O día universal dos dereitos do neno, que celébrase tódolos anos o 20 de novembro, é un día dedicado a tódolos nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para chamala a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concenciar as persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
Por todo isto, fixen un rap dos dereitos dos nenos para que cantedes na casa, ademáis compre recordar que a vosa querida escola de Verducido é centro embaixador na defensa e promoción dos dereitos do neno.
Bo día Verducido, hoxe toca explicar a intelixencia que trata da capacidade de percibir e reproducir o movemento. Esta intelixencia identifícase nos nenos que empregan o seu corpo para expresar emocións, coma o baile e a expresión corporal. Ademáis, destacan sobre todo na parte de dramatización, en actividades deportivas, en traballos manuales para a construcción de algo, ou na axilidade ao tocar un instrumento. Pero isto non quere dicir que destaquen en tódalas actividades sinaladas.
Polo tanto, dende os centros educativos coma dende o fogar, temos a posibilidade de fomentar o desenvolvemento dos distintos tipos de intelixencias definidos polo doutor Howard Gardner, e animar o alumnado a realizar determinadas actividades.
Actividades para traballar e favorecer o desenvolvemento da intelixencia corporal e cinestésica:
-Debuxar libremente, copiar ou calcar. (e non olvidedes poñelo nome o rematar)
-Xogar coa canción do click. Pinchade no vídeo, en canto soe a música, hai que moverse ao ritmo da canción polo espacio escollido da vosa casa, canto máis amplo e libre de obstáculos mellor. Sempre ca letra da canción di "con solo hacer click" hai que posar para a foto, cantas máis formas de posar poñades mellor. Tamén podedes facer a variante fotógraf@ - model@, e dicir, cando a letra di "con solo hacer click" un posa e o outro fai que saca a foto e na seguinte rotades os roles.
-Cos ollos pechados, meter as mans nunha bolsa e adivinar que hai nela. Canta máis variedade mellor.
-Facer papiroflexia, seguro que sodes auténtic@s artistas, pero non está de máis deixar un sinxelo tutorial para facer o típico avión de papel. (Enlace do tutorial para facer avións de papel)
-Escoitar e expresarse libremente con distintos estílos de música. Tendes os temazos do xabarín club, a banda dos cueiros, Paco Nogueiras, os cantaxogos, as bandas sonoras das pelis de animación que lles gustan @s vos@s fill@s, incluso listas de reproducción de música clásica para nenos...etc
-E para concluir, facer exercicios de relaxación; respiración e estiramentos.
Espero e desexo que pasedes moi boa fin de semana. :)
Moi bos días, estou seguro que as nenas e nenos de Verducido encántalles cantar e bailar, e ademáis botan de menos a súa escola, polo que aquí déixovos este vídeoclip.
Gracias a Chus pola súa participación e os veciños da escola por permitirme grabar o galo. :)
Actividades que se poden traballar ca música:
-Expresar sentimentos e emocións tras escoitar a canción dos bos días.
-Escoitar con atención diferentes sons do entorno e imitalos.
- Cantar e bailar a canción do videoclip.
-Inventar unha canción aproveitando a melodía da canción dos bos días. (aínda que sexa unha frase)
-Utilizar ritmos, seguir o ritmo da canción con obxectos sonoros que teñades por casa. (cacerola, sofá, mesa...etc)
-Facer instrumentos con materiais reciclables. (facer un tambor co bote do colacao e adornalo, por exemplo...)
-Coñecer os instrumentos da canción, estos son: Ukelele, bongós e ovo.
Bo día a todas e todos, hoxe déixovos esta adaptación do conto "Por catro esquiniñas de nada", do autor Jérôme Ruiller, feita por nenas e nenos de educación infantil.
Por catro esquiniñas é unha historia que fala de aceptación, de superación e de autoestima. Espero que vos guste. :)
As emocións forman parte da nosa vida, as persoas somos razón e emoción; polo tanto, sentir e expresar sentimentos é algo natural coma seres humanos que somos.
