu cole. Unha experiencia diferente. Nós, comemos na casa.

viernes, junio 06, 2008

OS AMIGOS CONTAN


Carla, costarricense de visita en Verducido,veunos contar cousas do seu país e de Estados Unidos, pois actualmente vive en Dallas.