viernes, junio 21, 2013

FESTA FIN DE CURSO

video
Teatro, cancións, merenda e despedida dos nenos e nenas de 2º de Primaria.
Compartimos unha tarde moi agradable con moitas persoas que se achegaron ao cole á festa de fin de curso que organiza a ANPA do cole. Antigos alumnos/as  e as súas familias, alumnos/as que veñen para o ano ao cole, todos xuntos compartindo momentos moi especiais.





 Gracias un ano máis a todos e todas as persoas que colaborades para que o noso Proxecto Educativo se faga realidade.
BO VERÁN!!!!!!!!

XOGOS NO PATIO

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/XogosNoPatio

Na escola, tódolos tempos e tódolos espazos son educativos....
O patio é un momento e un lugar especial onde se poñen a proba as habilidades sociais, as habilidades motoras, a capacidade de liderar proxectos e levalos adiante...E moi fermoso observar os seus traballos no patio. Con que seriedade e constancia levan adiante os proxectos que se propoñen e como se realcionan para elo cos compañeiros/as.


O último día de clase, chamounos a atención que os alumnos/as de 2º de Primaria que este curso case non xogaran coa area, puxéronse a traballar con gran dedicación e ilusión. Pareceunos unha entrañable despedida.

jueves, junio 20, 2013

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/PeriodoDeAdaptacion

Os nenos e nenas que entran o próximo curso na escola, viñeron dende Xaneiro á Biblioteca os Martes pola tarde. durante o mes de Xuño viñeron ao cole na hora do recreo.
Xa son parte da escola, esperemos que non lles coste moito adaptarse a quedar sen as súas nais/pais a partires de Setembro.

miércoles, junio 19, 2013

TALLER DE COCIÑA .FACENDO GALLETAS

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/CocinandoGalletas03
Preparamos galletas no Taller de cociña con Aurea, a nai de Antón.
Galletas sen graxa, con productos da horta e cun plus o seren feitas polos nenos e nenas.

Obxectivos:
Coñecer á orixe dos alimentos que comemos.
Transformación dos alimentos cando os cociñamos.
Utilizar productos da horta para cociñar.

  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
  • Competencia en aprender a aprender. 

Actividade:
Preparamos galletas con remolacha, cenoura e cabaciña para a festa de fin de curso.



Preparamos galletas sin glutén para Álvaro.



martes, junio 11, 2013

Premio Programa de sensibilización coa discapacidade.

A Asociación Juan XXIII, premiou os debuxos de Cristina e a Fani pola súa creatividade, simpatía e orixinalidade. En conxunto, pillaron ámbalas dúas moi ben a idea.
Tamén destacaron que son todos moi bos artistas!!!!
O premio que lles enviaron está feito na Asociación.Que bonito!!!


lunes, junio 10, 2013

AUGA. REFRÁNS E DITOS

Para o trotacontos deste ano:" Cunha chea de auga...." Os nenos e nenas recolleron entre as súas familias ditos e refráns sobre a auga.
Pintaron con témpera azul e branca o que lles suxerían tantos ditos sobre a auga... 
 
 
 
 

sábado, junio 08, 2013

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN ANTE A DISCAPACIDADE

Ollade este conto: El cazo de Lorenzo

http://www.youtube.com/watch?v=gqYmdmQ5Pmc



La Organización Mundial de la Salud ofrece estas definiciones:

Discapacidad: Es cualquier restricción o impedimento de la capacidad de realizar una actividad en la forma o dentro del margen que se considera normal para el ser humano. La discapacidad se caracteriza por excesos o insuficiencias en el desempeño de una actividad rutinaria normal, los cuales pueden ser temporales o permanentes, reversibles o surgir como consecuencia directa de la deficiencia o como una respuesta del propio individuo, sobre todo la psicológica, a deficiencias físicas, sensoriales o de otro tipo.

viernes, junio 07, 2013

AS RECEITAS DAS FAMILIAS

 
video video
A nai de Juan e María veu á escola a compartir con nós as suas receitas :

Melón con limón:

- Melón cortado en cadradiños con zume de limón.
Ummmm ,que rico!!!!


 Batido de Sandía, amorodo, zume de laranxa e un chisquiño de azucre:
 Gustoulles moito. Seguro que queren repetir na casa.
Os amorodos eran da nosa horta!!!!!


MERENDAR FROITA É UNHA FESTA

Na III Semana da froita merendar é  unha festa.
Merendar froita convertese en algo especial.
A froita é moi rica, é a mellor lambetada.

https://picasaweb.google.com/data/feed/base/user/109349631551482417828/albumid/5886796254785676145?alt=rss&kind=photo&hl=es


Hoxe, coa colaboración de nais e pais que cortaron a froita, fixeron brochetas de melón e sandía.Gracias.
Había unha consiga: - A primeira brocheta, tiña que ter 4 anaquiños de froita e tiña que ter das duas, na proporción que quixeran según as súas preferencias.
         - Había que comer esta brocheta e podían facer máis se querían.
FOI UNHA MERENDA MOI RICA E DIVERTIDA
 
 
 

jueves, junio 06, 2013

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ANTE A DISCAPACIDADE


 
 
06.06.2013 | 07:43
FdV
FdV
La Asociación Juan XXIII impartió una charla formativa entre los alumnos de infantil del EEI de Verducido. Esta actividad forma parte de las distintas acciones que se recogen dentro del programa de sensibilización a la comunidad que la entidad lleva a cabo en centro educativos y que persigue eliminar aquellos obstáculos que todavía hoy impiden la inclusión real y efectiva de las personas con discapacidad intelectual.



martes, junio 04, 2013

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACION ANTE A DISCAPACIDADE


Cando foramos ao teatro ( "Seis barbudos) , coincidimos cun grupo de persoas discapacitadas.
A reacción dos nosos alumnos/as : medo, extrañeza, non saber como comportarse...  fíxonos pensar que algo tiñamos que facer, pero, que e como?
Cando nos chegou a oferta dun programa de sensibilización coa discapacidade da asociación Juan XXIII pareceunos milagroso.

Persoal do Juan XXIII desprazouse ao noso centro para facer unha sesión formativa, de gran interese para mestras  e alumnado.
Reflexionamos sobre que é a discapacidade.
Sobre as nosas propias capacidades e limitacións.
Coa axuda de Elmer, o elefante, pensamos sobre ser diferentes ( que en realidade to@s o somos ) e ao mesmo tempo ser iguais, que tamén.
 Seguiremos traballando o valor da inclusión  para prepararnos para poder realizar actividades de convivencia e cooperación co alumnado do Juan XXIII.
A actitude de querer convivir xa a teñen, agora practicaremos.


lunes, junio 03, 2013

III Semana da froita



 


LUNS: ALBARICOQUE
MARTES: NÉSPERA
MÉRCORES: CEREIXAS
XOVES: PELADILLOS
VENRES: BROCHETAS DE MELÓN E SANDÍA

Merendar froita na escola é unha festa!!!
Algúns nunca probaran algunhas das froitas.
Conseguimos que teñan unha boa actitude para probar froitas novas.