O primeiro achegamento do neno as emocións ten que ver co mundo do gusto e do disgusto. Nas primeiras etapas, a expresión da emoción é brusca, limpia e tosca, en forma de llanto ou outras manifestacións pouco perfeccionadas. As figuras parentales son o espello de proxección de ditas emocións, e son, ademáis, a fonte da satisfacción (ou non) das necesidades do neno. Esto nos indica que tanto os pais coma os educadores debemos comprender as súas emocións e debemos axudalos a expresalas correctamente.
Afrontar esta labor de manera concreta parece difícil, pois cada neno e cada momento son distintos. No obstante, a través de contos como este, podemos recrear situacións que axuden os nenos a comprender emocións e sentimentos propios e alleos. e aprender así, a vivilos e expresalos con naturalidade.
¿Qué emocións recoñecedes neste conto?
¿Qué figuras xeométricas aparecen no conto?
¿Coñeces algunha máis?
Fai un debuxo que represente algunha escea do conto.
A continuación tendes unhas imaxes relacionadas con determinadas emocións. Observa coidadosamente cada imaxe para recoñecela emoción que reflexa as expresións faciais e corporais das persoas presentes.
¿Qué expresa a cara?
¿Cómo ves o corpo?
¿Por qué estará sentindo o que sinte? (describe a situación, inventa o que crees que lle sucedeu)
¿Qué estará pensando? (imaxina e inventa o que esa persoa estará pensando nese intre)
Aproveitando que estamos traballando as grafías dos nomes... ¿recoñeces algún nome dos créditos do final do audio conto?
Para finalizar, aproveitando que os protagonistas do conto son figuras xeométricas, plantéxovos facer un debuxo no que se represente o noso entorno con figuras xeométricas, coma o que deixo de exemplo. Por certo, non olvidedes colorear e poñelo nome.
A historia de Pulgarcito pódenos ter chegado a través dos irmáns Grimm ou a través de Perrault, e que saibamos aínda hai máis versións circulando. Independentemente o coñezamos por un autor ou por outro, este conto ensínanos que non se debe xudgar a ninguén pola súa apariencia. Porque, sendo enorme ou sendo moi pequeno, pódese ser moi capaz.
A continuación, déixovos unha serie de actividades para que, unha vez lido (se tendes o conto na casa) ou visto en vídeo (no enlace que deixo abaixo) podades traballar os valores implícitos nel.
Son varios os conceptos que resultan ideais para ser traballados a través da historia de Pulgarcito, máis concretamente o tamaño, a intensidade, a velocidade, o volumen... De esta forma, a proposta consiste en poñer música na casa e variar o volumen da canción seleccionada. Así, primeiramente, pediremos os nenos que cando a música sone alta, camiñen pola casa o máis rápido que poidan (sen chegar a correr); e cando sone baixiña, camiñen o máis lento posible. De igual forma, repetiremos a actividade variando as accións: con música alta estiramos as pernas e os brazos, mentras que con música baixa facémonos pequenos encollendo o máximo o noso corpo.
FACER E DESFACER
Igual que fixo Pulgarcito na historia, gracias os migallas de pan, crearemos na casa, un percorrido no que os nenos podan facer ambas direccións. Pode ser elaborado con cinta adhesiva, que pegaremos no chan, e será máis ou menos complexo en función da idade dos cativos. Así, teremos percorridos nos que haberá que camiñar hacia atrás, dar saltos nalgún tramo concreto, camiñar lateralmente...
CONTAMOS MIGALLAS DE PAN
Se hai un elemento característico na historia de Pulgarcito ese é, sen dúbida, as migallas de pan (versión Grimm). Na imaxe que deixo máis abaixo poderedes atopar unha serie de percorridos que, os nenos terán que completar con migallas de pan, que poden ser trociños de plastilina, de arcilla, ou ser realmente migallas de pan. Así, ademáis de traballar a psicomotricidade fina, poderemos repasar o concepto de número, de cantidade, e sobre todo, ir asimilando o valor numérico.
Bo día nenas e nenos de Verducido, coma sabedes, a escola vai estar pechada uns días, pero esto non significa que vaiamos a deixar de xogar e aprender ¿non si?
Aquí deixo un contador de nomes que é ideal para presentarme.
