sábado, junio 10, 2006

EXCURSIÓN DA ANPA Á CORUÑA







O sábado 10 de Xuño, ás 9:30, saímos rumbo a Coruña. Visitamos O Domus e a Casa dos Peixes.Pasámolo fenomenal, todo moi ben organizado saiu según o previsto.Incluso o tempo non se portou mal de todo...

jueves, junio 08, 2006

INTERCAMBIO CEI CAMPELO




Gracias á colaboración dun grupo de nais e pais,foi posible que esta convivencia resultara un éxito.

Grandes e pequenos fixeron o camiño enteiro sen problemas.


INTERCAMBIO E.E.I. VERDUCIDO – C.E.I.CAMPELO –CAIXANOVA
DATA: XOVES 8 DE XUÑO
PROGRAMA :
_ Os nosos invitados, chegan ás 10.
Emprendemos o camiño cara ao encoro. Deberán levar unha gorra e unha botelliña de auga ou cantimplora.
- Xogos.
_Ás 13:00 horas estaremos nas mesas para xantar.:
Empanada de bonito e bocadillos de xamón asado.De postre Iogur de chocolate.
_Ás 3 da tarde ven o autobús a recoller aos nosos invitados e nós tamén marchamos para casa. Recollédelos no encoro.
Para poder levar adiante esta programación contamos coa imprescindible colaboración dun grupo de nais e pais que nos axudarán a poñerlle a comida o día do intercambio. .


Con este intercambio pretendemos:

-Facilita-la relación e a convivencia das comunidades escolares de distintos contornos, rural de interior e mariñeiro.

O martes 13 iremos nós a pasar o día con eles á praia de Lourido.

martes, junio 06, 2006

O ESPANTALLO




Precisamos un espantallo para protexer o millo dos paxaros. Os nenos/as de primaria coa axuda dos seus amigos de Froebel adicaronse a facer un bo espantallo. O ano pasado a avoa de esteban Villanueva aprendeunos a facelo.

SEMENTAMO-LO MILLO



Como tódolos anos por esta época, sementamo-lo millo e as cabazas na nosa pequena horta. Gracias a colaboración dos nosos veciños coma sempre: Pepe, Jose e Patricia limparon e labraron pese as dificultades , Celia puxo o abono na finca. Este ano esperamos a semantar o día que nos visitaron os compañeiros de Froebel. Os pequenos de infantil adicaronse a semantar axudados polos seus compañeiros maiores. Marcos estaba moi contento porqu él quería sementar o millo e na súa casa lle dixeran que os nenos non podían. Menos mal que na escola si o poido facer. Anabel xa tiña experiencia pois fora axudar a súa nai e contounos que había que poñer poucos grans de millo, unha cabaza e despois tapar...

jueves, junio 01, 2006

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Durante o mes de Xuño, nos recreos, veñen os pequenos/as que van entrar na escola no mes de Setembro de maneira que teñan un primeiro contacto placentero coa escola,mestras e compañeiros/as. O martes 6 de Xuño van ao colexio de Lérez, os nenos/as que pasan a 3º. Esta experiencia vailles permitir ter idea de como e o colexio onde van ir para o vindeiro curso e estar máis tranquilos durante o verán de cara a este cambio. Posted by Picasa

martes, mayo 30, 2006

VISITA Á BIBLIOTECA DE XEVE



O 30 de Mio á tarde fomos visitar á Biblioteca de Xeve. Era para ir a andar pero a calor fixonos cambiar de idea e fomos en coches coas nais. En Outubro se é posible, farémolo andando.

sábado, mayo 27, 2006

EXPOSICIÓN: VERDUCIDO E O CAMPO ( PRODUCTOS E FERRAMENTAS







Preparamos en colaboración alumnos, mestres e familias unha magnifica e completa exposición para que os nenos/as do colexio Froebel se fixeran unha idea dos productos que se colleitan en Verducido e as ferramentas que se utilizan. Pese a ser unha época de moito traballo no campo, a resposta das familias foi estupenda. A final da maña, veu unha nai a guiarnos pola exposición explicando o uso das diferentes ferramentas e os productos que ali estaban expostos.
Coidamos que os nosos alumnos/as aprenderon moito sobre o seu contorno ao prepara á explicación para os seus compañeiros grandes que viñan da vila.

miércoles, mayo 24, 2006

INTERCAMBIO COLEXIO FROEBEL

Os nenos e nenas non deixan de preguntar cantos días faltan para que cheguen a Verducido os seus amigos de Froebel. E se non contamos hoxe, cantos son? Queren ensinarlles as suas clases, o patio, e a exposición que están preparando coas ferramentas que traen da casa e que van a explicarlles aos seus amigos como se ata nas viñas, seus pais, mentres eles xogan, dixeron os pequenos...Están entusiasmados.

INTERCAMBIO FROEBEL A VERDUCIDO
Os nenos/as de primaria investigaron a través de internet e preguntando nas súas casas para poder explicarlles aos seus compañeiros de Froebel o que coñecían da súa propia parroquia.
Iste foi o resultado da súa investigación.

