martes, marzo 13, 2012
lunes, enero 30, 2012
DIA DA PAZ
Participamos un ano máis no proxecto da ONG Save the Children: “Kilómetros de Solidaridad”.
Participando no circuito os nenos e nenas recaudan, co seu esforzo, cartos para axudar aos nenos e nenas da República Democrática do Congo a poder gozar dalgúns dos Dereitos que tódolos nenos/as do Mundo deberían ter ( casa, comida, escola, roupa, familia....)
Os rapaces teñen que buscar na súa familia patrocinadores para a carreira, teñen que apuntar no seu carnet quen lles vai dar cartos e canto lle van dar por cada “ kilómetro” ( equivale a unha volta do circuito).
Os cartos recaudados ingresarémolos na conta de Save the children. Despois faremos un acto de entrega de diplomas de participación onde constarán os cartos recaudados.
Obxectivos:
- Despertar o espíritu crítico e solidario do noso alumnado.
- Concienciarse de que sempre podemos facer algo por mellorar as cousas e que o noso esforzo por facelo é importante e paga a pena.
- Axudar aos nenos/as máis desfavorecidos e facer que se respecten os seus dereitos.
DIA DA PAZ
Os alumnos/as de 1º ciclo de Primaria len para os máis pequenos no Kamishibai ( pequeño teatro xaponés) o conto: “ O gato sol”, conto popular procedente do sur de Asia.
Queremos incidir nas palabras do sabio ao xoven Thuc:
-“Ti mesmo decatácheste de que todas as cousas, ata as máis pequenas, son importantes e necesarias.
Non hai nada neste mundo máis forte que nada, nin ninguén máis importante que ninguén”
miércoles, diciembre 21, 2011
FESTA DE NADAL
Recibimos a visita do Apalpador.
Participantes: alumnos/as e mestras coa colaboración das nais que prepararon tortas de aniversario e convenceron ao Apalpador para visitármonos.
Participantes: alumnos/as e mestras coa colaboración das nais que prepararon tortas de aniversario e convenceron ao Apalpador para visitármonos.
Organiza: Biblioteca e ENL.
Obxectivos: - Recuperar a figura deste personaxe que estaba practicamente esquecido e que ten un tronco común con outras tradicións do norte de España
( o tió en Cataluña....) e ben seguro a mesma orixe.
- Aprender a valorar e desfruta-la súa cultura.
Durante o mes de Decembro, a Biblioteca achégalles a figura do Apalpador (personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos/as . Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas)
lunes, diciembre 19, 2011
martes, noviembre 29, 2011
jueves, noviembre 17, 2011
"Three Little Pigs"
Asistimos no Pazo de Cultura a unha representación en inglés do conto dos tres porquiños, conto popular de orixe inglés. Grupo Recursos.
Obxectivos:
- Comprender a intencionalidade comunicativa doutras nenas e doutros nenos, asi como das persoas adultas, adoptando unha actitude positiva cara ás linguas.
- Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades contextualizadas e mostrar interese e gozo ao participar nestes intercambios comunicativos.
- Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes,comunicándose creativamente a través das diferentes manifestacións e adquirindo sensibilidade estética.
Competencias:
Comunicación lingüística.
Cultural e artística.
jueves, noviembre 10, 2011
FESTA DO OUTONO
Celebramos na escola a Festa do outono na que unificamos Samain e Magosto ao tempo que lles falamos como en outras culturas como as de fala inglesa tamén celebran algo moi parecido e moi coñecido para eles: Halloween, de maneira que establezan paralelismos entre culturas.
Merendamos queixo con marmelo que fixemos na escola coa froita da nosa árbore. Castañas asadas...e facendo unha excepción chuches que a bruxa que este día habita a Biblioteca lles ofrece aos que queren facer trato.
Obxectivos: Coñece-las festas populares de Galicia.
Aprender a valorar e desfruta-la súa cultura.
Interesarse polo que acontece en outras culturas.
Convivencia e colaboración da Comunidade educativa nunha xornada festiva na escola.
Grazas a todos/as ( familias, veciños....) pola vosa participación e colaboración.
jueves, octubre 27, 2011
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Anxo conta contos cheos de amor e compromiso coa natureza e a paz. Contos solidarios que nos ensinan que todos e todas podemos facer algo por un futuro mellor, que nos enchen de esperanza e enerxía.
Anxo conta contos que son alimento da imaxinación, historias de árbores atrapadoras de contos solidarios.
Nós, agasallamos a “Carballo con botas”con landras do noso carballo que él plantará co seu tirabeloteiro plantabosques, nos bosques que hai nada arderon terriblemente.
sábado, octubre 22, 2011
FAISE CAMIÑO. O MORRAZO
Data: Sábado 22 de Outubro de 2011 Participantes: Comunidade Educativa do colexio: familias, alumnos/as, mestres/as.
Actividade: Xornada de convivencia da comunidade educativa visitando a zona do Morrazo.
Programa do Concello de Pontevedra . Visita guiada por “Ventos estudos ambientais ”
Colabora AMPA do colexio e ENL do colexio, programa;”Xuntos”
Obxectivos:
Proporcionar á comunidade educativa a oportunidade dunha xornada de convivencia na que nos coñezamos mellor.
Roteiro pola Senda Costeira de Cangas.
Actividade: Xornada de convivencia da comunidade educativa visitando a zona do Morrazo.
Programa do Concello de Pontevedra . Visita guiada por “Ventos estudos ambientais ”
Colabora AMPA do colexio e ENL do colexio, programa;”Xuntos”
Obxectivos:
Proporcionar á comunidade educativa a oportunidade dunha xornada de convivencia na que nos coñezamos mellor.
- Compartir unha xornada de lecer na que combinamos exercicio co coñecemento e desfrute do noso patrimonio natural e cultural en visita preparada por expertos nestes tema.
- Gozar realizando actividades de grupo en contacto coa natureza. Valorar a súa importancia para a saúde e o benestar, apreciar o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura e conservación, a realización de actividades ao aire libre e o contacto con elementos da natureza.
PROGRAMA
Visita ao Museo Massó (Bueu). Roteiro a pé por Cabo Udra. Inclúe visita á Aula de naturaza de Cabo Udra.
Comida e descanso.
viernes, octubre 14, 2011
CONCERTO DIDÁCTICO
A Banda de Barro fixo un concerto didáctico para inaugura-lo curso escolar.
Foron presentando os instrumentos que iban tocar cada peza e a que familia de instrumentos pertencen.
Ao final, permitiron ao alumnado tocar os instrumentos.
Foron presentando os instrumentos que iban tocar cada peza e a que familia de instrumentos pertencen.
Ao final, permitiron ao alumnado tocar os instrumentos.
Participantes: Asistiron a este concerto todo o alumnado do colexio e tamén alguns familiares.
Organiza: Banda de Música de Barro
Obxectivos:
- Proporcionarlles a oportunidade de aistir á audición de obras musicais tocadas en directo, neste caso foi música de debuxos animados.
- Coñecer os instrumentos e a que familia pertencen.
- Probar a toca-los instrumentos.
- Potenciar o seu gusto pola musica.
Competencia cultural e artística.
jueves, octubre 13, 2011
PRIMEIRA SAÍDA
Este sistema de acompañamento afondará as actitudes de diálogo, respecto, axuda, comprensión, afecto...que percibimos que o feito de facer actividades conxuntas desenvolve.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