O meu nome é MANUEL, polo que o "M" irá debaixo do 1, o "A"debaixo do 2...etc ata chegar o "L" debaixo do 6. Polo tanto, o meu nome ten 6 letras e o coloreo de azul.
Agora tócache a ti, escribe o teu nome na plantilla.
¿Cántas letras ten?
¿De que cor coloreaches o teu nome?
¿Poderías escribir algún nome máis como o da túa nai, teu pai, irmáns, avós, amigos da escola...?
¿Cal é o nome que ten máis letras?¿Con qué cor o coloreaches?
¿Cal é o nome que ten menos letras?¿Con qué cor o coloreaches?
Hai moitos anos que participamos na carreira solidaria promovida por Save the Children
É unha magnífica oportunidade de colaborar cos proxectos de Save the Children a prol da infancia en diferentes lugares.
Temos o deber de educar na solidariedade e a empatía aos cativos Este ano corremos polos nenos e nenas do Congo e hoxe recibimos este email que compartimos con vós.
Apreciados
amigos.
El 24-02-2021 hemos recibido un ingreso de vuestro centro.
En nombre de los
niños y niñas de nuestros programas muchas gracias.
Recibiréis
por correo postal un diploma para el centro y un recibí para
compartir con toda la comunidad educativa.
Os nenos e nenas do cole emocionaronse moito cando puxemos o vídeo e pedían que o repetira e o repetira...para ver aos nenos e nenas que axudaran a estar tan felices.
1.-A
ENTRADA E SAÍDA da aula será escalonada, comezando pola mañan ás
8:45 e rematando ás 9:30, a mediodía comezan a saír a partires
das 13:30.
Evitamos
así contacto social nas entradas e saídas
O
Concello instalou un lavamans na entrada da aula e outro no patio.
Antes
de entrar á aula e cando saen lavan as mans.
Lavaremos
as mans con frecuencia o cambiar de espazo ou actividade.
Procuraremos
utilizar o xel hidroalcoholico só cando non sexa posible o lavado
de mans xa que son moi pequenos.
2.-Reunión
con pais e nais a comezos de curso para poder explicar a metodoloxía
que empregamos: constructivismo e respecto aos procesos, para que
eles poidan axudar aos seus fillos/as sen agobiarse e sen agobialos
a eles.
3.-Este
curso, coma sempre, non utilizamos material impreso (fichas) e en
atención as circunstancias non pedimos materiais ás familias, á
escola vailles proporcionar o material que precisen durante o curso.
A
escola farase cargo dos gastos de todas as actividades
complementarias.
A
escola pública ten que garantir a igualdade de oportunidades e o
benestar emocional da Comunidade Educativa.
METODOLOXÍA
NUN ESCENARIO NON PRESENCIAL.
Terase
moi en conta as circunstancias familiares e as dificultades
tecnolóxicas que poidan ter nas casas.
Contos
na casa
Facilitaremos
o acceso a un conto como tarefa semanal globalizada
con actividades e rutinas
explicadas aos pais na reunión. Farémoslles
chegar videos, cancións ou pequenas actividades
a través do blog,
whatsapp...
Inglés
Enviamos
unha tarefa semanal con actividades de introducción e repaso
relacionadas con: rutinas, linguaxe de aula, linguaxe oral por medio
de cancións e rhymes, práctica de vocabulario por medio
de videos, cancións, xogos ou pequenas fichas de traballo,...
O
sistema de comunicación que se establecerá coas familias será o
blog do
colexio onde se subirán as tarefas e permitirase retroalimentación
das actividades propostas (a través de vídeos, fotografías,
debuxos, etc.) Asemade, estarase en contacto coa titora, que é o
eixo principal de comunicación.
AL
Os
nenos que teñen apoio de AL,continuarán
coa axuda e instruccións personalizadas as familias por parte da
mestra.
Acompañamento respectuoso no proceso de desenvolvemento e aprendizaxe entre 3 e 7 anos.
2º ciclo de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria
Piaget intuitivamente establecía esta etapa e agora os avances na neurociencia o abalan.
Ferramentas:
Bo Trato
Escoita
Diálogo
Respecto
Inclusión. Diversidade =Oportunidade
Colaboración , cooperación e traballo conxunto en grupos de todas as idades
Xuntos, toda a Comunidade Educativa en todos os espazos e todos os tempos aprende e ensina.