QUÉ É VERDUCIDO?
Actualmente Verducido é unha parroquia das 15 que ten o concello de Pontevedra. Antigamente, ata o primeiro tercio do século XX, fora concello xunto coas parroquias de San Andrés e Santa María de Xeve, onde estaba a Casa Consistorial, na actualidade convertida en biblioteca.
As parroquias máis próximas son Cerponzóns, Xeve, Lérez, Bora y Mourente. No 2004 tiña 1.032 habitantes. É un valle que destaca pola súa beleza na paisaxe.
LUGARES DE VERDUCIDO
Verducido divídese en varios lugares en vez de rúas como en Pontevedra. Estes lugares son: Verducido Covadáspera, Abelleira, Bordel, Gabián, O Outeiriño, Rosende e Vilariño.
LUGARES DE INTERESE
Os principais lugares de interese son, ademáis do colexo, o Outeiro do Castro, o Centro Social, o Encoro do Pontillón, a Igrexa e o Campo de fútbol.
Dende o colexo pode divisarse o Outeiro do Castro ou Monte do Castro de uns 300 m. de altura. Nel atópase restos dun castelo, hoxe convertido en palleira e a posibilidade de restos de castros que eran construccións de pedra redondeadas para defenderse de ataques.
Próximo ao Monte está o encoro do Pontillón, que é o que surte de auga a Pontevedra capital. E cobixo de importantes aves migratorias e na actualidade nel realízanse entrenamentos e regatas de piragüismo. Se está a converter nunha das principais pistas de piragüismo nacionais.
No Centro Social reúnense os/as veciños/as para realizar diferentes actividades culturais e cursiños.
A igrexa é un edificio do século XVII de cruz latina. Ademáis de lugar de culto relixioso é lugar dinamizador de actividades culturais e festividades como por exemplo a escinificación polo nadal dun belén vivente.
FESTIVIDADES
As principais festividades da parroquia son San Martiño en novembro, San Blas en febreiro, o Santísimo en xullo.


INTERCAMBIO E.E.I. VERDUCIDO – C.E.I.P. FROEBEL

O Venres 26 de Maio, veñen de Pontevedra a encontrarse con nós os nosos amigos/as do colexio Froebel.( 23 nenas/os de 6º de Primaria).
O autobús de Pontevedra, chegará ao colexio de Verducido sobre ás 10 da maña.
Visita a exposición que lles teñen preparada na escola : " O campo en Verducido: productos e ferramentas "
Os pequenos lles van facer unha visita comentada das árbores e plantas que hai no patio do colexio. Xogo de identificación.
Sementamos millo.Facemos un espantallo.
Paseo ata a eirexa de Verducido. No percorrido proporase unha búsqueda ( plantas de patacas, millo, viña...) que en colaboración maiores e pequenos deberán atopar.
Comeremos no colexio.
O autobús recolle aos nosos amigos ás 15:30.


Obxectivos deste intercambio:
-Relacionarnos,colaborar e convivir con nenos/nenas maiores.
Mostrar o noso contorno a outros nenos/as.
Aprender a distinguir a flora do noso contorno, e mostrarlla aos outros.
Educación vial na aldea: Atención,non hai arcén.Hai que andar pola esquerda da estrada,en ringleira.
-Valoración e respecto do seu contorno, e patrimonio natural e cultural.

sábado, mayo 06, 2006

FAISE CAMIÑO. CARBOEIRO




Saída ao Mosteiro de Carboeiro e Fervenza do Toxa.
PROGRAMA
Saída: sábado 6 de maio, ás 10:00 diante da carnicería.
Parada en Cuntis (visita ao castro de Castro Landín).
Parada en Silleda (café, baño, ...) Merenda para os nenos/as nunha mochila pequena .
Chegada ao Mosteiro de Carboeiro. Comezo do roteiro.
Parada para comer na área recreativa da Carixa (o bus levaranos as mochilas ata alí; aínda así, recoméndase preparar cousas sinxelas e sen unha excesiva menaxe). Preto desta área hai un bar (aproveitamento para urinarios en condicións, café e demáis).
Continuación do roteiro ata a Fervenza do Toxa e o mirador sobre ela.
Regreso a Pontevedra (chegada estimada ás 20:30 horas).

jueves, abril 27, 2006

IMOS AO ALBERGUE DE TUI














PROXECTO: DURMIMOS FORA DA CASA NO ALBERGUE DE TUI

Obxectivos:
Coñece-la realidade do Camiño e o seu contorno, seus valores e sensibilidades.
Proporcionar aos nenos/as a experiencia da convivencia cos seus compañeiros/as e mestres/as durante un día enteiro, durmindo fora da súa casa.
Fomenta-la súa autonomía.

PROGRAMA DA SAÍDA:
XOVES 27 DE ABRIL

Saímos as 4 .
Ás 5:30 chegada ao albergue de Tui, onde imos deixar as cousas e merendamos.
Despois visitaremos o centro histórico de Tui e o paseo pola beira do río Miño onde poderan xogar a pracer.
Ás 8, chegamos de volta ao albergue onde teran unha sesión de contacontos a cargo de Fiona
a viaxeira, " Contos para durmir ben".
Ás 9, cea. Encargarémo-la cea a unha empresa de comida italiana para cear no albergue.
Cepillámo-los dentes, lavámonos, facemos pis e á cama.