Profesionalidade
e compromiso cunha escola pública de calidade que traballa por garantir
a igualdade de oportunidades e a educacion en e para a igualdade.
Este sinxelo proxecto é profundamente complexo e transformador.
Por que?
Porque a rapazada aprende o que ve, o que vive. Os adultos somos modelo.
Deste xeito serán asertivos con espiritú crítico, respectuosos, empáticos, dialogantes e sentíranse felices e seguros.
Os nenos e nenas felices e seguros teñen curiosidade e moitas ganas de aprender.
Os mestres e mestras da escola facilitarémoslles oportunidades, experiencias e proxectos.
Cursos
de actualización tecnolóxica para as familias
Inicialos
no manexo de Abalar, webex e traballo na aula virtual así como
outras ferramentas tecnoloxicas que lles poidan dar máis
competencia dixital para facilitarlles a axuda aos seus fillos/as
Detectar
as necesidades e procurar a maneira de facilitarlles o acceso a
equipos e conectividade.
No
centro:
Reunión
con pais e nais para poder explicar a metodoloxía que empregamos:
constructivismo e respecto aos procesos, para que eles poidan axudar
aos seus fillos/as sen agobiarse e sen agobialos a eles.
Proposta
de facer na casa unha caixa para pandemia na que lles imos suxerir
materiais interesantes para ter sempre na casa para poder
traballar/xogar aprendendo
(folios,
ceras, pegamnto, tesoiras...,etc.)
Recomendar
tamén que na casa teñan xogos de mesa para xogar en familia, que
son moi atractivos para eles e moi bos para desenvolver habilidades
e competencias:
oca,
parchis, scrabble,dominó, cartas,moi recomendable ter un xogo de
construcción con pezas sinxelas pero multiusos, contos, música,
puzzles e xogos educativos.
Contamos
con aulas espaciosas, luminosas e ben ventiladas onde podemos
garantir distancia social razonable así como espazos no exterior
para poder continuar utilizando como espazos para a aprendizaxe:
horta, patios, soportais.
O
Consello Escolar solicitou ao Concello lavamans exteriores para
poder lavar as mans antes de entrar nas aulas, tanto á chegada á
escola como cando entramos de traballar fóra da aula ( debido a
curta idade do noso alumnado é moito máis conveniente que a
utilización de hidroxel) O Concello vaino a facer no mes de agosto
así como melloras no patio na liña que seguimos de patio
inclusivo.
Tamén
se vai poñer rego na horta e outros pequenos arranxos solicitados.
Tanto
o material didáctico como o material dos espazos exteriores
utilizado cada día se gardará e desinfectará en caixas de cartón
cada día, non volvendo a utilizar este material ata pasados 4 días
que parece sería o tempo que o virus se podería manter activo.
Todo
esto será plantexado á comunidade educativa nos primeiros días de
setembro, solicitando as súas aportacións e a colaboración que se
puidera precisar pola súa parte.
Neste sitio vaise poder ir seguindo a vida cotiá na escola de Verducido ( a 5 Kms. de Pontevedra) Escola rural para nenos/as de 3 a 7 anos. Gustaríanos poder mostrar toda a riqueza dos procesos nos que na escola estamos diariamente inmersos.A ledicia con que aprendemos xuntos día a día tantas cousas...Queremos que vexades que somos unha comunidade que aprende de todos/as e en todo momento.BENVIDOS Á ESCOLA.
E.E.I. VERDUCIDOO colexio público de Verducido, quere agradecer a colaboración que tanto pais e nais dos alumnos/as como veciños e amigos /as da parroquia prestades para que poidamos levar adiante o noso proxecto educativo.Como dí un acertado proverbio africano, “ para educar un neno precisase dunha tribu enteira”.Podedes ir seguindo o pulso da nosa escola na rede, no noso blog: htt:// escolaverducido.blogspot.com
RECOMENDAMOS
" Bienvenido Juan. Cartas a un niño que va a nacer"María Novo/ Francesco Tonucci. Graó
"Mi niño no me come"Carlos González. Pediatra.Temas de hoy/ Vivir mejor