VENRES 28 DE ABRIL

Ás 9 levantámonos.
Ás 9:30, almorzamos no albergue
Ás 10:00, recóllenos o autobús e levanos a Portugal: Vilanova da Cerveira.
Visitaremos a vila e o Aquamuseu.
Ás 13:30 collemos o autobús para regresar a casa. Chegaremos sobre ás 15h.

miércoles, abril 26, 2006

EXPOSICIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS




Visitamos a exposión sobre o Parque Natural das Illas Atlánticas onde puideron aprender máis sobre os animais que alí viven e a importancia de conservar e coidar ben destes espacios naturais, non tirar lixo cando os visitamos, non berrar nos paseos e procurar ir polos sendeiros habilitados pois doutro xeito estamos destruindo fauna e flora. Pa poderen os nenos e nenas aprender eso mellor contaronlles a historia da gaivota Antón.

BIBLIOTECA


Durante o mes de Maio, teremos expostos na biblioteca do colexio, os libros feitos polos nenos/as nos últimos anos . Na Semana das Letras Galegas presentaremos o libro dos alumnos/as de primaria " Vida dun lapis".

lunes, marzo 27, 2006

XUNTOS APRENDEMOS TODOS


FAISE CAMIÑO AO ANDAR. 9 DE MARZO. ROTEIRO POR CAMBADOS.

OBXECTIVOS:

Ø Facer da escola o lugar onde aprender xuntos: Nenos/as, Pais e Nais e Mestres/as.

Lembremos que como dicía Heidegger “ SO PODE ENSINAR QUEN ESTÁ DISPOSTO A APRENDER”


Ø Brindar á Comunidade Educativa, oportunidades de experiencias, de encontro e diálogo.facer da escola un punto de encontro donde os pais e nais que asi o desexen poidan ampliar e reestablecer as súas redes sociais, entrar en contacto con outras persoas que teñen rapaces o seu cargo e que teñen situacións e retos moi parecidos.


Ø Aumentar o tempo e calidade de convivencia e relación entre nais/pais e fillos/as, así como de estes cos mestes/as.


Ø Vivenciar espacios de encontro interxeneracional e interinstitucional a través de e dinámicas lúdicas e cooperativas.


Ø Disfrutar de alternativas de ocupación do tempo libre máis saudabeis para os rapaces e adultos participantes.


Ø Fomenta-la colaboración e implicación posterior dos familiares co colexio e viceversa.

Ø Intentar propoñer actividades para conquerir os obxectivos xerais propostos no P.E.C. tanto para os nenos/as como para as familias dentro do programa “Xuntos, aprendemos todos”de maneira que se reforze o traballado cos rapaces na casa e na escola.

Ø Toda a Comunidade Educativa APRENDE e mesmo tempo ENSINA.





ACTIVIDADES:

Ø ESCOLA DE FAMILIA. 17, 24, 31 DE XANEIRO E 7 DE FEBREIRO DE 2006.


Ø CELEBRACIÓN DE FESTAS E TRADICIÓNS: MAGOSTO, MAIOS...
Ø INTERCAMBIOS CON OUTROS CENTROS.
Ø TALLER DE CONSTRUCCIÓN E REPARACIÓN DE XOGUETES.
Ø VISITA AO SALÓN DO LIBRO.
Ø VISITA Á BIBLIOTECA DE XEVE.
Ø FAISE CAMIÑO AO ANDAR: CAMBADOS E ZONA DE SILLEDA..

jueves, marzo 09, 2006

VIAXANDO NO TREN DA LINGUA




O XOVES 9 DE MARZO, os alumnos/as de E.I. de 4-5 anos e os de 1º e 2º de Primaria,
coas súas mestras, viaxan no tren da lingua de Caixanova.
A escritora Fina Casalderrey comparte con eles as súas lembranzas da súa primeira viaxe en tren.
Os nenos/as gozan da viaxe e o máis celebrado e sen dúbida o paso polos túneles. Ademais para darlles máis emoción, o maquinista apaga as luces o pasar por eles.
Na estación de Vigo, merendamos zume e galletas. A continuación asisten a unha sesión animada con títeres, explicandolles os diferentes tipos de tren que existen.O remata-la sesión e antes de colle-lo tren de volta, dannos un tempo libre na estación de Vigo que nos aproveitamos para percorrer as instalación e facer unha foto de recordo xunto a escultura do artista cambadés Francisco Leiro.
Regresaron á escola cun recordo da viaxe, un estoxo con ceras e acuarelas e un folleto dos diferentes tipos de trens.


martes, marzo 07, 2006

Visitamos ó Salón do Libro



O lobo ORBIL para disfrute dos máis e para susto de David e Lucas acompañounos no percorrido polo Salón.
Rato de Biblioteca, foi o que nos contou contos de Ratiños e os nenos/as recompensaronno ensinandolle o conto da nosa escola: " Lúa e o bosque"